Condado de Holanda

O Condado de Holanda (en neerlandés Graafschap Holland) foi un antigo condado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico que se estableceu no século X. En 1433 foi adquirido por Filipe o Bo, a así foi integrado nos Países Baixos borgoñóns, e despois nos Países Baixos españois, extinguíndose en 1573.

Modelo:Xeografía políticaCondado de Holanda

Lema«"Vigilate Deo confidentes"» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°09′48″N 4°32′12″L / 52.16325, 4.53678
Estado desaparecidoSacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor en Wikidata
CapitalA Haia
Ámsterdam Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialLingua frisoa
lingua neerlandesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación880 Editar o valor en Wikidata
Disolución1795 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porDelf Department (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Até o século IX, os habitantes do territorio holandés eran de procedencia frisoa, e a zona era parte de Frisia.

A finais do século IX, Holanda converteuse nun condado do Sacro Imperio Romano Xermánico.

O primeiro conde de Holanda que se coñece con certeza foi Teodorico I, que reinou desde 896 até 931. Foi sucedido por unha longa lista de condes holandeses, que até o ano 1101 coñecéronse como condes de Frisia.

Cando o conde Xoán I morreu sen descendencia en 1299, o condado foi herdado por Xoán II de Avesnes, conde de Hainaut.

Na época de Guillerme V (da Casa de Wittelsbach, 1354–1388), o conde de Holanda tamén foi o conde de Hainaut e de Zelandia.

Máis tarde, diversos enfrontamentos armados tiveron lugar até que Jacqueline I, condesa de Hainaut, se viu obrigada a ceder todas as súas posesións, incluíndo Holanda, ao seu primo Filipe III de Borgoña, coñecido como Filipe o Bo, en 1432.

Como consecuencia, Holanda converteuse en parte dos Países Baixos borgoñóns e, máis tarde, en 1477, pasou a formar parte das Dezasete Provincias dos Habsburgo (Países Baixos españois).

No século XVI, o condado converteuse na rexión europea máis densamente urbanizada, coa maioría da poboación vivindo nas grandes urbes.

Nos Países Baixos españois, Holanda era a rexión dominante do norte; a influencia política de Holanda determinou en gran medida o dominio borgoñón sobre a zona.

O último conde de Holanda foi Filipe III, máis coñecido como Filipe II, rei de España. Foi deposto oficialmente en 1581 mediante a Acta de abxuración,[1] pola que xurdiu a República das sete Provincias Unidas dos Países Baixos.

Porén, os monarcas hispánicos conservaron a intitulación de "condes de Holanda" até a paz de Münster, asinada en 1648.

Historia posterior do territorio

editar

Pola Acta de abxuración de 1581, o rei Filipe II de España tivo que conceder a autonomía da República dos Sete Países Baixos Unidos, e o Condado de Holanda, que formaba parte dela como provincia, deixou de existir como estado independente.

Desde entón, o Condado de Holanda foi gobernado por un estatúder designado polos Estados Xerais dos Países Baixos. Oficialmente o Condado de Holanda continuou existindo até 1795, cando o territorio das Sete Provincias foi transformado por Napoleón na República Bátava, república irmá da Primeira República francesa. O territorio do Condado foi dividido en catro departamentos: Amstel, Delft, Texel e Schelde en Maas.

Despois de 1813, Holanda foi novamente unha provincia, esta vez do Reino Unido dos Países Baixos.

En 1840 o territorio foi dividido en dúas partes correspondentes ás actuais provincias neerlandesas de Holanda do Norte (Noord-Holland) e Holanda do Sur (Zuid-Holland).

Soberanos do Condado de Holanda

editar

Os primeiros señores de Holanda que ostentaban o título de conde posuían a Frisia occidental; pero o título de "conde de Holanda" aparece con Teodorico V.

Condes en Frisia occidental

editar

Condes de Holanda

editar
  • 1061-1091: Teodorico V (1052 † 1091), fillo do precedente, inicialmente baixo a rexencia de Roberto o Frisón, toma o título de "conde de Holanda".
    Casado con Otelinda (ca. 1054 † 1124), probabelmente de Saxonia.
  • 1091-1122: Florencio II o Gordo (1085 † 1121), fillo do precedente.
    Casado contra 1113 con Petronila de Lorena (1086 † 1144), filla de Teodorico II, duque de Lorena, e de Edwige de Formbach.
  • 1121 - 1157: Teodorico VI (1114 † 1157), fillo do precedente.
    Casado con Sofía de Luxembourg-Salm (1117 † 1176), herdeira de Bentheim, filla de Otón de Luxembourg-Salm, conde palatino do Rin, conde de Bentheim e de Rheineck, e de Xertrude, señora de Frisia.
 
Armas dos condes de Holanda

Despois de Xoán I, os condes de Hainaut herdan os Condados de Holanda e de Zelandia.

Casa de Avesnes

editar
 

Casa de Wittelsbach

editar
 

Casa de Borgoña

editar
 

Casa de Habsburgo

editar
 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar