O smog (anglicismo formado da unión das palabras smoke -fume- e fog -néboa-) é unha forma de contaminación do aire orixinada a partir da incorporación do fume á néboa.

Chámase smog gris ou smog industrial a contaminación do ar producida por feluxe e xofre. A principal fonte de emisións de contaminantes que contribúen ao smog gris é a combustión de carbón, que pode conter altos contidos en xofre.

Existe un smog fotoquímico orixinado a partir de substancias que conteñen nitróxeno e o fume de combustión (coches), mesturados baixo os efectos da radiación solar producindo gas ozono, o cal é altamente tóxico.

Coloración característica do smog en California, detrás da ponte Golden Gate

Véxase tamén editar

Outros artigos editar