Gran Ducado de Toscana

(Redirección desde «Gran Duque de Toscana»)

O Gran Ducado de Toscana foi un estado do centro da península Italiana existente desde o ano 1569, no seo do Sacro Imperio Romano Xermánico, até a súa anexión ao Reino de Sardeña o ano 1859 (desde 1861 Reino de Italia).

Modelo:Xeografía políticaGran Ducado de Toscana
Granducato di Toscana (it) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°N 11°L / 43, 11Coordenadas: 43°N 11°L / 43, 11
CapitalFlorencia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.096.641 (1801) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorCosmo I, Grão-Duque da Toscana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación27 de agosto de 1569 Editar o valor em Wikidata
Disolución1859 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía
monarquía absoluta Editar o valor em Wikidata
MoedaTuscan pound (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A Toscana empezou a ser unha entidade política, ademais de xeográfica e cultural, a partir do século XV, cando a cidade de Florencia se estendeu coa adquisición por Gabriele Maria Visconti da República de Pisa, que Gian Galeazzo Visconti comprara aos Appiano en 1399, e a compra de Livorno aos xenoveses en 1421.

O Gran Ducado asentouse sobre o Ducado de Florencia, que substituíra a antiga República de Florencia desde o ano 1532 e, dirixido pola familia dos Medici desde o seu inicio, foi ampliándose sucesivamente. O ano 1559 anexionou a República de Siena, e o ano 1847 o Ducado de Lucca.[1]

Desde 1737 foi gobernado pola familia Habsburgo-Lorena até que en 1801 Napoleón Bonaparte transforma o Gran Ducado en reino de Etruria. Despois da caída de Napoleón, en 1814, foi restaurado e devolto aos Habsburgo-Lorena, que reinaron no ducado até 1859, en que foi anexionado ao reino de Sardeña. A anexión foi ratificada formalmente nun referendo en 1860, que foi aprobado polo o 95 % dos votantes.[2]

A súa capital foi a cidade de Florencia.

Cara ao Gran Ducado: goberno dos Mecici editar

Artigo principal: Medici.
 
Cosme I de Medici, primeiro Gran Duque de Toscana (1534 - 1574).

A partir de 1434, ano no que Cosme o Vello regresa triunfalmente do seu exilio veneciano, a familia Medici exercerá en Florencia un poder de feito (para o que se cuñou o nome de "criptoseñorío"), que se consolidou con Pedro Cosme chamado o Gotoso e o seu fillo Lourenzo o Magnífico.

En 1494 Pedro o Fatuo, incapaz de opoñerse eficazmente á entrada en Florencia do rei de Francia Carlos VIII, viuse obrigado a fuxir. Restáurase na cidade o réxime republicano, á vez que Pisa recupera a súa independencia, que perderá de novo en 1509.

Ao retorno dos Medici en 1512 púxose á fronte do goberno da cidade o cardeal Xulio, fillo natural de Xuliano Cosme que, en 1522 sería elixido papa co nome de Clemente VII.

Porén, en 1527, despois do Saqueo de Roma por parte das tropas de Carlos V, os florentinos rebeláronse, proclamando de novo a república.

Para derrotar a este último réxime republicano foi necesario que se aliaran o papa Medici e o Emperador.

 
O gran duque de Toscana Fernando I de Medici (1587 - 1609).

Despois do sitio de Florencia (o denominado longo sitio), en 1531 Alexandre de Medici toma posesión do goberno da cidade. O ano seguinte será nomeado Duque. Morreu en 1537 a mans de Lourenzino de Medici, tamén chamado Lorenzaccio.[3]

O goberno foi asumido por Cosme, fillo de Giovanni dalle Bande Nere, descendente doutra rama, sobriño de Lorenzo o Magnífico.

O novo duque iniciou o seu longo reinado cunha política expansionista, que comezou coa compra da illa de Elba á República de Xénova e culminaría coa conquista da República de Siena (1555),[4] ratificada polo rei Filipe II de España no tratado de Londres de 25 de maio de 1557, que suporía tamén a creación do Estado dos Presidios (baixo soberanía española) no Arxentario, antiga zona de influencia de Siena. Este tratado foi asinado por Filipe II e o señor de Piombino, Xacobe VI Appiano, e confirmado polo tratado de Florencia do 3 de xullo do mesmo ano, entre o emperador Carlos V e o duque de Florencia, Cosme I de Médici.[5][6]

Por bula emitida polo papa Pío V o 27 de agosto de 1569 Cosme alcanza o título de Gran Duque de Toscana. Á súa morte (1574) sucédeo seu fillo Francisco. Os Medici continuarían gobernando o gran ducado até a morte de Xoán Gastón, en 1737, data en que a Toscana, ao carecer de lexítimo herdeiro, pasará a mans de Francisco, duque de Lorena (Francisco III de Lorena), esposo de María Tareixa de Habsburgo, arquiduquesa de Austria, baseándose nos tratados establecidos polas dinastías europeas en 1735.

