Suleiman I

sultán do Imperio Otomán

Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán do Imperio Otomán (1520-1566), coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico. Durante o seu reinado o Imperio Otomán acadou o máximo prestixio e esplendor, adaptou as institucións ás necesidades do seu vasto imperio, reafirmou a súa autoridade militar tanto en Oriente como en Occidente que estendeu o seu dominio dende a fronteira con Austria ao Golfo Pérsico e dende o mar Negro a Marrocos. O reinado de Suleiman tamén destacou pola intensa actividade cultural que se desenvolveu no seu Imperio, unha auténtica idade de ouro.

Suleiman I
Sultán do Imperio Otomán
Período1520
1566
SucesorSelim II
Datos persoais
Nacemento6 de novembro de 1494
 Trebisonda
Falecemento7 de setembro de 1566 e 6 de setembro de 1566
 Szigetvár
PaiSelim I
NaiHafsa Sultan
CónxuxeRoxelana, Mahidevran Gülbahar Hatün, Fülane Hatun e Gülfem Hatun
FillosŞehzade Mustafá, Şehzade Mehmed, Mihrimah Sultan, Selim II, Şehzade Bayezid, Şehzade Murad, Raziye Sultan, Șehzade Cihangir, Şehzade Abdullah, Fatma Nur, Şehzade Mahmud e Prins Ahmed
RelixiónIslam
Na rede
WikiTree: Osmanlı-30 Find a Grave: 4439 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Orixes Editar

Naceu en Trebisonda, na actual Turquía. Trasladouse a Istambul con 7 anos para estudar ciencias, literatura e tácticas militares na escolas do Pazo de Topkapı, a esta época remóntase tamén a súa amizade con Pargalı İbrahim Pasha, que chegaría a seu un dos seus conselleiros de maior confianza.

Aos 17 anos de idade comezou a exercer cargos públicos de importancia, sendo nomeado gobernador de Istambul, máis tarde de Sarukhan (Manisa) e durante un breve período de Edirne (Adrianópolis). Isto serviulle para gañar moita experiencia administrativa e lexislativa.

Aos 26 anos de idade Suleiman herdou o título de Califa trala morte de seu pai, Selim I.

Fronte occidental Editar

Trala morte do seu pai e co título de Califa comezou a gobernar o extenso Imperio Otomán, tendo que enfrontarse e solucionar xa moi cedo a revolta do gobernador de Damasco. Comezou tamén os preparativos para tomar militarmente a cidade de Belgrado e debilitar así as defensas do Reino de Hungría e conquistalo, xa que no momento era o bastión do cristianismo fronte ao islam. Esta empresa xa a tentara levar a cabo o seu bisavó Mehmed II, fracasando no intento.

Ao longo das décadas o reino húngaro fora expandíndose e mantendo ás tropas otomás fóra de Europa baseándose en comandantes coma o conde Xoán Hunyadi, rexente de Hungría entre 1446 e 1452, ou no exército de mercenarios máis grande da súa época creado polo seu fillo, o rei Matías Corvino de Hungría. Porén trala morte do rei Matías en 1490 o reino viuse sumido nunha forte crise cunha sucesión de reinados inestabeis. Este momento foi o aprobeitado polo Califa Suleiman. No ano 1521 avanzou sobre Belgrado asediandoa, finalmente a cidade caeu en agosto dese mesmo ano.

O embaixador do Sacro Imperio Romano discribiría a caída de Belgrado coma A captura de Belgrado foi a orixe dos dramáticos acontecementos que asolaron Hungría. Levou á morte do rei Luís II de Hungría, á captura da cidade de Buda, á ocupación da rexión de Transilvania, á ruína dun reino florecente e ao terror das nacións veciñas que poderían sufrir o mesmo detino...

A pesar de que con esta conquista tanto o reino de Hungría coma Europa central estaba ao seu alcance decidiu centrar o seu poder na conquista da illa de Rodas, no Mediterráneo, baixo o control dos Cabaleiros da Orde de San Xoán, e que dificultaba enormemente as comunicacións otomás no Mediterráneo oriental. No verán de 1522 o Califa liderou persoalmente ao 400 barcos e 100.000 soldados contra a illa, tras un sitio de seis meses Rodas capitulou e os cabaleiros marcharon cara Malta.

