Condado de Namur
O condado de Namur era un feudo do Sacro Imperio Romanoxermánico, situado entre o principado de Liexa, o ducado de Brabante e o condado de Hainaut. As principais cidades foron Namur, Charleroi, Givet, Bouvines, Marienbourg e Fleurus.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Namur | |||
Poboación | ||||
Relixión | Igrexa católica | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 981 | |||
Disolución | 1795 | |||
Sucedido por | Primeira República Francesa | |||
Historia
editarO primeiro conde mencionado é Berengario de Lomme que gobernou en Namur ao redor de 899 e durante nada menos que 32 anos do século X. En 1189 pasou á casa de Hainaut unida á de Flandres. En 1212 entrou o primeiro conde da casa Courtenay. En 1238 foi ocupado por Francia. Volveu á casa de Flandres e Hainaut en 1257.
Para os asuntos relixiosos, o condado dependía do bispo de Liexa, a pesar de ser gobernado polo conde. Esta confusa situación alimentaba a miúdo as veleidades do príncipe-bispo de anexionar o condado. Ao comezo do reinado de Xoán VIII de Heinsberg enfrontáronse milicias de Liexa e Namur. En 1421[1], o conde Xoán III vendeu o condado a Filipe III de Borgoña o Bo. En 1429, Filipe III atribuíuse o título de conde de Namur. Heinsberg e as milicias atacaron Namur pero tiveron que se inclinar ante a superioridade militar dos borgoñóns. Filipe III integrou o condado nas dezasete provincias. Despois de 1549 converteuse nun dos Países Baixos españois e desde 1713 austríacos. Entre 1659 e 1678 Francia conquistou a parte sur coas cidades de Charleroi, Givet, Bouvines e Marienbourg. En 1795, Francia anexionou o resto do territorio e creou o Departamento de Sambre e Mosa.
Despois do Congreso de Viena e do Tratado de París (1815) integrouse no Reino Unido dos Países Baixos e en 1830 en Bélxica. Os dous estados mantiveron a división administrativa francesa, malia cambiar o nome en provincia de Namur. O territorio da provincia non coincide co do antigo condado.
Lista de condes e marqueses
editarCasa de Namur
editar- Roberto I 932-974, parente do anterior.
- Alberte I 974-1011, fillo do anterior.
- Roberto II 1011-1018, fillo do anterior.
- Alberte II 1018-1037, irmán do anterior.
- Alberte III 1037-1105, fillo do anterior.
- Godofredo 1105-1139, fillo do anterior.
- Henrique I ou Henrique o Cego (Henrique IV de Luxemburgo), conde de Luxemburgo, 1139-1196[2].
- Alicia de Namur (irmá) casada con Balduíno IV de Hainaut[3].
Casa de Flandres
editar- Balduíno I de Namur, (Balduíno V de Hainaut) 1189-1195, casado con Margarida I de Flandres.
- Filipe I o Nobre, fillo do anterior. 1195-1212.
- Iolanda de Namur (irmá) 1212-1216, casada con Pedro de Courtenay.
Casa de Courtenay
editar- Filipe II de Courtenay, fillo do anterior. 1216-1226.
- Henrique II de Namur ou Henrique de Courtenay, (irmán do anterior) 1226-1229.
- Margarida de Namur, (irmá do anterior) 1229-1237.
- Balduíno II de Namur ou Balduíno II de Courtenay, emperador, 1237-1238 (irmán do anterior).
- Henrique III, (Henrique V de Luxemburgo) (neto de Henrique I) 1256-1265. Toma o condado pola forza.
Casa de Dampierre
editar- Guido I de Namur (Guido I de Flandres ou Guido de Dampierre), 1265-1297. Comprou o condado do seu curmán Balduíno II e loitou contra Henrique III
- Xoán I de Namur 1297-1331[4].
- Xoán II de Namur, fillo do anterior. 1331-1335.
- Guido II de Namur (irmán) 1335-1336.
- Filipe III de Namur (irmán) 1336-1337.
- Guillerme I de Namur o Rico, fillo do anterior. 1337-1391.
- Guillerme II de Namur, fillo do anterior. 1391-1418.
- Xoán III de Namur (irmán) 1418-1430, vendeuno.
Casa de Borgoña
editar- Filipe IV de Namur (Filipe III de Borgoña), 1430-1467.
