Khublai Khan

(Redirección desde «Kublai Khan»)


Khublai Khan, nado o 23 de setembro de 1215 e finado en Cambalique o 18 de febreiro de 1294, foi un emperador mongol, fundador da dinastía Yuan. Foi o segundo fillo do emperador mongol Tolui e neto de Xenxis Kan. Sucedeu o seu irmán Mongke nun xa fragmentado Imperio Mongol.

Infotaula de personaKhublai Khan

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(mis) ᠬᠦᠪᠢᠯᠠᠢ
(mis) Хубилай Editar o valor em Wikidata
Nome de templo世祖 Editar o valor em Wikidata
Nome póstumoᠰᠡᠴᠡᠨ ᠬᠠᠭᠠᠠᠨ, Сэцэн хаан e 聖德神功文武皇帝 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1215 Editar o valor em Wikidata
Imperio Mongol Editar o valor em Wikidata
Morte18 de febreiro de 1294 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Khanbaliq (Dinastía Yuan) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBurkhan Khaldun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Imperador da China (pt) Traducir Dinastía Yuan
18 de decembro de 1271 – 18 de febreiro de 1294 (finado no cargo)
← Emperor Bing of Song (en) Traducir, Emperor Gong of Song (en) TraducirTemur Cã (pt) Traducir →
Gran Khan Imperio Mongol
5 de maio de 1260 – 18 de febreiro de 1294 (finado no cargo)
← MongkeTemur Cã (pt) Traducir →
Khan (título)
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Yuan Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militargeneral de exército (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaBorjigin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeChabi (pt) Traducir (1270–1294)
Tëgülun (en) Traducir
Bayaujin Khatun (en) Traducir
Khökhlun Khatan (en) Traducir
Qoruchin Khatun (pt) Traducir
Nuhan (en) Traducir
Nambui (pt) Traducir
Talahai khatun (en) Traducir
Sugedasi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosDorj (pt) Traducir
 () Chabi (pt) Traducir
Wanze (pt) Traducir
 ()
Yuelun (pt) Traducir
 ()
Wuluzhen (pt) Traducir
 ()
Yuelie (pt) Traducir
 ()
Nangjiazhen (pt) Traducir
 ()
Asudai (en) Traducir
 ()
Qoridai (pt) Traducir
 () Qoruchin Khatun (pt) Traducir
Boyalun (en) Traducir
 ()
Bantu (en) Traducir
 ()
Shireki (pt) Traducir
 () Mongke
Chzhuan Muvan Khou (pt) Traducir
 ()
Hutulu Temür (pt) Traducir
 ()
Nomugan (pt) Traducir
 () Chabi (pt) Traducir
Mangala (pt) Traducir
 () Chabi (pt) Traducir
Zhenjin (pt) Traducir
 () Chabi (pt) Traducir
Tamachi (en) Traducir
 () Nambui (pt) Traducir
Khökhechi (pt) Traducir
 ()
Auruyvci (pt) Traducir
 ()
Ayachi (pt) Traducir
 () Bayaujin Khatun (en) Traducir
Togoon (en) Traducir
 () Bayaujin Khatun (en) Traducir
Kuokuochu (pt) Traducir
 ()
Shilin (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaisTolui (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Sorkaktani (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDumugan (pt) Traducir, Yesubuhua (pt) Traducir, Mongke, Hulagu Khan, Xuebietai (pt) Traducir, Suigedu (pt) Traducir, Moge (pt) Traducir, Bochuo (pt) Traducir, Hududu (pt) Traducir, Ariq Böke e Qoridai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Ascenso ao poder editar

Admirador da cultura chinesa, nos seus primeiros anos de actividade política foi gobernador dos territorios surorientais do imperio mongol. O seu bo goberno concitoulle a adhesión dos señores da guerra chineses.

En 1253 atacou Yunnan e destruíu o reino de Dali. Mongke púxoo á fronte do exército do Leste.

En 1258, cando atacaba Wuhan, recibiu a noticia de que Möngke falecera; ao principio continuou coas operacións bélicas pero, cando soubo que o seu irmán máis novo Arik Boke convocara un kurultai na capital imperial do Karakorum para proclamarse Gran Khan, retornou a Mongolia. Reuniu un kurultai paralelo que o proclamou a el Gran Khan e desatou hostilidades contra Arik Boke, o que tivo como resultado a destrución do Karakorum e o seu recoñecemento como o único líder dos mongois, incluído o prestixioso caudillo Hulagu Khan que tamén se opuxera a Arik Boke.

Aproveitando a guerra civil, a etnia han rebelouse pero foi esmagada por Khublai, que sempre gardaría unha gran desconfianza ante os cabaleiros Han.

Goberno e conquistas editar

Dono do poder, o seu control efectivo abranguía Mongolia, Tartaria, Tíbet e a práctica totalidade da China onde fundou a dinastía Yuan.

Procurou limitar o poder dos señores feudais nomeando 12 gobernadores provinciais, 8 dos cales eran de relixión islámica e centralizando as funcións imperiais en Dadu, actual Beijing. A súa residencia de verán estableceuna en Xanadú.

En 1279, tras seis anos de guerra, rematou co que quedaba da dinastía Song, completando a conquista da gran China.

Considerouse a si mesmo un novo emperador chinés, un auténtico Fillo do Ceo, sucesor natural das anteriores 22 dinastías, levando unha fastuosa vida palaciana.

Promoveu o crecemento económico e comercial (papel moeda), favoreceu as letras, realizou grandes obras públicas, como a Gran Canle e estradas que comunicaban os seus vastos dominios, plantou milleiros de árbores ao longo das rotas dos mercadores, viaxeiros e correos imperiais. O seu intento de conciliar as tradicións mongois coa cultura chinesa tiveron resultados desiguais, en especial polas exencións fiscais de que gozaban os mongois. Fixo gala de tolerancia relixiosa (budismo, confucianismo, islam,cristianismo na súa vertente de nestorianismo) e recibiu a cristiáns latinos como o comerciante Marco Polo. Unha excepción foi o taoísmo.

Os seus dous intentos por conquistar Xapón, en 1274 e 1281, comportaron a construción dunhas frotas colosais pero mal preparadas, que se afundiron no océano, vítimas da improvisación e as treboadas. Esta foi a primeira gran derrota dos exércitos mongois en Oriente.

Os seus avances cara ao sur tamén fracasaron en Vietnam; o seu dominio sobre Indochina e Indonesia foi superficial.

Final editar

Vítima da doenza da gota, Kublai foi o primeiro Gran Khan de vida esencialmente sedentaria. Tivo catro esposas oficiais que lle deron 22 fillos, pero a morte da súa muller favorita e do seu herdeiro sumiuno nunha depresión que apurou o final dos seus días.