Tras esta conquista volveu a súa atención cara a Europa continental, seguindo coa campaña de ocupación do Reino de Hungría. Así o 29 de agosto de 1526 derrotou ao rei Luís II de Hungría na Batalla de Mohács, desplomándose a resistencia húngara e convertendose o Imperio Otomán na maior potencia da Europa oriental.

Coa morte do rei Luís II na Batalla de Mohács comeza unha loita polo poder nos restos do reino de Hungría, así parte da nobreza apoia que Fernando I de Habsburgo, Arquiduque de Austria e unido á familia de Luís II por lazos de sangue, asumira o trono. Porén outra facción, apoiada por Suleimán I, defende que sexa coroado o conde Xoán Szapolyai, que ascendería ao trono como Xoán I de Hungría pero que non era recoñecido polas potencias europeas.

O resultado sería a división do reino, quedando para a casa dos Habsburgo a actual Eslovaquia, parte occidental de Croacia e territorios adxacentes. Entanto o que se correspondería coa actual Hungría ficaría ocupada polo Imperio Otomán, este instalaría á familia Szapolyai no goberno de Transilvania como estado vasalo do Imperio.

Os Habsburgo Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico e Fernando I ocuparon Buda e tomaron o resto de Hungría. Porén en 1529 Suleimán marchou outra vez sobre o val do Danubio, reconquistando Buda e sitiando Viena. Esta expedición foi o apoxeo do poder militar do Imperio Otomán, porén sería a primeira derrota, xa que unha gornición dos Habsburgo reforzada con 20.000 soldados impedirón a conquista de Viena, e marcaron o final da expansión europea de Suleiman I.

De tódalas maneiras realizaría outra expedición co mesmo fin en 1532, con outro novo fracaso antes de alcanzar Viena.

Fronte oriental Editar

En Asia o gobernador de Bitlis sublevárase poñéndose baixo a protección do Sha Tahmasp I, Suleiman iniciou unha nova campaña, desta vez contra o Sha en 1533, ocupou Tabriz e Bagdad, o que supuña o control sobre boa parte da ruta da seda e da rota comercial á India.

En 1540 morre o rei vasalo de Hungría, Xoán Zápolya e inmediatamente Fernando ataca Buda, Suleiman rexeitou o ataque e volveu conquistar a cidade e o centro de Hungría. Suleiman consolida as súas conquistas asinando unha serie de tratados de paz cos seus veciños, en 1540 con Venecia, en 1547 con Carlos I de España, mantendo boas relacións con Francia e en 1559 asina un tratado de paz co sha de Irán. Morreu en 1566 nunha campaña contra o emperador Maximiliano II.

Legado Editar

As conquistas levadas a cabo por Suleiman I tiveron grande importancia estratéxica, pois controlaba as principais cidades musulmás (A Meca, Medina, Xerusalén, Damasco, Bagdad...) e os Balcáns, chegando ata o corazón de Europa. Estas conquistas tamén lle deron o control das principais rutas comerciais, como o da Ruta da seda e Ruta á India.

Esta boa situación xeopolítica trasmitiuse nunha grande época de avances técnicos e administrativos, que se traduciron nunha gran base agrícola, benestar para os campesiños, abundancia dos produtos de consumo básico e o bo aproveitamento dos recursos. As reformas administrativas e legais déronlle a Suleiman o sobrenome de Dador de leis ou Lexislador.

Tamén foi boa época para a literatura, arquitectura, arte, teoloxía e filosofía, atopando un grande apoio no mezenado persoal do Sultán e el mesmo foi un recoñecido poeta en turco e persa utilizando o pseudónimo literario "Muhibbi" [1].

Galería de imaxes Editar

Notas Editar

  1. Talat S. Halman (1987) Suleyman the Magnificent, poet. Estambul:Dost

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar