Coordenadas: 51°49′N 4°40′L / 51.817, -4.667

Dordrecht (en neerlandés [ˈdɔr.drɛχt] (AFI)Nl-Dordrecht.ogg escoitar) é unha poboación de Holanda Meridional, nos Países Baixos. Ten 118.390 habitantes (segundo informes do 31 de decembro de 2008) e é a terceira cidade máis poboada da provincia despois de Rotterdam, A Haia. Case coa mesma poboación que Zoetermeer.

Dordrecht
Vista aérea
Localización
Dordrecht en Países Baixos
Dordrecht
Dordrecht
PaísPaíses Baixos Países Baixos
Provincia Holanda Meridional
Xeografía
Altitude1 msnm
Superficie99,47 km²
Demografía
Poboación118.782 hab. (2014)
Densidade1.503 hab/km²
XentilicioDordtenaar
Outros datos
Código postal3300–3329
AlcaldeArno Brok (VVD)
Páxina oficial

Foi fundada en 1008 por Dirk III e até 1200 non se lle conferiu o título de cidade, ao converterse en residencia dos Condes de Holanda. Durante a baixa idade media tivo grande importancia comercial, en competencia con Bruxas. Isto debeuse aos beneficios concedidos polos Condes de Holanda, que a fixeron unha importante partícipe no comercio hanseático, de forma que se estabeleceron nela comerciantes ingleses, bálticos e de Aquitania. Foi nesta cidade onde en 1572 proclamar a independencia das Provincias Unidas e onde en 1618 un sínodo reformado estableceu as bases da Igrexa Holandesa de tendencia calvinista, ao que seguiu inmediatamente unha persecución relixiosa contra os protestantes arminianos, que acabou coa execución, encarceramento ou exilio de moitos deles.

Na actualidade é un importante centro industrial diversificado (construción naval, electrónica, produtos alimentarios e abonos, química, maquinaria pesada) e un importante porto fluvial sobre o Merwede.

Estación de Dordrecht

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar