Teobaldo III de Blois

aristócrata francés

Teobaldo III de Blois, nado en 1012 e finado en 1089, foi conde de Blois, Meaux e Troyes. Era fillo de Eudes II de Blois e Ermengarda de Auvernia.

Modelo:BiografíaTeobaldo III de Blois
Nome orixinal(fr) Thibaud III de Blois Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1012 Editar o valor en Wikidata
Morte30 de setembro de 1089 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Épernay, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaÉpernay Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCount of Blois, Châteaudun and Chartres (en) Traducir (1037–1089) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Blois (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGersende de Maine
Adela de Valois Editar o valor en Wikidata
FillosHavise de Guingamp
 () Adela de Valois
Estevo II de Blois
 () Gersende de Maine
Philip of Champagne
 () Adela de Valois
Odo III, Count of Champagne
 () Adela de Valois
Hugues de Champagne
 () Adela de Valois Editar o valor en Wikidata
PaisOdón II de Blois Editar o valor en Wikidata  e Ermengarde d'Auvergne Editar o valor en Wikidata
IrmánsStephen II of Troyes
Bertha of Blois Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Blois-14
Escudo do condado de Blois.

Traxectoria

editar

Teobaldo herdou, entre outros, os condados de Blois, Tours, Chartres, Châteaudun e Sancerre, e na Champaña Château-Thierry, Provins e Saint Florentin. O seu irmán Estevo herdou os condados de Meaux, Troyes e Vitry-le-François.

Teobaldo conspirou contra Henrique I, pero foi derrotado en 1044 e tivo que entregar o condado de Tours para recuperar a súa liberdade. A partir de entón, a sede principal da Casa de Blois pasou á Champaña. Teobaldo logrou gañar de novo a confianza real e recuperar a súa influencia. Foi nomeado conde palatino, título que xa conseguira o seu pai, e usou a influencia recuperada para facerse co control da terra que o seu irmán herdara na Champaña e agora eran gobernadas polo seu sobriño Eudes de Champaña. Eudes uniuse máis tarde ao exército de Guillerme I de Inglaterra, participando en Hastings e na posterior ocupación normanda de Inglaterra, converténdose en conde de Aumale e Holderness e casando cunha irmá de Guillerme.

A posición de Teobaldo era considerabelmente poderosa e foi fortalecida anda mis co seu casamento coa filla de Raúl de Valois. A partir de 1074 deixou ao seu fillo Estevo II o control de Blois, Châteaudun e Chartres.

Descendencia

editar

Coa súa primeira muller, Xersenda do Maine, filla de Herberto I de Maine, conde de Maine, tivo un fillo: Estevo II de Blois.

Do seu matrimonio con Alix de Crepy, filla de Raúl II de Valois e Adelaida de Bar, naceron tres fillos: Filipe, bispo de Châlons-sur-Marne, Eudes, que herdou posesións na Champaña, en Troyes, e Hugo I de Champaña, primeiro conde da Champaña.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bouchard, Constance Brittain (2004). "The Kingdom of the Franks to 1108". En Luscombe, David; Riley-Smith, Jonathan. The New Cambridge Medieval History. Vol. 4, Part 2. Cambridge University Press. 
  • Bradbury, Jim (1992). The Medieval Siege. The Boydell Press. 
  • Evergates, Theodore, ed. (1999). Aristocratic Women in Medieval France. University of Pennsylvania Press. 
  • Evergates, Theodore (2007). The Aristocracy in the County of Champagne, 1100-1300. University of Pennsylvania Press. 
  • Morin, Stéphane (2010). Trégor, Goëlo, Penthièvre. Le pouvoir des Comtes de Bretagne du XIIe au XIIIe siècle (en French). Presses Universitaires de Rennes. 
  • Weinfurter, Stefan (1999). The Salian Century: Main Currents in an Age of Transition. University of Pennsylvania Press.