Condado de Évreux

O Condado de Évreux, creado no século XI, e á fronte do cal estaba un conde (comes Ebroicencis),[1] era unha parte do Ducado de Normandía, que tiña por capital a cidade de Évreux.

Mapa de Normandía no século XII.
O Condado de Évreux ocupaba a parte suroriental do Ducado de Normandía, ao redor da cidade de Évreux. Chegaba polo leste até o río Sena, na confluencia co Eure, e polo oeste incluía a cidade de Breteuil.

Separado do dominio real capetiano en 1200, xurdiu para formar unha apanaxe.

O título foi sucesivamente utilizado pola Casa de Normandía, a Casa de Montfort-l'Amaury, a Casa de Évreux, e a Casa de La-Tour de Auvernia.

O título é usado hoxe polo príncipe Miguel de Orleáns, fillo de Henrique de Orleáns, conde de París, e irmán de Henrique, o actual xefe da Casa de Orleáns, pretendente ao trono francés.

Orixes

editar

Na primeira metade do século XI, os duques de Normandía estableceron varios condados, xeralmente nas fronteiras.[2]

O arcebispo de Rouen Roberto o Danés (morto en 1037), fillo de Ricardo I, jarl de Normandía,[3] parece que foi o primeiro conde de Évreux, aínda que en ningún documento non se lle dá este título. Pola contra, seu fillo Ricardo aparece citado con este título desde 1038.[2]

En 1118, á morte do conde Guillerme de Évreux, neto de Roberto o Danés, o duque de Normandía e rei de Inglaterra Henrique I apodérase do Condado aproveitándose do feito de que finado titular non tiña fillos vivos.[2]

Pero Amaury III de Montfort (tamén coñecido como Amalarico III de Monfort), xenro de Guillerme e señor da Illa de Francia, reclamou a herdanza e logrou dobregar o duque-rei en 1119. Moitas abadías foron fundadas, especialmente en 1144 a abadía de la Noë.[4] A familia de Montfort conservou o Condado até o ano 1199, data na que o rei de Francia Filipe II o conquistou.[5]. O 22 de maio de 1200, o tratado de Goulet sancionou a perda definitiva do condado, sendo Amaury VI (Amalarico VI) o último conde da familia Montfort.

Baixo os duques de Normandía, a base terriorial dos condes de Évreux era moi dispersa. Os principais dominios encontrábanse en Évreux, nos arredores inmediatos da cidade (Gravigny, Arnières-sur-Iton, bosque de Évreux), na chaira de Neubourg e na meseta de Madrie. As posesións dos condes, porén, ían máis alá do marco de Évrecin, que se estende sobre a beira dereita do Sena (bosques do Trait e de Gravenchon) e ao redor dos pantanos do río Dives. As contornas de Pacy, de Ivry e de Saint-André non formban parte do Condado. O poder condal apoiábase en varios castelos (Évreux, Gracias, Noyon-en-Andelle, Gaillon, Avrilly, Gravenchon, Maulévrier, Le Trait, Varaville e outros.[2]

O Condado de Évreux desde 1200: unha apanaxe

editar

Pasado a formar parte do dominio real o 22 de maio de 1200 polo tratado de Goulet, o Condado foi cedido en apanaxe polo rei Filipe III ao seu fillo Lois de Francia (máis coñecido como Lois de Évreux) en 1298. Permaneceu en poder dos príncipes capetos da Casa de Évreux durante tres xeraciós. Filipe de Évreux e o seu neto, Carlos o Malo, rei de Navarra (1332-1387), trataron de facer del un principado capaz de rivalizar co rei de Francia[6] A cidade de Évreux contaba cunha Cámara de contas e un Exchequer desde 1329 que quere ser, e actúa, como un Tribunal soberano. Despois dunha enésima tentativa de alianza co rei de Inglaterra, Carlos o Malo perdeu definitivamente o Condado de Évreux en 1378, conquistado polos exércitos de Carlos V o Sabio. En 1412, o fillo de Carlos o Malo, o rei Carlos III de Navarra, renunciou ás súas pretensións en Normandía.

