Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Maximiliano II de Habsburgo, tamén chamado Maximiliano II do Sacro Imperio Romano-Xermánico, nado en Viena o 31 de xullo de 1527 e finado en Ratisbona o 12 de outubro de 1576, foi coroado rei de Boémia en 1562, de Hungría e de Croacia en 1563 e Emperador do Sacro Imperio en 1564, e permaneceu nos cargos até súa morte.
Traxectoria
editarFillo de Ana de Bohemia e Fernando I de Habsburgo, que o precedeu como emperador do Sacro Imperio. Seu curmán, Filipe II, como fillo de Carlos V, tería normalmente accedido ao trono imperial, mais Maximiliano foi elixido en virtude dun acordo celebrado en 1553.
Maximiliano era considerado intelixente, tolerante e culto. Era padrón de artes e ciencias e decidiu transformar Viena nun gran centro intelectual.
Política relixiosa
editarMaximiliano, que se denominaba "nin católico, nin protestante, só cristián", tiña amplos coñecementos sobre a relixión dos protestantes. Como emperador, asegurou liberdade aos luteranos e deploraba a intolerancia relixiosa francesa e hispánica.
Considerado por algúns como católico, e por outros como protestante. A súa declarada simpatía polos Luteranos e polos protestantes en xeral, fixo que, en 1562, se vira obrigado a xurar vivir e morrer na fe católica.
As políticas de Maximiliano sobre a neutralidade relixiosa e a paz no Imperio daba aos católicos e protestantes un espazo común de liberdade de culto tras as primeiras loitas da Reforma.
A pesar de decepcionar os príncipes protestantes alemáns pola súa negativa en investir nos bispados administrados por protestante con seus feudos imperiais, Maximiliano concedeu liberdade de culto á nobreza protestante, mentres traballaba para a reforma na Igrexa Católica. Entre as súas propostas de reforma, estaba unha que daba o dereito aos padres para se casaren, proposta que foi rexeitada por causa da oposición hispánica.
Títulos
editarArquiduque da Austria, duque de Carniola, duque da Carintia, duque de Landgrave da Alta Alsacia, duque da Baixa Alsacia, rei de Boemia, rei de Hungría e de Croacia e Emperador do Sacro Imperio.
Maximiliano II tamén era membro da Orde do Vélaro de Ouro e da Orde da Xarreteira.