Primeiros condes de Blois: De azur, unha banda de prata, flanqueada separada por dúas liñas de ouro.
Condes de Blois da familia Châtillon
Condados de Francia sobre 1030.
Condados de Francia sobre 1180.

O condado de Blois era unha xurisdición feudal de Francia orixinada ao redor de 900. O primeiro vizconde do que temos noticia é Garnegaud, que faleceu no 906. O seu sucesor foi o cabaleiro borgoñón Teobaldo o Vello, que tamén recibiu o Vizcondado de Tours en 908 e en 940 converteuse no conde de Blois e Tours. Morreu en 943 e sucedeuno o seu fillo Teobaldo o Tramposo, que ao redor de 960 ocupou o condado de Chartres. O seu fillo Eudes I foi conde de Blois, Chartes, Tours, Chateaudun, Provins e Reims.

Morreu en 995 e sucedeuno o seu fillo Teobaldo II, morto en 1004. O seu irmán Eudes II engadiu aos seus dominios o condado de Meaux e o condado de Troyes. En 1019 morreu e os dominios foron divididos. A dinastía seguiu en Blois ata que morreu Teobaldo VI, que deixou unha filla, Margarita, que aportou os dominios á casa de Avesnes, pero morreu deixando herdeira á súa filla María, que os aportou á casa de Châtillon, en cuxas mans permaneceron ata 1397 cando foi entregado á casa de Orleans por falta de descendencia.

Lista de condes de BloisEditar

Xenealoxía da primeira dinastía de BloisEditar

 | ->, Vizconde de Blois (†)
X Riquilda de Bourges, tamén coñecida como Riquilda do Maine (+ despois do 942)
|
| -> Ricardo, arcebispo de Bourges (†)
| ->, Conde de Blois, de Chartres, e de Châteaudun († aproximadamente)
| X Lietgarda de Vermandois
| |
| | -> Tibaldo († 962 )
| | -> Hugo, arcebispo de Bourges (969 † 985 )
| | -> Eudes ou Odón  I, Conde de Blois, Chartres, Chateaudun, Provins e Reims († 996 )
| | X Berta de Borgoña
| | |
| | | -> Tibaldo II, conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Provins e Reims († 1004 )
| | | -> Eudes ou Odón II, conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Provins e Reims, consorte de Meaux-Champagne († 1037 )
| | | X Matilde de Normandía
| | | X Ermengarda de Auvernia
| | | -> Agnes
| | X Godofredo II, vizconde de Thouars
| |
| | -> Emma de Blois
| X Guillerme Brazo de Ferro, conde de Poitiers
|
| -> NN.
X 1 Alan II da Bretaña, chamado Barba Torta
X 2 Fulque II o Bo († 958), conde de Anjou

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar