Guido I de Flandres

Non confundir con Guido I de Dampierre.

Guido ou Guy de Dampierre, nado sobre 1226 e finado en Compiègne o 7 de marzo de 1305, foi conde de Flandres proclamado en 1253 pola súa nai e fíxose efectivo á morte desta última en 1279 ata 1305. Foi tamén conde de Namur desde 1264 ata 1305. Era o segundo fillo de Guillerme II de Dampierre e Margarida de Constantinopla.

Infotaula de personaGuido I de Flandres

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Gui de Dampierre Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1225 Editar o valor em Wikidata
Champagne, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1305 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Compiègne, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaFlines Abbey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde
Marqués Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Dampierre (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIsabel do Luxemburgo (1265 (Gregoriano)–)
Matilda of Béthune (1246 (Gregoriano)–)
FillosRoberto III de Béthune
 () Matilda of Béthune (en) Traducir
Margaret of Dampierre (en) Traducir
 () Isabel do Luxemburgo (pt) Traducir
Beatrix of Flanders (en) Traducir
 () Isabel do Luxemburgo (pt) Traducir
Isabelle of Flanders (en) Traducir
 () Isabel do Luxemburgo (pt) Traducir
Henry, Count of Lodi (en) Traducir
 () Isabel do Luxemburgo (pt) Traducir
Marie of Dampierre (en) Traducir
 () Matilda of Béthune (en) Traducir
William of Dendermonde (en) Traducir
 () Matilda of Béthune (en) Traducir
Baudoin de Dampierre (en) Traducir
 () Matilda of Béthune (en) Traducir
Filippa van Vlaanderen (pt) Traducir
 () Isabel do Luxemburgo (pt) Traducir
John I, Marquis of Namur (en) Traducir
 () Isabel do Luxemburgo (pt) Traducir
Margarida de Dampierre (pt) Traducir
 () Matilda of Béthune (en) Traducir
Guy of Namur (en) Traducir
 () Isabel do Luxemburgo (pt) Traducir
Filippo de Dampierre
 () Matilda of Béthune (en) Traducir
John of Flanders (en) Traducir
 () Matilda of Béthune (en) Traducir
Beatrice of Flanders (en) Traducir
 () Matilda of Béthune (en) Traducir
Jeanne de Dampierre (en) Traducir
 () Isabel do Luxemburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGuillerme II de Dampierre Editar o valor em Wikidata  e Margarida II, Condessa da Flandres (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJeanne of Dampierre (en) Traducir, John I of Dampierre (en) Traducir, William II, Count of Flanders, Baudoin d'Avesnes (pt) Traducir e João I, Conde de Hainaut (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dampierre-7

Traxectoria editar

A súa mocidade estivo marcada pola loita fratricida entre a casa de Dampierre (el e os seus curmáns) e a casa de Avesnes (os seus irmáns uterinos, maiores) pola posesión dos condados de Flandres e Hainaut. Despois de dez anos de guerra, o compromiso proposto polo rei Lois IX de Francia en 1246 foi aprobado finalmente (1256), pero os conflitos xa costaran tres anos da súa liberdade a Guido, prisioneiro dos calabozos holandeses despois da batalla de Westkapelle, na antiga illa de Walcheren, en xullo de 1253 Guido, proclamado conde pola súa nai Margarida de Constantinopla o mesmo ano, foino efectivamente despois da abdicación desta (1279), morta pouco despois.

En 1263, mercou a Balduíno II de Courtenay os dereitos deste sobre o marquesado de Namur. Henrique V de Luxemburgo conquistara o feudo de Namur e Guido intentou reconquistalo. Finalmente, un tratado de paz reconciliou aos dous inimigos: Guido casou coa filla de Henrique, a quen este último lle cedía todos os seus dereitos sobre Namur.

Acompañou a San Lois a África (1270).

Ao favorecer como os seus antecesores a industria téxtil flamenga e o comercio vital da la con Inglaterra, intentando controlar as finanzas locais, chocou co patriciado urbano, que recibiu cada vez máis apoio directo polos reis de Francia, Filipe III, e logo especialmente Filipe IV. De rebote, o común das cidades foi un fiel aliado de Guido de Dampierre e da súa dinastía.