En 1316, e de novo en 1427, o Condado de Évreux foi erixido en Condado-Par de Francia.

O Condado no século XVII

editar

En 1651, o Condado de Évreux pasou á Casa de La Tour de Auvernia. Por razóns estratéxicas, Federico Mauric de La Tour de Auvernia, duque de Bouillon, debeu renunciar ao principado de Sedán e ás súas posesións fronteirizas en proveito de Lois XIV; en compensación, o rei cedeulle o Condado de Évreux así como os Ducados de Albret e de Château-Thierry.

Lista dos condes de Évreux

editar

Casa de Normandía

editar

Casa de Montfort-l'Amaury

editar
 
Amaury III et Simon III
 
Amaury IV et Amaury V

1195: Amaury VI de Montfort é desposuído do Condado polo rei de Francia Filipe Augusto, que o cedeu ao rei de Inglaterra Xoán sen Terra, e despois o recuperou, antes de obter en 1200 a cesión por Amaury V de todas as súas posesións.

Casa de Évreux (rama da Casa dos Capetos)

editar
 
Armas dos condes capetos de Évreux

O Condado foi incorporado ao dominio real desde 1200 a 1298, cando o rei de Francia Filipe IV o Fermoso llo concedeu en apanaxe ao seu irmán Lois.

Este foi o final do Condado de Évreux, o cal foi porén temporalmente recreado en 1427 en favor de Xoán Stuart de Darnley morto na Batalla dos arenques, en 1441, por Pedro de Brézé.

Casa de Stewart

editar

O Condado foi recreado, en 1569, brevemente, polo rei de Francia Carlos IX, en favor do seu irmán Francisco, duque de Anjou e de Alençon, baixo a forma de Ducado-Par de Francia, xesto que foi renovado polo seu irmán Henrique III de Francia en 1574. A morte do duque de Alençon en 1584 semella que o título foi definitivamente extinguido.

Casa de La Tour d'Auvergne

editar

Porén, o título de conde de Évreux foi levado máis tarde por membros da familia de la Tour d'Auvergne, especialmente por:

 
Armas de Miguel de Orleáns, conde de Évreux.[7]

Título de cortesía

editar

O título é usado hoxe polo príncipe Miguel de Orleáns (nado en 1941), fillo de Henrique de Orleáns, conde de París, e irmán de Henrique, o actual xefe da Casa de Orleáns, e pretendente ao trono francés.

Segundo o seu biógrafo, Philippe de Montjouvent, seu pai concedeulle a Henrique o título de "conde de Évreux", que el leva despois; tamén definiu o seu escudo de armas.[8], fillo de Henrique de Orleáns, "conde de París".

  1. Rhein, André (1911): "La seigneurie de Montfort en Iveline depuis son origine jusqu'à son union au duché de Bretagne (Xe-XIVe siècle)". Société archéologique de Rambouillet, Volume 72, nº 1, pp. 111-113.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Baudin 2004.
  3. Jarl (pl. Jarlar) é, nas linguas nórdicas, o equivalente ao título de conde ou de duque; o inglés earl, palabra herdada dos escandinavos, adoptouse na Corte inglesa. Ver: María Pilar Fernández Álvarez, Teodoro & Manrique Antón (2002): Antología de la literatura nórdica antigua (edición bilingüe). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 8-4780-0753-9, p. 364.
  4. Le Brasseur 1722.
  5. Neveux 1988, p. 560.
  6. Charon, Philippe (2014): Princes et principautés au Moyen Âge, L’exemple de la principauté d’Évreux (1298-1412). École nationale des chartes, col. Mémoires et documents de l’École des chartes. ISBN 978-2-3572-3036-1.
  7. Este é o escudo oficial actual da cidade de Évreux.
  8. Philippe de Montjouvent (1998): "Le prince Michel de France", pp. 307-324 en Le comte de Paris et sa descendance. Paris: Du Chaney Eds. ISBN 2-9132-1100-3.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar