Şehzade Bayezid

Şehzade Bayezid, nado en 1525 e finado o 25 de setembro de 1561, foi un príncipe otomán, aspirante polas armas ao trono.

Şehzade Bayezid
Şehzade Bayezid.jpg
Nacemento1525
 Palacio de Topkapi
Falecemento25 de setembro de 1561
 Qazvin
NacionalidadeImperio Otomán
RelixiónIslam
Ocupaciónpoeta
PaiSuleiman I
NaiRoxelana
CónxuxeFatma Haseki Sultan
FillosMihrümah Sultan e Ayşe Sultan
IrmánsMihrimah Sultan, Şehzade Mustafá, Selim II, Şehzade Mehmed, Şehzade Abdullah, Şehzade Murad, Şehzade Cihangir e Raziye Sultan
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Bayezid era fillo de Suleiman I e de Hürrem Sultan, foi gobernador da rexión de Anatolia ata que en 1553 durante unha campaña do seu pai a Nakhchivan (na actual Acerbaixán) pasou a gobernar Edirne, a capital otomá en Europa, para controlar Rumelia na ausencia do emperador. Durante a campaña executouse a Şehzade Mustafá, o irmán máis vello de Bayezid, Şehzade Mustafa. As novas da morte do príncipe causaron malestar ao longo do imperio e un impostor, que se facía pasar polo executado Mustafá, alzouse contra Suleiman en Rumelia. Malia que un visir dominou a rebelión, Suleimán sospeitou que o seu fillo Bayezid reaccionou deliberadamente de xeito vagaroso[1]. Logo da campaña pasou a gobernar Kütahya.

RebeliónEditar

Suleiman coñecedor que só dous dos seus fillos estaban en condicións de lle suceder no trono, Selim e Bayezid e que a competición entre os dous era evidente, decidiu en 1558 enviar os dous fillos a provincias afastadas da capital Constantinopla pero equidistantes dela, así Selim foi como gobernador a Konya e Bayezid a Amasia. Así e todo Bayezid foi remiso a obedecer e comezou a reunir aos seus seguidores[2]. Suleiman acusou ao seu fillo Bayezid de ser un rebelde e enviou o seu fillo Selim contra el, e en colaboración con Sokollu Mehmet Pasha (futuro gran visir), derroutouno na batalla de Konya o 31 de maio de 1559.[3] pero Beyezid logrou escapar a Persia cos seus fillos e un pequeno exército, alí ao primeiro o sultán Tahmasp I acolleuno pero logo a petición de Suleiman prendeuno e finalmente executouno canda os seus catro fillos[4].

Actividade poéticaEditar

Bayezid foi tamén un poeta, compoñendo co pseudónimo de "Şahi"[5] poesía en turco e persa. Nos seus poemas están presentes o desexo de reinar, o amor, o pecado e o perdón. Consérvanse dous manuscritos cos seus poemas e tamén as composicións nas que piden perdón a seu pai, así como a resposta deste.[6]

NotasEditar

  1. Fahri Kānûnî devrý þehzâde mücâdelelerý ve bunun osmanli sýyâsî ve sosyal târýhý bakimindan önemý Türk Yurdu, X/35 (1990), pp. 9-16.}}
  2. Abbas Amanat e Farzin Vejdani (2012) Iran Facing Others: Identity Boundaries in a Historical Perspective Palgrave Macmillan, p. 88
  3. Yaşar Yücel e Ali Sevim: Türkiye Tarihi II, AKDTYK yayınları, Istambul,1990 p 299-300
  4. Joseph von Hammer:Osmanlı Tarihi Vol II. Milliyet yayınları, İstanbul. p 36-37
  5. Azad Ağaoğlu, "Şahi Divanı mı, Vâhî Divanı mı?", Toplumsal Tarih derg., SAYI:93 CİLT:16 EYLÜL 2001
  6. Şerafettin Turan (1961) Kanuni'nin oğlu Şehzâde Bayezid Vak'ası pp. 208-210