Recklinghausen
Recklinghausen é unha cidade da Rexión do Ruhr, en Renania do Norte-Westfalia, na Alemaña. Recklinghusen é a cidade que se atopa máis ao norte da rexión do Ruhr e linda coa zona rural de Münserland. Mentres que a paisaxe ao norte de Recklinghausen se caracteriza por grandes extensións e campos adicados á agricultura, as zonas ao sur da cidade están dominadas pola industria.
Recklinghausen | ||
---|---|---|
Recklinghausen | ||
![]() | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Estado | ![]() | |
Xeografía | ||
Altitude | 85 msnm | |
Superficie | 66,4 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 120,536 (2007) | |
Densidade | 1815 hab./km² | |
Xentilicio | non dispoñíbel | |
Outros datos | ||
Código postal | 45601–45665 | |
Alcalde | Wolfgang Pantförder (CDU) | |
http://www.recklinghausen.de/ |
Cunha poboación de 120.536 habitantes, Recklinghausen ocupa o posto 60 en cidades de Alemaña por poboación e a 22 de Renania do Norte-Westfalia. É a capital do distrito de Recklinghausen.
TransporteEditar
As dúas principais autoestradas que atravesan a zona da cidade son a A2 e a A43. A cidade está ligada ás vías do Rhein-Herne-Kanal. Recklinghausen ten dúas estacións ferroviarias: A Estación Central (Hauptbahnhof Recklinghausen), que está servido por Intercity e servizos de EuroCity, e a Estación Sur (Recklinghausen Südbahnhof).
Cidades irmandadasEditar
- Preston, Reino Unido (dende 1956)
- Douai, Francia (dende 1965)
- Dordrecht, Países Baixos (dende 1974)
- Acre, Israel (dende 1978)
- Schmalkalden, Alemaña (dende 1989)
- El Progreso, Honduras (dende 1998)
- Bytom, Polonia (dende 2000)
Galería de ImaxesEditar
Imaxe de Recklinghausen do século XVII.