O intento de casar a súa filla Filipina con Eduardo, fillo do rei de Inglaterra, serviu de pretexto para a intervención militar dos Capetos e para a conquista (batalla de Furnes en 1297) e a ocupación de Flandres por Filipe IV (1300 - 1302), o seu señor feudal.

Guido de Dampierre foi encarcerado. Pero a reacción patriótica dos comúns (os de Bruxas, dirixida principalmente por Pieter de Coninck, co apoio dos numerosos fillos de Guido, expulsou os franceses ("A mañá de Bruxas", venres 18 de maio de 1302). A cabalería francesa foi esmagada pola "piétaille" flamenga en Courtrai (batalla das Esporas de Ouro o 11 de xullo de 1302).

Filipe IV o Fermoso tomou a súa vinganza na batalla de Mons-en-Pévèle (18 de agosto de 1304), pero Guido de Dampierre, liberado, xa deixara a realidade do poder ao seu fillo máis vello Roberto.

Para honrar unha palabra dada, Guido constituíuse de novo como prisioneiro[1] e morreu en catividade en Compiègne (1305).

Balance histórico editar

Vesc de Dampierre deixa a memoria dun conde ancorado no feudalismo, na süa acepción ideal, realista en termos do seu intervencionismo no comercio e na industria, que eran o fundamento da prosperidade do condado, pero incapaz de se opor ao pragmatismo dos Capetos, que xogaban habilmente para a súa vantaxe os principios feudais para ampliaren o seu poder.

Gran guerreiro e modelo de cabaleiro, este conde de Flandres é honrado e aplaudido por Jacques Bretel no seu "Torneo de Chauvency".

Ascendencia editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Guido I de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
8. Guillerme I de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Helvida de Baudémont
 
 
 
 
 
 
 
4. Guido II de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Dreux de Mouchy
 
 
 
 
 
 
 
9. Ermengarda de Mouchy
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19.
 
 
 
 
 
 
 
2. Guillerme II de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Arquimbaldo VII de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
10. Arquimbaldo de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Inés de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
5. Matilde I de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Eudes II de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
11. Alix de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. María de Blois
 
 
 
 
 
 
 
1. Guido de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Balduíno IV de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
12. Balduíno V de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Alix de Namur
 
 
 
 
 
 
 
6. Balduíno VI de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Teodorico de Alsacia
 
 
 
 
 
 
 
13. Margarida de Alsacia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Sibila de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
3. Margarida de Constantinopla
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Teobaldo IV de Blois
 
 
 
 
 
 
 
14. Henrique I de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Matilde de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
7. María de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Lois VII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
15. María de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Leonor de Aquitania
 
 
 
 
 
 

Matrimonios e fillos editar

Casou en 1246 con Matilde de Béthune (m. 1264), filla e herdeira de Roberto VII de Béthune, señor de Béthune, Termonde, Richebourg e Warneton, e Isabel de Morialmez. Tiveron a:

Viúvo, casou en segundas nupcias en 1264 con Isabel de Luxemburgo (m. 1298), filla de Henrique V de Luxemburgo, duque de Luxemburgo e Margarida de Bar. Tiveron a:

Notas editar

  1. Segundo unha fonte do século XIX, o Dictionnaire universel de histoire et de géographie (Bouillet et Chassang), Guido de Dampierre foi a París en 1305 implorar a clemencia do rei, pero Filipe IV retívoo prisioneiro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Le Glay Edward: Histoire des comtes de Flandre jusqu'à l'avènement de la Maison de Bourgogne, Comptoir des Imprimeurs-unis, París, MDCCCXLIII
  • Platelle Henri & Clauzel Denis: Histoire des provinces françaises du Nord, 2. Des principautés à l'empire de Charles Quint (900-1519), Westhoek-Editions Éditions des Beffrois, 1989; ISBN 2-87789-004-X
  • Douxchamps Cécile & José: Nos dynastes médiévaux, Wepion-Namur 1996, José Douxchamps, éditeur; ISBN 2-9600078-1-6

Ligazóns externas editar