Mongke
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Mongke Khan, (mongol: ᠮᠥᠩᠬᠡ ᠬᠠᠭᠠᠨ / Möngke qaγan /Мөнх хаан) nado o 10 de xaneiro de 1209 e finado o 11 de agosto de 1259, sucedeu a Güyük como Gran Khan. Expandiu o Imperio Mongol cara ao sur, aliviando a presión sobre Europa.
Nome orixinal | (mn) ᠮᠥᠩᠬᠡ (mn) Мөнх |
---|---|
Nome de templo | 憲宗 |
Nome póstumo | 桓肅皇帝 |
Biografía | |
Nacemento | 11 de xaneiro de 1209 (>10 de xaneiro de 1209) Imperio Mongol |
Morte | 11 de agosto de 1259 (50 anos) Diaoyu Fortress (Southern Song dynasty) |
Lugar de sepultura | Burkhan Khaldun (pt) |
Gran Khan Imperio Mongol | |
1 de xullo de 1251 – 11 de agosto de 1259 ← Güyük – Khublai Khan → | |
Emperador | |
Actividade | |
Ocupación | Khan (título) |
Familia | |
Familia | Borjigin (pt) |
Cónxuxe | Minli Khatun Huolicha Oghul-Khoimish Chubei Yesuder Khatun Qutai qatun |
Fillos | Baltu () Minli Khatun Bayalun () Shirin () Shireki () Asutai () Urüng Tash () Minli Khatun Bichihe () |
Pais | Tolui e Sorkaktani |
Irmáns | Dumugan Yesubuhua Khublai Khan Hulagu Khan Ariq Böke Hududu Bochuo Moge Suigedu Xuebietai |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron History of Yuan (en) New History of Yuan (en) |
Traxectoria
editarComezos
editarComezou a súa experiencia militar seguindo ao seu tío Ögödei nas súas campañas contra a dinastía Chin. Logo foi enviado co exército que asolou Rusia, o Cáucaso e Crimea onde se distinguiu en varios episodios bélicos, como a captura de Bachman o máis formidable xefe de Kipchac, o sitio de Kíiv e a batalla de Mohi.
Tras o breve reinado de Güyük, Batu, o dominador de Rusia e fillo do primoxénito de Xenxis Khan, convocou un kurultai en Ala Qamaq, onde proclamou a Mongke Gran Khan. Este kurultai non foi recoñecido pola liña de Ögödei, que alegou terse celebrado fora das terras sagradas de Mongolia. Daquela Batu enviou a Mongke, protexido polo seu irmán Berke e o seu fillo Sartaq, a Kodoe Aral en Mongolia onde foi definitivamente entronizado o 1 de xullo de 1251.
Seguidamente, para atallar determinados complots contra a súa soberanía, organizou unha purga de parentes e aristócratas ao longo de todos os seus dominios. A propia viúva de Güyük, Oghul, foi espida, torturada e executada guindándoa nun saco ao río. Así mesmo, para acadar lexitimidade proclamou retroactivamente ao seu pai Tolui Gran Khan.
Goberno
editarMongke impuxo medidas de austeridade á aristocracia, e realizou unha reforma fiscal gravando con taxas aos mercadores, outorgou un salario regular aos príncipes para evitar os dispendios, e prohibiu as extorsións dos exércitos contra a poboación civil, chegando a amoestar por iso ao seu propio fillo. Estableceu un Departamento de asuntos monetarios para controlar a inflación e o valor da moeda en circulación. Organizou, ademais, a elaboración dun colosal censo dende Rusia ata China, incluíndo Persia, Afganistán, Xeorxia e Armenia.
A presión fiscal sobre os seus vasalos provocou diversas rebelións. Alexandre Nevski forzou a Novgorod ao pagamento de impostos, importantes exércitos mongois esmagaron os levantamentos do rei Davide Narin en Xeorxia, do sultán selxúcida Kaikaus II, e dos súbditos de Caxemira.
Practicou a tolerancia relixiosa. Trala conquista do Tíbet, os monxes budistas foron eximidos de pagar impostos equiparándoos a todos os clérigos do imperio. Mediou entre taoístas e budistas, inclinándose por estes últimos. Recibiu ao embaixador de Luis IX de Francia William Rubruk quen lle animou a converterse ao cristianismo. Igualmente o fixo na súa visita de pleitesía o rei da pequena Armenia (Cilicia) Hetum I, pero el contestou que non quería obrigar aos seus súbditos a cambiar de relixión. Prometeulle entregar Xerusalén aos cristiáns, o que propiciou que Bohemundo VI, príncipe de Antioquía e Conde de Trípoli, lle rendera vasalaxe. Estes estados cristiáns axudarían aos mongois na conquista de Siria.
Operacións militares
editarTras derrotar a Corea, as súas operacións militares concentráronse no sur onde realizou importantes avances no sur da China, na interminable guerra contra a dinastía Song. Ordenou ao seu irmán Khublai Khan conquistar o reino de Dali, ao Leste e tentou abrir unha rota a través de Vietnam co fin de atacar a China tamén polo flanco sur. A negativa do emperador vietnamita supuxo a devastación do seu país ata a súa rendición. Vietnam ficou como un Estado tributario e vasalo. Fíxose tamén co Tíbet que foi repartido entre os príncipes mongois. Enviou tamén exércitos á India onde terzou entre familias reais rivais do Sultanato de Deli, impoñendo pola forza a Jalal al-Din como un monarca cliente.
Pola súa parte, o seu irmán Hulagu Khan movíase por Persia con grande autonomía. Mongke, autorizoulle a destrución da seita guerreira dos asasinos, e ordenoulle que se o Califa do Imperio Abásida non ía en persoa a lle render homenaxe, atacase Bagdad. A negativa provocou unha das accións de guerra máis espectaculares dos exércitos mongois. Mongke ordenou que un de cada dez soldados do imperio acudisen a engrosar as tropas de Hulagu, quen destruíu Bagdad e todo o Califato Abasida, tomou Damasco e Alepo e acadou as costas do Mediterráneo.
Entrementres, no sur da China a guerra cos Song continuaba. Mongke deixou ao seu irmán Ariq Böke a administración do Karakorum e, imitando a Xenxis Khan, púxose persoalmente á fronte do seu exército tomando multitude de cidades e fortificacións. No sitio de Chongqing encontraría a morte. Unhas crónicas din que morreu de cólera, outras que de disentería e finalmente algunhas afirman que foi alcanzado por unha frecha.