Xoana de Évreux
Xoana de Évreux, nada en Évreux en 1310 e finada en Brie o 4 de marzo de 1371, foi raíña consorte de Francia e Navarra (1325 - 1328).
Xoana de Évreux | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1310 |
Lugar de nacemento | Évreux |
Falecemento | 4 de marzo de 1371 |
Lugar de falecemento | Brie-Comte-Robert |
Soterrada | Basílica de Saint-Denis |
Nacionalidade | Reino de Francia |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | royalty |
Pai | Luís de Évreux |
Nai | Margarida de Artois |
Cónxuxe | Carlos IV de Francia |
Fillos | Branca de França e Marie of France |
Irmáns | Charles d'Évreux, Filipe III de Navarra, Marie d'Évreux e Marguerite d'Évreux |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Filla do conde Luís de Évreux e Margarida de Artois. Era neta pola liña paterna do rei Filipe III de Francia e María de Brabante e pola liña materna de Filipe de Artois e Branca da Bretaña. Era irmá do rei Filipe III de Navarra. Casou en Brie o 5 de xullo de 1325 co rei Carlos IV de Francia, sendo a súa terceira esposa. Desta unión naceron:
- A princesa Xoana de Francia (1326 - 1327).
- A princesa María de Francia (1327 - 1341).
- A princesa Branca de Francia (1327 - 1392), que casou en 1344 co duque de Orleáns Filipe de Orleáns.
Foi coroada raíña o 11 de maio de 1326 na Sainte-Chapelle de París.
En 1326 deu a luz a unha filla, que viviu só un ano. Ao ano seguinte, trouxo ao mundo unha nova filla. De novo embarazada aa morte do rei, 1 de febreiro de 1328, continuou a incerteza sobre a sucesión masculina do reino. Por fin deu a luz unha nova filla. Coa Lei sálica prevalecendo no Reino, estes nacementos provocarán o fin da rama principal e directa da dinastía Capeto para iniciar a dinastía Valois.
Xoana de Évreux morreu en Brie en 1371 e foi enterrada xunto ao seu marido na catedral de Saint Denis en París.
O Libro de horas de Xoana de Évreux, de Jean Pucelle que se conserva no museo The Cloisters de Nova York, é unha das obras mestras da miniatura medieval.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana de Évreux |