Teobaldo I de Blois
Teobaldo I de Blois o Tramposo (en francés Thibaut le Trincheur)[1], nado ao redor de 910 e finado o 16 de xaneiro de 975/977, foi Conde de Blois, de Chartres, Vizconde de Tours, conde soberano de Châteaudun, señor de Vierzon e Sancerre, de Chinon, de Saumur, de Beaugency e de Provins (señoría chamada a miúdo condado de Provins).
Nome orixinal | (fr) Thibaud Ier de Blois |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 910 (Gregoriano) |
Morte | 16 de xaneiro de 975 (Gregoriano) (64/65 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Blois |
Cónxuxe | Luitgarda de Vermandois (943 (Gregoriano)–) |
Fillos | Hildegarde de Blois, Thibaud de Blois, Hugh of Blois, Emma of Blois, Odón I de Blois |
Pais | Theobald the Elder of Blois e Richilde de Bourges |
Irmáns | Richard de Blois Adelaide of Blois |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarXenealoxía
editarFillo de Teobaldo o Vello ou o Antigo, Vizconde de Tours, e de Riquilda, casou arredor de 943/944 con Luitgarda de Vermandois, filla de Heriberto II de Vermandois e recente viúva de Guillerme Espada Longa, duque de Normandía, co que tivo a:
- Teobaldo (m. 960/962).
- Hugo (m. 986), arcebispo de Bourges.
- Odón I de Blois, († 995), conde de Blois.
- Hildegarda, muller de Bouchard de Bray, señor de Montmorency.
- Emma de Blois, esposa de Guillerme IV de Poitiers, conde de Poitiers.
A súa muller aportoulle como dote o señorío (chamado condado) de Provins e permitiu aos seus descendentes a sucesión no condado de Champaña.
Cando morreu no 952 o seu cuñado, o duque da Bretaña Alan II, que era o marido da súa irmá, exerceu a rexencia do ducado durante a minoría do seu sobriño Drogón, creando unha zona de influencia no condado de Rennes.
Reinado
editarInicialmente Teobaldo foi un dos vasalos de Hugo o Grande, duque dos francos, un dos homes máis poderosos do reino, gobernador da marca de Neustria que desafiou aos últimos reis carolinxios. Ao redor do 945 Hugo encargoulle que gardase ao rei Lois IV de Francia a quen acababa de tomar como prisioneiro. A cambio da liberdade que tivo que devolver ao rei despois dun ano de catividade, Hugo o Grande encomendoulle a cidade de Laon.
Aproveitando a morte en 956 do duque dos francos e da minoría do seu fillo Hugo Capeto, Teobaldo emancipouse do seu señor feudal, e titulouse desde 960 conde de Blois e de Tours e aumentou os seus dominios ocupando Chartres. e Châteaudun.
Máis tarde casou en segundas nupcias a súa irmá co conde de Anjou Folque II o Bo. En 958, durante unha reunión con Folque de Anjou, no país de Véron (rexión entre Chinon e Bourgueil), os dous homes describíronse a si mesmos como "gobernador e administrador do Reino de Neustria e "condes pola graza de Deus".
Na década de 960 asociouse co rei Lotario, fillo de Lois I de Francia (Lois de Ultramar), contra o seu señor feudal Hugo Capeto, e non tardou en opoñerse a Ricardo I de Normandía. En 961, invadiu o condado de Évreux. En reacción, os normandos atacaron o Dunois. En 962 lanzou unha poderosa expedición contra Rouen, que fracasou; en represalia, os normandos penetraron en Chartrain e queimaron Chartres.
Durante a súa vida asegurou o control das fortalezas de Saint-Aignan, de Vierzon, así como quizais a de La Chapelle-d'Angillon, no Berry. Durante a minoría de Hugo Capeto, reforzou as defensas de Chartres e Châteaudun e en 960 construíu a fortaleza de Saumur. O seu principado fíxose bastante poderoso no val do Loira, para molestar a Hugo Capeto, que considerou necesario aliarse co conde de Anjou.
O seu irmán Ricardo foi arcebispo de Bourges (Ricardo I de Blois 955-969).
Morreu un 16 de xaneiro, pero non se sabe se foi en 975, 976, 977 ou mesmo 978.
Notas
editar- ↑ Xenealoxía de Teobaldo o Tramposo en Medieval Lands
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Frédéric, Lesueur (1963). Thibaud le Tricheur, Comte de Blois de Tours et de Chartres au Xe s. 33. Blois: Mémoires de la Société Sciences et Lettres de Loir-et-Cher.
- M. Lot, Les Derniens Carolingiens, appendice VIII, pp. 346-357.
- Yves, Sassier (1987). Hugues Capet. Naissance d'une dynastie. Paris: Fayard. ISBN 2-213-01919-3..
- Régine, Le Jan (1995). Famille et pouvoir dans le monde franc (VIIe-Xe siècle). Publications de la Sorbonne. p. 571. ISBN 9782859442682.
- Pierre, Aubé (29 de outubro). Saint Bernard de Clairvaux. Paris: Fayard. p. 736. ISBN 9782213649009.