A Casa de Évreux foi unha familia nobre francesa, unha rama menor da dinastía dos Capetos, que floreceu desde principios do século XIV até mediados do século XV.

Brasón dos Évreux.

Esta rama capetiana gobernou o Reino de Navarra.

Nacemento da dinastía de Évreux

editar

Á morte do rei Carlos I de Navarra e IV de Francia, sucedeuno no trono francés Filipe VI de Valois. Os dirixentes navarros, ao decatárense do baleiro de poder, uníronse para encontrar un rei que non estivese vinculado a Francia.

Reunidos os estamentos que representaban o Reino, por unanimidade, elixiron o 13 de marzo de 1328 a Xoana, filla de Lois o Obstinado, e ao seu esposo Filipe III, conde de Évreux, tratando así que a coroa navarra se desvinculara da francesa, aínda que estes foran franceses de nacemento. Con todo, os novos monarcas decidiron manter a súa residencia na Corte parisiense e delegar a autoridade en gobernadores franceses.

No seu reinado, consolidaron as Cortes os Tres Estados, formadas polo clero, a nobreza e a burguesía. Ademais protexeron a burguesía urbana antes que a pequena nobreza e os infanzóns. Por outra parte, tamén melloraron a administración, actualizaron os rexistros e lograron reunirse nunha comisión representativa de Navarra para redactar un apéndice do foro xeral, chamado amejoramiento de Filipe III. Os reis mantiveron boas relacións coas coroas de Francia e de Castela. Filipe III participou nunha cruzada contra o rei musulmán de Reino de Granada, que conduciu á toma de Alxeciras, e morreu en Jerez (1343). A súa esposa reinou até 1349.

Historia da Casa de Évreux

editar

A Casa foi fundada por Lois de Évreux, terceiro fillo de Filipe III de Francia e da súa segunda esposa María de Brabante.

Lois casou con Margarida de Artois, matrimonio que tivo dous fillos, Carlos de Évreux, que mantería a liña principal da familia, e Filipe de Évreux, casado con Xoana II de Navarra, converténdose en Filipe III de Navarra, fundador da rama navarra de Évreux.

A liña principal extinguiuse en 1400, mentres que a rama de navarra continuou até 1425, que terminou na súa liña masculina coa morte de Carlos III de Navarra, cuxos fillos lexítimos morreran antes que el, quedando sen descendencia.

Navarra pasou logo a Branca I, a herdeira de Carlos III, que faleceu en 1441, esgotándose por completo a Casa de Évreux.

Hoxe un barrio da cidade francesa de Évreux chámase Navarre.

Persoeiros sobresalientes

editar
 
Armas da Casa de Évreux de Navarra.

Xenealoxía

editar
 
Parentescos dos Capetos. En amarelo, Casa de Évreux.
 Filipe III de Francia
x 1) Isabel de Aragón
x 2) María de Brabante
│  
│
├1>Filipe IV de Francia
│  
│
├1>Carlos, (1270-1325) conde de Valois
│  
│
└2>   Lois (1276-1319), conde de Évreux
   x Margarida de Artois (1285-1311)
   │
   ├─>   Filipe (1306-1343), conde de Évreux e rei de Navarra
   │  x Xoana de Francia (1311-1349) raíña de Navarra
   │  │
   │  ├─> Xoana (1325-1387), relixiosa en Longchamp (1337)     
   │  │
   │  ├─> María (c. 1329/30-1347)
   │  │  x Pedro IV de Aragón
   │  │  
   │  ├─>Brana (c. 1332-1398)
   │  │  x Filipe VI de Valois, rei de Francia
   │  │
   │  ├─>   Carlos II de Navarra (1332-1387), conde de Évreux e rei de Navarra
   │  │  x Xoana de Francia, filla do rei Xoán II de Francia
   │  │  │
   │  │  ├─>María (1360-)
   │  │  │  x Afonso de Aragón, duque de Gandía
   │  │  │
   │  │  ├─>   Carlos III de Navarra (1361-1425)
   │  │  │  x Leonor de Trastámara
   │  │  │  │
   │  │  │  ├─>Xoana (1386-1413)
   │  │  │  │  x Xoán I de Foix, conde de Foix
   │  │  │  │
   │  │  │  ├─>María (1388-antes de 1425)
   │  │  │  │
   │  │  │  ├─>Margarida (1390-antes de 1425)
   │  │  │  │
   │  │  │  ├─>   Branca I de Navarra  (1391-1441)
   │  │  │  │  x 1) Martiño I de Sicilia
   │  │  │  │  x 2) Xoán II de Aragón
   │  │  │  │  │
   │  │  │  │  ├─>Carlos de Aragón-Èvreux (1421-1461), príncipe de Viana
   │  │  │  │  │  x Agnès de Clèves
   │  │  │  │  │
   │  │  │  │  ├─>Branca de Trastámara e de Évreux (1424-1464), hedeira de Navarra
   │  │  │  │  │  x Henrique IV, rei de Castela
   │  │  │  │  │
   │  │  │  │  └─>Leonor de Trastámara e de Èvreux (1426-1479), raíña de Navarra
   │  │  │  │     x Gastón IV, conde de Foix
   │  │  │  │
   │  │  │  ├─>Beatriz (1292-1414)
   │  │  │  │  x Xaime II de Borbón
   │  │  │  │
   │  │  │  ├─>Isabel (1395-c. 1435)
   │  │  │  │  x Xoán IV de Armagnac
   │  │  │  │
   │  │  │  ├─>Carlos (1397-1402), príncipe de Viana
   │  │  │  │
   │  │  │  ├─>Lois (1402-1402), príncipe de Viana
   │  │  │  │
   │  │  │  ├i>Lancelot (1386-1420), bispo de Pamplona
   │  │  │  │
   │  │  │  ├i>Godofredo, conde de Cortes
   │  │  │  │  x Terrsa de Arellano
   │  │  │  │
   │  │  │  ├i>Xoana
   │  │  │  │  x 1) Iñigo Ortiz de Zuñiga
   │  │  │  │  x 2) Lois de Beaumont, conde de Lerín
   │  │  │  │
   │  │  │  └i>María, monxa
   │  │  │
   │  │  ├─>Bona (1364-c. 1389)
   │  │  │
   │  │  ├─>   Pedro (1366-1412), conde de Mortain
   │  │  │  X Catarina de Alençon
   │  │  │
   │  │  ├─>Filipe (1368-xove)
   │  │  │
   │  │  ├─>Xoana (1370-1437)
   │  │  │  X 1) Xoán V da Bretaña
   │  │  │  X 2) Henrique IV de Inglaterra
   │  │  │
   │  │  ├─>Branca (1372-1385)
   │  │  │
   │  │  ├i>Leonel (1378-1413), señor de Cortes, vizconde de Muruzábal 
   │  │  │  x Elfa de Luna
   │  │  │
   │  │  └i>Xoana
   │  │     x Xoán de Béarn, barón de Béhorléguy
   │  │
   │  │
   │  ├─>   Filipe  (1336-1363), conde de Longueville
   │  │  x Iolanda de Dampierre
   │  │
   │  ├─>Inés (1334-1396)
   │  │  x Gastón III Febo, conde de Foix
   │  │
   │  ├─>Xoana (1339-1403)
   │  │  x Xoán I, vizconde de Rohan
   │  │
   │  └─>   Lois (1341-1372), conde de Beaumont-le-Roger
   │     x Xoana de Durazzo
   │     │
   │     └i>  Carlota de Beaumont (1361-1432)
   │        X 1) María Ximénez de Urrea
   │        X 2) Ana de Curton
   │        │
   │        ├1>Carlos
   │        │
   │        ├1>Xoana
   │        │
   │        ├2>  Lois I (-1462), |conde de Lerín
   │           x Xoana de Navarra, filla de Carlos III, su prima
   │
   ├─>María (1303-1335)
   │  x Xoán III de Brabante
   │
   ├─>  Carlos (1305-1336), conde de Étampes
   │  x María de la Cerda
   │  │
   │  ├─>  Lois (1336-1400), conde de Étampes
   │  │  x Xoana de Brienne
   │  │
   │  └─>Xoán (1336-c.1373)
   │
   ├─>Margarida (1307-1350)
   │  x Guillerme XII de Auvernia
   │  │
   │  └─>Xoana I de Auvernia 
   │     x 1) Filipe de Borgoña
   │     x 2) Xoán II de Francia
   │     │
   │     └─1>Filipe I duque de Borgoña
   │
   └─>Xoana (1310-1370)
      x Carlos IV de Francia
      │
      └─>Branca de Francia
         x Filipe, duque de Orléans

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar