Selim I

Selim I (Otomán: سليم الأول, Turco:I.Selim), nado o 10 de outubro de 1465 e finado o 22 de setembro de 1520, foi o sultán do Imperio Otomán entre 1512 e 1520.

Selim I
Yavuz Sultan Gazi Selim Han - السلطان الغازي ياووز سليم خان.jpg
Nacemento10 de outubro de 1470
Lugar de nacementoAmasia
Falecemento22 de setembro de 1520
Lugar de falecementoÇorlu
CausaCarbúnculo
SoterradoYavuz Selim Mosque
RelixiónIslam
Ocupaciónpoeta
PaiBayezid II
NaiAyşe Gülbahar Hatun
CónxuxeAyşe Hatun e Hafsa Sultan
FillosSuleiman I, Hatice Sultan, Sah Sultan, Beyhan Sultan, Hafize Sultan, Fatma Sultan e Şehzade Sultan
IrmánsŞehzade Korkut, Şehzade Ahmed e Ayşe Sultan
Na rede
Musicbrainz: 29ae94ad-6f68-4323-b61e-83c103ccd073 Editar o valor em Wikidata
Sultan Selim I Tugra.svg
editar datos en Wikidata ]
Selim I

TraxectoriaEditar

Destronou o seu pai Bayezid II en 1512. Durante os dous anos seguintes dedicouse a eliminar a todos os membros da dinastía real que puidesen ter pretensións ao trono. Unha vez afortalado no interior dirixiu as súas miradas cara á dinastía dos safavís, que establecera en Persia un estado xíi que ameazaba a autoridade do sultán ao estender os predicadores o xiísmo en Anatolia. Selim proclamou a guerra santa, en abril de 1514 á fronte de 100.000 soldados comezou a súa campaña contra Irán, o xa Ismaíl I quen primeiro se retira cara o interior e logo enfróntase na batalla de Chaldiran que deu a vitoria a Selim e continuando o seu avance entrou en Tabriz. En 1516 Selim emprendeu unha nova campaña cara o leste, cruzou o Éufrates e dirixiuse cara ao sur e na batalla de Marj Dabiq venceu aos mamelucos, Siria caeu e en outubro cruzou o Sinaí e en xaneiro venceu de novo aos mamelucos nas batalla de Ridanieh, era a fin do Imperio dos mamelucos e Selim pasou a ser recoñecido como o servidor dos Santos Santuarios Medina a A Meca e protector do islam. Selim estendeu o territorio do imperio dos 2.500.000 km² aos 6.500.000 e o control das cidades santas aseguráballe o predominio no mundo islámico. Á súa volta de Exipto Selim morreu cando preparaba unha nova campaña militar.