- Carlos o Temerario, Duque de Borgoña, Duque de Brabante, Duque de Luxemburgo, Duque de Limburgo, Duque de Lothier, Conde de Zutphen, Artois, Borgoña, Charollais, Flandres, Hainaut, Holanda, Macon e Celandia e marqués de Namur 1467-1477.
- María de Borgoña, casada con Maximiliano I de Austria, herdeira de Carlos o Temerario, 1477-1482.
Xenealoxía
editarA rama de Filipe o Nobre e a súa irmá, Iolanda de Namur, extinguiuse á seguinte xeración e o emperador Balduíno II, o último representante da liñaxe, conseguiu o título; En 1248 volveu ao Sacro Imperio Romano-Xermánico, e pouco despois, en 1257, o Namur regresou á rama maior (Flandres e Hainaut).
- Balduíno IX de Flandres (emperador latino Balduíno I), conde de Flandres e Hainaut 1195-1205, emperador 1204-1205.
- Xoana de Flandres, condesa de Flandres e Hainaut 1206-1244, casada con Fernando de Portugal, e con Tomé de Savoia.
- Margarida II de Flandres, condesa 1244-1280, casada con Guillerme de Dampierre.
- Guido de Dampierre, conde de Flandres e Hainaut 1280-1305 (asociado 1255-1280).
- Roberto III de Dampierre, conde de Flandres e Hainaut 1305-1322.
- Luís, conde de Nevers e Rethel.
- Lois I de Flandres > Condes de Flandres, Hainaut, Nevers e Rethel.
- Luís, conde de Nevers e Rethel.
- Xoán I de Namur 1257-1331.
- Xoán II de Namur 1331-1335.
- Guido I de Namur 1335-1336.
- Filipe III de Namur 1336-1337.
- Guillerme I de Namur, O Rico 1337-1391.
- Guillerme II de Namur 1391-1418.
- Xoán III de Namur 1418-1421.
- Guillerme I de Namur, O Rico 1337-1391.
- Roberto III de Dampierre, conde de Flandres e Hainaut 1305-1322.
- Guido de Dampierre, conde de Flandres e Hainaut 1280-1305 (asociado 1255-1280).
- Henrique I de Flandres, rexente de Flandres (1195-1216) e emperador latino (1205-1216).
- Filipe I o Nobre, conde de Namur 1195-1212.
- Iolanda de Namur, condesa de Namur 1212-1216, casada con Pedro I de Courtenay.
- Filipe II de Courtenay 1216-1226.
- Henrique de Courtenay (ou Henrique I de Namur) 1226-1228.
- Roberto de Courtenay (morto en 1228).
- Margarida Sibila, 1228-1337.
- Balduíno II de Courtenay, emperador latino 1228-1261, conde de Namur 1237-1238 (ocupación francesa de 1238).
Notas
editar- ↑ Jean Janssen, Sous la crosse…!, évolution socio-politique, économique et culturelle du pays de Liège, des origines à 1789, Bruxelles, L'élite, 2000, pàgines 77-78
- ↑ Henrique I era fillo de Ermesenda de Luxemburgo e neto de Conrado I de Luxemburg; cando morreu o seu curmán Conrado II de Luxemburg, o emperador concedeulle este condado en 1136: tamén herdou os condados de La Roche e de Durbuy.
- ↑ En 1172 Henrique I prometeu a herdanza do condado á súa irmá Alicia e ao fillo desta, Balduíno, pero despois vaise desdicir; finalmente Alicia herdou nominalmente o condado de Namur do seu irmán Henrique IV de Luxemburgo o Cego, que non tiña descendentes masculinos, en 1189, despois dun arranxo polo cal unha filla, Ermesenda, recibiría os condados de La Roche e Durbuy, e Luxemburgo volvería ao Imperio, pero Namur era recoñecido a Balduíno por dereito materno.
- ↑ Polo seu parentesco véxase a xenealoxía.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Louis Charles Dezobry e Théodore Bachelet, Dictionnaire de Biographie et d'Histoire, París, 1863 s.u..
- Léon Vanderkindere: La formation territoriale des principautés belges, 2 tomos, Bruxelas 1909.
- Rousseau (editor.): Actes des comtes de Namur, 1936-.
- E. Brouette: Introduction aux études historiques, archéologiques et folkloriques du Namurois, Namur 1947.
- J. Balon: La maison de Namur sur la scène de la grand histoire, Namur 1950.
- Genicot: Le Namurois politique, 1964.
- Hermann Grote: Stammtafeln, Leipzig 1877.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Condado de Namur |