Dinastía merínida

Os Merínidas ou benimeríns foron unha dinastía bérber do grupo Zenata que reinou en Magreb tras a caída dos almohades entre os séculos XIII e XV, gobernando nos territorios dos actuais Marrocos e sur de España, ademais da maioría do Magreb. Os benimeríns interviñeron de maneira decisiva na política do reino nazarí de Granada, onde tiñan un exército permanente. Ademais, foron un soporte fundamental da resistencia contra os reinos cristiáns. O reino de Granada foi a última fortaleza marínida na Península Ibérica, que pasa para Castela en 1340, e ademais esta dinastía foi substituída pola dinastía Hafsid en 1465.

Modelo:Xeografía políticaDinastía merínida

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalFez Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
RelixiónSunnismo, Igrexa católica, xudaísmo e Sufismo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
FundadorAbd al-Haqq I Editar o valor en Wikidata
Creación1215 Editar o valor en Wikidata
Disolución1465 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porDinastía watasida Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata
MoedaDinar Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A dinastía tivo as súas orixes nos bérberes Zenatas, aliados tradicionais dos Omíadas de Córdoba. En 1248 o xefe da tribo, Abu Yahya, conquistou a cidade de Fez e nos dez anos que seguiron conquistou todo o Marrocos, con excepción de Marraquech, tomada en 1269 polo seu irmán e sucesor, Abu Yusuf (Abu Iúçufe).

 
A madrasa Bou Inania en Fez foi mandada construír polos Merínidas

Despois de teren derrotado os Almohades, tentaron apoderarse dos dominios que estes posuían no Magreb e na Península Ibérica, mais as súas tentativas fracasaron. Enviaron varios continxentes de tropas para o reino de Granada, tendo desa forma contribuído para a supervivencia dese reino fronte ás agresións cristiás. En 1340 os cristiáns, nun exército conxunto castelán-portugués, derrotan os merínidas na batalla do Salado, nunha batalla decisiva no proceso da Reconquista.

Os Merínidas destacaron como grandes construtores, tendo fundado a nova cidade de Fez, que funcionou como capital da dinastía.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar