Condado de Châteaudun

xurisdición feudal de Francia

O condado de Châteaudun era unha xurisdición feudal de Francia centrada en Châteaudun (castelo de Dun) ao suroeste de París na actual rexión do Centro. O territorio foi chamado Dunois polo castelo de Dun.

Os primeiros señores ou vizcondes aparecen na época dos carolinxios; sobre o 840 Eudes II de Troyes (irmán do robertiano Roberto Porte-Carquoisque que foi conde de Troyes e morreu no 886) tiña moitas posesións no Dunois e o castelo de Dun (despois Châteaudun) e era denominado erroneamente conde de Châteaudun. Ao redor do 860 menciónase a un tal Rampo como señor do castelo. En 877 aparece un nobre chamado Lamberto como señor de Dunois. En 956 Teobaldo I, conde de Blois, chamado o Tramposo, probablemente un rorgónida, ocupou Chartres e Châteaudun, co apoio do rei Lotario I de Francia, que quería debilitar a Hugo Capeto, daquela duque de Francia. Teobaldo considerou o país de Dun como un condado e deixou vizcondes en Châteaudun baixo a súa autoridade. Xurdiu entón o vizcondado de Châteaudun como unha das xurisdicións señoriais do país (condado nominal) de Châteaudun ou Dunois, feudatarios dos condes de Blois. A xurisdición do condado era todo o país de Dunois, pero os bens condais no territorio eran reducidos e a maior parte do país estaba estaba enfeudada a varios señores, dos que os vizcondes foron os primeiros en rango.

Os condados de Blois, Chartres e Châteaudun pasaron á casa de Châtillon que os posuíu ata 1391 cando Guido de Châtillon lle vendeu a súa propiedade a Luís I de Orleáns. Na mesma época, o último vizconde tamén vendeu o dominio vizcondal a Luís I de Orleáns. Cos dominios adquiridos formouse o Condado de Dunois.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Settipani, Christian (2000). "Les vicomtes de Châteaudun et leurs alliés". En Settipani, Christian; Keats-Rohan, Katherine S.B. Onomastique et Parenté dans l'Occident médiéval, Prosopographica et genealogica (en francés). Oxford: Linacre College, Unit for Prosopographical Research. ISBN 1-900934-01-9.