Condado de Chartres

artigo de listas da Wikimedia

O condado de Chartres foi unha xurisdición feudal de Francia centrada en Chartres.

Condados de Francia contra 1030.
Condados de Francia contra 1180.

Existiu en tempos dos carolinxios, xa que a cidade de Chartres tiña bispo (e todas as cidades con bispo tiñan conde) pero a mediados do século IX caeu en mans dos normandos. En 879 dominaba a zona un xefe normando chamadoHasting, que foi derrotado nese ano por Carlomán II e finalmente no 882 estableceuse como Conde de Chartres a cambio da paz. Vendeu o condado en 886 ou 892 para financiar unha expedición a Inglaterra na que desapareceu. Non se dispón de máis información ata 956 cando Teobaldo II era vizconde de Blois, quen se denominou Teobaldo I conde de Blois, Chartes e Châteaudun; a dinastía de Blois instalou vizcondes en Chartres, que aparecen desde 1019. A xurisdición do condado era un territorio definido con diversos señores feudais, mentres que a xurisdición dun vizcondado era sensibelmente máis reducida, sendo porén un dos principais señoríos do condado e o de maior rango.

Lista de condes de Chartres editar

Dinastía de Blois editar

Dinastía de Châtillon editar

Condes e duques por asignación real editar

Algúns príncipes de sangue real levarían o título:

Xenealoxía da primeira dinastía de Blois editar

 | ->, Vizconde de Blois (-)
X Riquilda de Bourges, tamén coñecida como Riquilda do Maine (m. despois do 942).
|
| -> Ricardo, arcebispo de (-).
| ->, conde de Blois, de Chartres, e de Châteaudun (- sobre)
| X Lietgarda de Vermandois.
| |
| | -> Teobaldo (- 962).
| | -> Hugo, arcebispo de Bourges (969 - 985).
| | -> Eudes I, Conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Provins e Reims (- 996).
| | X Berta de Borgoña.
| | |
| | | -> Teobaldo III, conde de Blois, de Chartres, de Châteaudun, de Provins e Reims (- 1004).
| | | -> Eudes II, conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Provins e Reims, consorte de Meaux-Champagne (- 1037).
| | | X Matilde de Normandía.
| | | X Ermengarda de Auvernia.
| | | -> Agnes
| | X Godofredo II, Vizconde de Thouars.
| |
| | -> Emma de Blois
| X Guillerme Brazo de Ferro, conde de Poitiers.
|
| -> NN.
 X 1 Alan II da Bretaña, chamado Barba Torta.
X 2 Folque II o Bo (- 958), conde de Anjou.