Goberno dos Habsburgo-Lorena editar

Artigo principal: Habsburgo.

Desde de principios da década de 1730 diversas cortes europeas realizaran movementos diplomáticos sobre a causa sucesoria do Grande Ducado de Toscana. Sen dúbida, o candidato mellor situado era o infante Carlos de Borbón, fillo do rei Filipe V de España e de Isabel de Farnesio. Carlos herdara dereitos sucesorios sobre o trono florentino por parte da súa nai; a familia Farnesio estaba emparentada coa familia gran ducal.

 
Francisco de Lorena, gran duque de Toscana, e emperador do de Austria (Francisco II)

O ano 1735, no curso da Guerra de Sucesión de Polonia, as diplomacias española e austríaca pactaron varios acordos sobre a cuestión florentina, polos cales a aínda poderosa Monarquía Española aceptaba como duquesa de Toscana á filla do emperador Carlos VI, a arquiduquesa María Tareixa I de Austria, e o emperador cedería o Reino das Dúas Sicilias ao infante Carlos de Borbón, a cambio do Ducado de Parma (que pasaría ao seu irmán) e da renuncia dos seus dereitos ao trono do Gran Ducado de Toscana.

Aceptado este acordo, España abandonaría calquera disputa na Guerra de Sucesión austríaca.

Desactivada a fronte española, o emperador Carlos VI negociou directamente con Francia a aceptación definitiva da súa filla primoxénita como a herdeira das súas posesións. O esposo da arquiduquesa María Tareixa, o duque Francisco de Lorena cedería o Ducado de Lorena ao rei Estanislau I de Polonia, monarca destronado en 1735 e sogro do rei Lois XV de Francia, a cambio dunha xenerosa compensación económica e do Gran Ducado de Toscana. O Ducado de Lorena se integraría en Francia á morte de Estanislau, o que ocorreu en 1766.

Desta complicada maneira e no curso da guerra de sucesión polaca, e coa accesión de María Tareixa I de Austria ao trono austríaco, a familia dos Habsburgo-Lorena conseguiu o poder sobre o Gran Ducado de Toscana.

 
Leopoldo I de Toscana, e emperador Leopoldo II

Desde o ano 1737 até 1765 foi o propio emperador Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico quen gobernou o Gran Ducado de forma directa desde Viena.

Á morte deste o seu fillo, Leopoldo I de Toscana, instalouse en Florencia e impulsou importantes reformes de carácter ilustrado no goberno e nas finanzas florentinas.

Desde o século XVII a cidade de Florencia caera, igual que outras cidades italianas, noutrora prósperas, nunha progresiva decadencia.

O gran duque Leopoldo encargouse de mellorar o sistema impositivo, de permitir novas prácticas comerciais e de impulsar unha incipiente industrialización do Gran Ducado que permitiu un certo auxe económico.

O ano 1786, o Gran Ducado de Toscana foi o primeiro estado do mundo en abolir a pena de morte.

Á morte do emperador Xosé II sen descendentes, o seu irmán, até entón gran duque Leopoldo I de Toscana debe abandonar Florencia e instalarse en Viena para asumir o Imperio, deixando o gran ducado ao seu fillo, o gran duque Fernando III de Toscana, que inauguraría a familia real de Austria-Toscana que aínda hoxe subsiste.

Guerras napoleónicas editar

Artigos principais: Guerras napoleónicas e Reino de Etruria.

Coa entrada das tropas napoleónicas na península Italiana o ano 1801, a familia gran ducal foi desposuída da Toscana e, a cambio, o emperador Napoleón Bonaparte lle cedeu o territorio secularizado do Electorado de Salzburgo.

 
Situación do Reino de Etruria

O Gran Ducado de Toscana, con máis de 250 anos de historia, foi disolvido pola diplomacia napoleónica e, xunto coa República de Lucca, serviu para crear o Reino de Etruria polo tratado de Aranjuez de 21 de marzo de 1801 entre Francia e España, en favor de Lois I de Parma e a súa descendencia, con cláusula de reversión á familia real española en caso de que non houbera descendencia.

Etruria foi cedida a Francia polo tratado secreto de Fontainebleau de 27 de outubro de 1807, e integrada no Primeiro Imperio francés, con Parma e Piacenza por decreto do 24 de maio de 1808. O 2 de marzo de 1809, o Goberno Xeral dos tres departamentos que se formaron en Toscana (Departamentos de Arno, Mediterráneo e Ombrone) foi elevado a Gran dignidade do Imperio, e atribuída a Elisa Bonaparte, irmá de Napoleón. Non se pode propiamente falar dun Gran Ducado soberano, xa que Toscana formaba parte do Imperio francés, senón máis ben dun título honorífico.[7].

