Henrique I de Champaña

Henrique I de Champaña, finado o 17 de marzo de 1181, coñecido como o liberal, foi conde de Champaña (1152 - 1181).

Henrique I de Champaña
Henry I of Champagne.jpg
Nacementodecembro de 1127
 Vitry-en-Perthois
Falecemento16 de marzo de 1181
 Troyes
SoterradoSaint-Étienne (Troyes)
Ocupaciónaristócrata
PaiTeobaldo IV de Blois
NaiMatilda of Carinthia
CónxuxeMaría de Francia, condesa de Champagne
FillosHenrique II de Jerusalém, Scholastique of Champagne, Maria de Champanhe e Teobaldo III de Champaña
IrmánsAdela de Champaña, Agnes of Blois, Matilda of Champagne, Marie of Champagne, Teobaldo V, Conde de Blois, Stephen I of Sancerre e Guillaume aux Blanches Mains
editar datos en Wikidata ]
Selo de Henrique I de Champaña.
Recreación do selo de Henrique I de Champaña.
Recreación do escudo de Henrique I de Champaña.

TraxectoriaEditar

Orixes familiaresEditar

Era o fillo maior do conde Teobaldo II de Champaña (tamén chamado Teobaldo IV de Blois) e Matilda de Carintia.

Matrimonio e descendenciaEditar

En 1164 casou con María de Francia, filla de Luís VII de Francia e de Leonor de Aquitania. Tiveron catro fillos:

Segunda CruzadaEditar

Henrique participou na Segunda Cruzada baixo a dirección de Luís VII de Francia. Levaba unha carta de recomendación de Bernardo de Claraval dirixida a Manuel I Comneno, emperador bizantino, que figura entre os notables presentes na asemblea celebrada por Balduíno III de Xerusalén en Acre o 24 de xuño de 1148.

ChampañaEditar

Á morte do seu pai, Henrique optou por tomar soo a Champaña, deixando aos seus irmáns máis novos as outras posesións da familia (incluídas Blois, Chartres, Sancerre e Châteaudun). No momento parecía sorprendente, xa que os demais territorios eran máis ricos e desenvolvidos, pero Henrique debeu prever as posibilidades de Champaña e durante o seu goberno o condado converteuse nun dos máis ricos e poderosos dos principados franceses. Henrique estableceu a orde no goberno sobre os baróns de Champaña, e puido contar coa lealdade de 2.000 vasalos, feito que o converteu nun dos señores feudais máis poderosos de Francia. Logrou esta orde e poder convertendo a Champaña nun lugar seguro para reunir os comerciantes e baixo a súa protección creáronse as feiras de Champaña, convertendo este territorio nunha das prazas para o comercio de longa distancia e das finanzas máis importantes da Idade Media en Europa. A capital de Champaña en Troyes converteuse tamén nun recoñecido centro literario.

En Xerusalén, captura e morteEditar

En 1179 Henrique volveu a Xerusalén cun grupo de cabaleiros franceses, incluíndo os seus parentes Pedro de Courtenay -irmán de Luís VII- e Filipe de Dreux, bispo de Beauvais. Henrique volveu a Europa por vía terrestre a través de Asia Menor, pero foi capturado e mantido como refén por Kilidj Arslan II, o sultán dos selxúcidas de Rüm. O emperador bizantino pagou o rescate e Henrique foi liberado, pero morreu ao pouco tempo. Foi sucedido polo seu fillo maior Henrique II de Champaña.

Véxase taménEditar