Mantes-la-Jolie

concello francés

Mantes-la-Jolie (chamada informalmente Mantes) é un municipio de Francia situado nos suburbios occidentais de París. É unha subprefectura do departamento de Yvelines, Illa de Francia. Trátase dunha cidade industrial moderna, situada na beira esquerda do Sena a 57 km ao oeste da capital francesa.

Modelo:Xeografía políticaMantes-la-Jolie
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°59′26″N 1°43′00″L / 48.9906, 1.7167
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsIlla de Francia
DepartamentoYvelines Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación44.539 (2021) Editar o valor en Wikidata (4.748,29 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921672 Traducir
Paris unité urbaine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie9,38 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Sena Editar o valor en Wikidata
Altitude34 m-17 m-41 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
7 de abril de 1364Siege of Mantes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Mantes-la-Jolie (en) Traducir Editar o valor en WikidataRaphaël Cognet (en) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal78200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webmanteslajolie.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: villemanteslajolie Twitter: villemlj Instagram: mantes_la_jolie LinkedIn: ville-de-mantes-la-jolie Youtube: UCacYGK9YyumBtfzesYwq5MQ Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

A comuna de Mantes-la-Jolie, situada no centro dunha aglomeración urbana de arredor de 80 000 habitantes, encóntrase nas beiras do Sena. Engloba dúas illas: a illa de Aumône, na que se encontra un centro de exposicións, e a illa aux Dames, chamada tamén illa de Limay.

Limita ao sur con Mantes-la-Ville e Buchelay, ao oeste con Rosny-sur-Seine, e ao norte con Limay e Follainville-Dennemont, das que se encontra separada polo Sena.

O concello ten unha altitude media de 34 msnm, estendéndose sobre unha superficie de 9,38 km².

A súa poboación en 2013 era de 45 052 habitantes, o que facía que nese ano a súa densidade fose de 4 802,99 hab./km².

Demografía

editar
Serie de poboación histórica de Mantes-la-Jolie
(Fonte/s: INSEE-fr)
Ano179318001806182118311836184618511856186118661872187618811886189118961901190619111921192619311936194619541962196819751982199019992007
Poboación48033800397638114280381844004374504653725345569756496056660770328015803483298821932999441386513978131811515518905260624246543564450874367242916

Historia

editar

Parece ser que a cidade se fundou na Idade Media, e que foi un porto durante a época carolinxia. Fortificouse moi cedo a causa da súa posición estratéxica, xa que se encontra cerca da fronteira de Normandía, polo que permitía protexer París das incursións inimigas.

A cidade foi incendiada en 1087 por Guillerme o Conquistador durante a súa campaña de represalias no Vexin.

O rei de Francia Lois VI concedeulle á cidade o status de comuna libre mediante unha carta en 1110, na que lle outorgaba privilexios.

Debido á súa situación estratéxica ao lado do Sena e na fronteira de Normandía, Mantes foi unha vila desexada durante a guerra dos Cen Anos e cambiou de mans en diversas ocasións, sendo posesión, entre outros, de Carlos II de Navarra.

O rei Filipe Augusto faleceu nesta cidade o 14 de xullo de 1223. E o 22 de xullo de 1361 naceu nela o rei Carlos III de Navarra.

Á morte de Henrique III, Mantes foi partidaria da Santa Liga de París, pero foi tomada por Henrique IV, quen instalou o seu cuartel xeral á espera da conquista de París, que tivo lugar o 22 de marzo de 1594. Ademais, este rei visitaba regularmente a cidade, xa que nela vivía unha das súas amantes, Gabrielle d'Estrées.

A idade dourada da cidade chegou ao seu fin cando o seu recurso principal, o viño, deixou de venderse caro.

A súa posición estratéxica durante a segunda guerra mundial, ao ser un nexo entre Normandía e a Illa de Francia, converteu a cidade de Mantes nun obxectivo estratéxico. O 13 de xuño de 1940, a Wehrmacht ocupou a cidade. No transcurso da guerra foi bombardeada desde o aire en máis de cincuenta ocasións, especialmente o 30 de maio de 1944. Este ataque aéreo das forzas aliadas reduciu a cascallos gran parte do centro histórico da cidade aínda que, milagrosamente, a catedral de la Collégiale quedou intacta. A cidade foi liberada polo III Exército estadounidense de Patton o 19 de agosto de 1944, pero as consecuencias da recente incursión aérea foron catastróficas, xa que se contan por centenares as vítimas civís que pereceron a causa do bombardeo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.