Serifos
Serifos (grego: Σέριφος, latín: Seriphus, tamén Seriphos; antigamente Serpho ou Serphanto) é unha illa e municipio grego no mar Exeo, que se atopa no oeste das Cícladas, ao sur de Kythnos e o noroeste de Sifnos. É parte da unidade rexional de Milos. A superficie é de 75´207 km² e a poboación era 1.420 habitantes no censo de 2011. Atópase a uns 170 km ESE do Pireo.
Serifos | |
---|---|
Σέριφος | |
![]() | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Periferias de Grecia | Exeo Meridional |
Arquipélago | Cícladas |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 37°9′N 24°30′L / 37.150, -24.500Coordenadas: 37°9′N 24°30′L / 37.150, -24.500 |
Xeografía | |
Superficie | 75´207 km² |
Perímetro | 70 km. |
Punto máis alto | 585 m. Monte Troullos |
Demografía | |
Capital | Serifos |
Poboación | 1420 hab. (2011) |
Densidade | 18´9 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
Na mitoloxía grega, Serifos é onde chegaron Dánae e o seu pequeno fillo Perseo logo de que o seu pai Acrisio, en resposta a un oráculo que o advertía que o seu propio neto mataríao, deixounos á deriva no mar nun cofre de madeira. Cando Perseo volveu a Serifos coa cabeza da Gorgona Medusa, converteu a Polidectes, o rei de Serifos, e aos seus criados en pedra, como castigo polo intento do rei de casar coa súa nai pola forza.
Na antigüidade a illa era proverbial polo presunto mutismo das súas ras.[1]
Historia Editar
A illa foi colonizada polos xonios de Atenas e foi das poucas illas que rexeitou someterse a Xerxes I no 480 adC. Durante o período imperial romano, Serifos foi un lugar de desterro. Logo de 1204 converteuse nunha dependencia menor dos duques venecianos do Arquipélago. A finais do século XIX Serifos experimentou un auxe económico moderado pola explotación de extensos depósitos de mineral de ferro da illa. As minas pecháronse na década de 1960, e agora Serifos depende do turismo e a agricultura a pequena escala.
A cidade moderna está na costa leste, próxima á antiga e chegou a ter máis de 2.000 habitantes. Da cidade antiga quedan algúns restos.
Os mineiros, folga de 1916 En 1916 os mineiros fixeron folga e o estado grego a petición do propietario (a familia alemá Groman) envióu á garda nacional. Os soldados dispararon aos mineiros e mataron a catro, pero o resto e as súas mulleres atacaronos e mataron a todos e proclamaron a República soviética. Unhas semanas despois forzas militares gregas recuperaron o control, pero os mineiros obtiveron mellores condicións laborais e a xornada de 8 horas.
Comunidades Editar
- Galani
- Kallitsos
- Koutalas
- Livadi Serifou
- Mega Chorio
- Mega Livadi
- Panagia
- Serifos
Referencias Editar
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serifos |