Restauración e unión ao Reino de Italia editar

Artigo principal: Unificación italiana.

Coa derrota militar de Napoleón Bonaparte o ano 1814, o Gran Ducado de Toscana foi devolto á familia dos Habasburgo-Lorena.

 
Fernando IV de Toscana, último Gran Duque

A través dunha serie de pactos asinados entre a arquiduquesa María Luísa de Austria, duquesa soberana de Parma e a familia dos Borbón-Parma, aceptábase que á morte da arquiduquesa o Ducado de Parma e o de Plasencia retornasen aos Borbón-Parma, a cambio de incorporar o pequeno Ducado de Lucca, feito que sucedeu en 1847.

Fernando III de Lorena recuperou o seu poder en Florencia. Sucedeuno en 1824 o seu fillo Leopoldo II.

No ano revolucionario de 1848 varias insurreccións de carácter republicano (e italianista) trataron de expulsar aos Austria-Toscana de Florencia, duramente reprimidas por Leopoldo. Pero o 27 de abril de 1859 o Gran Ducado foi ocupado militarmente por tropas piemontesas, e Leopoldo II tivo que abandonar o país.

En Viena, Leopoldo II abdicou en favor do seu fillo, o gran duque Fernando IV, que se establece en Roma baixo a protección do papa Pío IX. Fernando IV convértese en gran duque teórico, a pesar das súas iradas reclamacións.

O poder pasou a un Goberno Provisional Toscano (dentro das daquela denominadas Provincias Unidas do Centro de Italia. Toscana erixiuse como unha rexión independente, coa anexión dos territorios do Ducado de Massa e do Principado de Carrarra, que desde 1829 pertencían ao Ducado de Módena.

O Goberno conservou o mando até 1860, en que un plebiscito sancionou a unión de Toscana ao Reino de Sardeña, que pasou a ser o Reino de Italia en 1861.

Galería: Bandeiras de Toscana editar

Grandes Duques de Toscana editar

 
Cosme III de Toscana
 
Lois I de Etruria
 
Leopoldo II de Toscana

Dinastía dos Medici editar

Dinastía dos Habsburgo-Lorena (primeira vez) editar

Dinastía dos Borbón-Parma editar

Dinastía dos Habsburgo-Lorena (segunda vez) editar

Pretendentes ao título editar
  • 1860 - 1908: Fernando IV de Toscana
  • 1908 - 1942: Leopoldo Fernando de Toscana
  • 1942 - 1948: Pedro Fernando de Toscana
  • 1948 - 1984: Godofredo de Toscana
  • 1984 - 1993: Leopoldo Francisco de Toscana
  • 1993 - actualidade: Sexismundo de Toscana

Notas editar

  1. Strathern, Paul (2003): The Medici: Godfathers of the Renaissance. London: Vintage books. ISBN 978-0-09-952297-3, pp. 315–321.
  2. François Velde (2005): The Grand-Duchy of Tuscany. En heraldica.org. Consultada o 25 de xuño de 2014.
  3. Feito sobre o que o poeta e dramaturgo francés Alfred de Musset escribiu unha obra de teatro.
  4. Strathern, p. 340.
  5. Braudel, Fernand (1986): Civiltà e imperi del Mediterraneo nell’età di Filippo II. 2 volumes. Turín: Einaudi.
  6. Caciagli, Giuseppe (1992): Stato dei Presidi. Pontedera: Arnera Edizioni.
  7. "www.histoire-empire.org". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Acton, Harold (1980): The Last Medici. Londres: Macmillan. ISBN 0-333-29315-0
  • Frieda, Leonie (2005): Catherine de' Medici. Londres: Orion books. ISBN 0-7538-2039-0
  • Hale, J. R. (1977): Florence and the Medici. Londres: Orion books. ISBN 1-84212-456-0
  • Saint-Priest, M. (1912): De Mémoire touchant les différents droits que divers princes et autres pourraient prétendre sur les estats possédez par Cosme III, grand-duc de Toscane, au cas que luy, le prince son fils et l'électrice palatine sa fille mourussent sans enfant, publicado en Recueil des instructions données aux ambassadeurs de France. Volume XIX: Florence, Modène, Gênes. Por Edouard Driault. París: Félix Alcan.
  • Strathern, Paul (2003): The Medici: Godfathers of the Renaissance. Londres: Vintage books. ISBN 978-0-09-952297-3

Outros artigos editar