Ducado de Lorena

antigo estado

O Ducado de Lorena (en francés, duché de Lorraine; en alemán, Herzogtum Lothringen) foi un ducado que, a grandes trazos, corresponde co que modernamente sería a rexión de Lorena no nordeste de Francia, con capital en Nancy.

Situación do Ducado de Lorena en Francia
Armas do Ducado

Historia

editar

Foi fundado en 959 como resultado da división do reino de Lotarinxia en dous ducados separados: a Baixa Lorena e a Lorena Superior. Ambos os ducados formaban a parte occidental do Sacro Imperio Romano Xermánico.

O ducado inferior foi desmantelado pronto, mentres que a Lorena Superior pasou a ser coñecida simplemente como o ducado de Lorena.

Este ducado perdeu moitos territorios, como os Trois-Evêchés (os tres bispados: Metz, Toul e Verdún) e o condado de Bar, e foi codiciado e brevemente ocupado polos duques de Borgoña e os reis de Francia.

En 1737 o ducado pasou a Estanislau I Leszczynski, antigo rei de Polonia —perdera o seu trono como resultado da guerra de Sucesión Polaca (1733-1738)—, co acordo de que pasaría á Coroa francesa á súa morte.

Cando Estanislau faleceu o 23 de febreiro de 1766, Lorena foi anexionada a Francia e reorganizada como unha provincia desta.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.