Abrir o menú principal
I (cirílico)
Cyrillic letter I.png
Alfabeto cirílico
А Б В Г Ґ Д Ђ
Ѓ Е Ё Є Ж Ѕ З
И І Ї Й Ј К Л
Љ М Н Њ О П Р
С Т Ћ Ќ У Ў Ф
Х Ц Ч Џ Ш Щ Ъ
Ы Ь Э Ю Я
Letras Arcaicas
Ҁ Ѹ Ѡ Ѿ Ѻ Ѣ ІА
Ѥ Ѧ Ѫ Ѩ Ѭ Ѯ Ѱ
Ѳ Ѵ Ѷ Ӏ      

И, и (cursiva: И, и) nunha letra presente na maioría dos alfabetos cirílicos tanto modernos como arcaicos. Representa tipicamente /i/ (en protoeslavo, eslavo eclesiástico, ruso, búlgaro, serbio, e macedonio), ou /ɪ/ (en ucraíno, así como nalgunhas posicións no moderno eslavo eclesiástico e ruso).

Índice

OrixesEditar

Parece unha versión investida da N maiúscula do alfabeto latino pero foi derivada da letra eta do alfabeto grego (Η, η, pronunciada [ɛː] en grego antigo e [i] en grego moderno).

No primeiro alfabeto cirílico practicamente non había distinción entre as letras И (izhei) e І (i), derivadas das letras gregas η (eta) e ι (iota). Ambas permaneceron no repertorio alfabético xa que representaban números diferentes na numeración cirílica, oito e dez respectivamente, motivo polo cal ás veces se lles chama i octal e i decimal. Hoxe en día coexisten en eslavo eclesiástico (sen diferenza fonética) e en ucraíno (con diferenza fonética). Outras ortografías eslavas eliminaron unha das dúas letras durante as reformas dos séculos XIX e XX: o ruso, o búlgaro, o serbio e o macedonio teñen só a И, mentres que o bielorruso ten só a І.

UsoEditar

É a décima letra do alfabeto ruso e en ruso pronúnciase /i/, como a /i/ de 'piñeiro'. Aínda que cando está soa non vai precedida da semivocal "yod", //j//, como si ocorre con outras vogais "débiles" (е, ё, ю e я), en ruso considéraselle a correspondente débil de ы, que representa //ɨ// (na lingua ucraína e bielorrusa, o son /i/ represéntase coa letra і, e ás veces chámaselle "I ucraína").

A letra и é a undécima letra do alfabeto ucraíno e en ucraíno representa //ɪ//, como na palabra ' inmortal'. A lingua bielorrusa prescindiu por completo da letra и, pero conserva a súa versión curta: a letra й, chamada I kratkoye ('I curta'), que se usa tamén en ruso e na maioría das linguas arriba citadas, aínda que outras como o serbio e o montenegrino substituírona por unha J.

Polo común, é transliterada do ruso, simplemente, como i, ou do ucraíno como e ou i, usando diferentes sistemas de romanización.

As letras и e úsanse na tipografía do falso cirílico, un estilo tipográfico empregado en diversos contextos para recrear unha atmosfera eslava.

Sistema numeral cirílicoEditar

Na antigüidade, no sistema numeral cirílico, esta letra tiña o valor numérico 8.

Táboa de códigosEditar

Codificación de caracteres Tipo Decimal Hexadecimal Octal Binario
Unicode Maiúscula 1048 0418 002030 0000 0100 0001 1000
Minúscula 1080 0438 002070 0000 0100 0011 1000
ISO 8859-5 Maiúscula 184 B8 270 1011 1000
Minúscula 216 D8 330 1101 1000
KOI 8 Maiúscula 233 E9 351 1110 1001
Minúscula 201 C9 311 1100 1001
Windows 1251 Maiúscula 200 C8 310 1100 1000
Minúscula 232 E8 350 1110 1000

Os seus códigos HTML son: И ou И para a minúscula e и ou и para a minúscula.

Véxase taménEditar