Lingua turca otomá

A lingua turca otomá (turco: Osmanlı Türkçesi) ou lingua otomá (لسان عثمانى, lisân-ı Osmânî), é a variedade da lingua turca que foi empregada durante o Imperio Otomán. En moitos aspectos, tiña préstamos do árabe e do persa, e escribíase en alfabeto turco otomán. Durante o cumio do poder otomán, o 88% do seu vocabulario procedía do persa e do árabe,[3] mentres as palabras de orixe árabe superaban en gran medida as palabras turcas nativas.[4]

Turco otomán
لسان عثمانى‎
lisân-ı Osmânî
Falado en: Imperio Otomán
Extinción: Desenvolveuse no turco moderno en 1928.[1]
Familia: Linguas turcas
 Turco shaz
  Linguas oghuz[2]
   Turco otomán
Escrita: Alfabeto turco otomán
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ota
ISO 639-3: ota
Mapa
Status

Deste xeito, os turcos otománs non se entendían cos turcos rurais de clase baixa e sen educación, que continuaban a empregar o kaba Türkçe ("turco vulgar"), o cal tiña poucos préstamos doutras linguas e é a base da lingua turca moderna.[5]

  1. "Turkey - Language Reform: From Ottoman To Turkish". Countrystudies.us. Consultado o 24 de maio de 2016. 
  2. Ãgoston, Gabor; Masters, Bruce Alan (21 de maio de 2010). Encyclopedia of the Ottoman Empire. Infobase Publishing. ISBN 978-1-4381-1025-7. 
  3. Bertold Spuler. Persian Historiography & Geography Pustaka Nasional Pte Ltd ISBN 9971774887 p 69
  4. [1] Ottomans
  5. Glenny, Misha. The Balkans - Nationalism, War, and the Great Powers, 1804-1999, Penguin, New York 2001. p. 99.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar