Bregenz
Bregenz é unha cidade austríaca, capital do estado federal de Vorarlberg ó oeste do país. A cidade fai fronteira con Suíza e Alemaña, e está situada á ribeira do lago Constanza.
Está situada a unha altitude de 400 metros, ten unha poboación de 29.806 habitantes (2018) e unha superficie de 29,51 km². É o centro político, turístico, industrial, administrativo e de servizos do estado de Vorarlberg.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |