A casa de Lorena (en francés: Lorraine; en alemán: Lothringen) foi unha dinastía da nobreza europea fundada no século XI polos condes de Metz e os condes de Alsacia, os irmáns Adalberto e Xerardo de Alsacia, que recibiron do emperador do Sacro Imperio Henrique III o Ducado de Lorena.

Casa de Lorena
caption

Entre os descendentes do duque Xerardo de Lorena (ca. 1030–1070), os sucesores directos do seu fillo primoxénito Teodorico (ca. 1055-1115) gobernaron como duques de Lorena até 1453; mentres que os do seu segundo fillo, Xerardo de Vaudémont (1057-1108), foron condes de Vaudémont e, desde 1473, duques de Lorena, até 1737.

E dinastía fortaleceuse a partir do século XV, despois da vitoria de Renato II (1451-1508), conde de Vaudémont e duque de Lorena, na batalla de Nancy.

No século XVIII, o duque Francisco III de Lorena casou coa arquiduquesa María Tareixa de Austria e desta forma emparentaron as casas de Lorena e Habsburgo, dando orixe á casa de Habsburgo-Lorena.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.