Carlos II de Estiria

aristócrata austríaco

Carlos II de Estiria ou de Austria-Estiria, nado o 3 de xuño de 1540 en Viena e finado o 10 de xullo de 1590 en Graz, arquiduque de Austria, duque de Estiria, Carintia e Carniola e conde de Goritz.

Carlos II de Estiria
Nacemento3 de xuño de 1540
Lugar de nacementoViena
Falecemento10 de xullo de 1590
Lugar de falecementoGraz
SoterradoSeckau
NacionalidadeAustria
Ocupaciónaristócrata
PaiFernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
NaiAna da Boêmia e Hungria
CónxuxeMaria Ana da Baviera
FillosFernando II de Habsburgo, Ana de Áustria, Maria Cristina de Habsburgo, Catarina de Habsburgo, Gregória de Habsburgo, Leonor de Habsburgo, Maximiliano de Habsburgo, Margarida de Austria-Estiria, Leopoldo V de Habsburgo, Constança de Habsburgo, Maria Madalena de Áustria, Karl von Österreich, Ferdinand von Habsburg, Elisabeth Erzherzogin von Österreich e Karl Erzherzog von Österreich
IrmánsIsabel de Habsburgo, Catarina de Áustria, Joana de Áustria, Grã-Duquesa da Toscana, Margarida da Áustria, Helena da Áustria, Bárbara de Habsburgo, Maria de Habsburgo, Duquesa de Jülich-Cleves-Berg, Leonor da Áustria, Magdalena von Österreich, Ana de Habsburgo-Jagelão, João de Habsburgo, Fernando II da Áustria e Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro
Na rede
WikiTree: Habsburg-47 Find a Grave: 25794846 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía Editar

Ascendencia Editar

Fillo do emperador Fernando I e de Ana Jagiellon de Hungría e Bohemia, filla de Ladislau II, rei de Hungría e Bohemia.

Actuacións Editar

 
Retrato coa inscrición Carolvs D.G. Archidvx Avstria Dvx Bvrgvndia Siiria Carintia ZC Comes Tiroll et Goritia ZC MDIXXVI
 
A Comuñón da Virxe ou A Familia do Archiduque Carlos de Estiria.

Sobre a relixión Editar

A diferenza do seu irmán máis vello, o emperador Maximiliano II, Carlos era un católico convencido e promoveu a Contrarreforma, un exemplo da cal foi invitar aos xesuítas ao seu dominio. Tamén foi tolerante co protestantismo, como demostra a paz relixiosa de Bruck en 1572, que permitiu a liberdade de culto en Estiria, Carintia e Carniola.

Nos eidos militar e político Editar

Despois de asumir o trono como emperador, o seu sobriño Rodolfo II, que máis tarde sería presa dun desequilibrio mental polo que foi encerrado no Castelo de Praga, cedeu o mando político ao seu irmán, o arquiduque Ernesto, e o mando militar ao seu tío, o arquiduque Carlos II. Encargado de defender os dominios hereditarios dos Habsburgo contra o Imperio Otomán, demostrou ser un comandante eficiente. Así se mostra, por exemplo, cando, por orde súa, se erixiu a fortaleza de Karlstadt (Karlovac) en Croacia, unha fortificación necesaria como liña de defensa contra os turcos.

Mecenados de Arte e Ciencia Editar

Tamén Carlos II é lembrado principalmente como un benefactor da arte e da ciencia: ademais de ser o protector de moitos artistas, especialmente do compositor Orlando di Lasso, fundou en 1585 a Universidade de Graz que leva o seu nome.[1] En 1580 montou nunha corte con cabalos de Xerez en Lipica, Eslovenia, orixe da raza equina lipizzana[2].

Pasamento Editar

Morreu en Graz en 1590. O seu mausoleo na abadía de Seckau é unha importante obra do inicio do barroco. Foi iniciado en 1587 por Alessandro de Verda e rematado en 1612 por Sebastian Carlone, o Vello.

Matrimonio e descendencia Editar

Casou coa súa sobriña María Ana de Baviera (1551-1608), filla do duque Alberte V de Baviera e da súa irmá Ana de Habsburgo (1528-1590). Desta unión naceron 15 nenos:

Na cultura popular Editar

No cine Editar

Ano Película director Actor
2007 Elisabeth: the Gonden Age Shekhar Kapur Christian Brasington

Antepasados Editar

Predecesor:
Fernando I
Duque de Estiria, Carniola e Carintia
(Austria Interior)

15641590
Sucesor:
Fernando III

Notas Editar

  1. "Lugares que ver Universidad de Graz". lugaresquever.com (en castelán). Consultado o 2022-05-16. 
  2. TERRÁNEA (2021-10-20). "Caballo Lipizzano, el rey equino en la corte de los Austria". Blog de Terránea (en castelán). Consultado o 2022-05-16. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar