Leonor de Trastámara

Leonor de Trastámara, tamén coñecida como Leonor de Trastámara e Borgoña e como Leonor de Castela, nada en 1362 e finada en Pamplona en 1415, foi infanta de Castela e León, e raíña consorte de Navarra desde o 1 de xaneiro de 1387 até a súa morte, o 5 de marzo de 1416.

Leonor de Trastámara
Infanta de Castela e León
Raíña consorte de Navarra
Detalle da estatua xacente da raíña Leonor
no seu sepulcro da Catedral de Pamplona
Raíña consorte de Navarra
1 de xaneiro de 13875 de marzo de 1416
PredecesorXoana de Valois
SucesorXoán II (rei consorte)
Lugartenente xeneral do Reino de Navarra
(en ausencia do rei Carlos III)
13971398
14031406
14091411

Nacemento1363
Châteauneuf-sur-Loire, Reino de Francia
(no actual departamento de Loiret)
Falecemento5 de marzo de 1416
Olite, Navarra
SepulturaCatedral de Pamplona
ConsorteCarlos III de Navarra
DescendenciaVéxease Matrimonio e descendencia
Casa realTrastámara (por nacemento)
Évreux (por matrimonio)
ProxenitoresHenrique II de Castela
Xoana Manuel

Escudo de Leonor de Trastámara
Escudo de armas de Leonor de Trastámara
Na rede
WikiTree: Enriquez-19

Orixes famiiares editar

Leonor era filla de do rei Henrique II de Castela e da infanta Xoana Manuel,[1][2][3][4] derradeira filla do escritor e home político, Don Juan Manuel, duque de Peñafiel e da súa terceira muller, Branca de la Cerda, filla de Fernando de la Cerda.

Este Fernando era o segundo fillo de Fernando de la Cerda (fillo do rei de Castela e León, Afonso X de Castela o Sabio e Violante de Aragón), e de Branca de Francia (filla do rei de Francia, Lois IX San Lois, e de Margarida da Provenza), e de Xoana Núñez de Lara, chamada la Palomilla, que era filla de Xoán Núñez de Lara, o Gordo, señor de Lara e soberano de Biscaia, e de Teresa Álvarez de Azagra, señora de Albarracín.

Branca de la Cerda era herdeira das posesións da familia Lara agás da señoría de Biscaia.

Traxectoria editar

En 1371, tras o tratado de Alcoutim entre Castela e Portugal, propiciado polo papa Gregorio XI, ademais da paz na segunda guerra fernandina (1372-1373),[5] decidiuse que o rei de Portugal Fernando I, ademais de renunciar ao Reino de Castela, casaría con Leonor.[1][6] Pero Fernando, que naquel momento estaba namorado de Leonor Telles de Menezes, esposa dun nobre da súa Corte, comezou unha relación con ela, e o proxectado matrimonio con Leonor de Trastámara nunca se celebrou. Fernando, en 1372, tivo éxito na petición da anulación do anterior matrimonio da súa amante, e casou finalmente con ela.[7] O compromiso entre Fernando I de Portugal e Leonor foi anulado no tratado de Tui en 1372.[8] [9]

En 1373, despois da vitoria de Henrique II na guerra que mantivera contra o Reino de Navarra, que obrigou ao rei Carlos II a romper a alianza militar que tiña con Inglaterra, e conseguiu que non concertara alianzas matrimoniais coa mesma, e que prohibiría o paso por Navarra de calquera inimigo de Castela (vitoria importante porque debilitaba a Inglaterra na guerra dos cen anos), para mitigar as diferenzas con Navarra, Leonor foi comprometida co herdeiro á súa coroa Carlos (o futuro Carlos III),[10][11] fillo varón primoxénito do rei Carlos II e de Xoana de Valois, filla do rei de Francia, Xoán II e Bona de Luxemburgo. O matrimonio celebrouse en Soria, o 27 de maio de 1375.[1]

En 1379, á morte do seu pai, Leonor herdou un importante señorío entre Roa e Sepúlveda, o que lle proporcionou un gran poderío político e económico. E á morte do seu sogro, Carlos II o Malo Malvagio, en 1387, Leonor convértese na raíña consorte de Navarra.

As relacións entre Leonor e o seu marido, Carlos III de Navarra, non foron idílicas e, en febreiro de 1388 separáronse. En 1390, Leonor, coa súa filla máis pequena, volveu a Castela, tras varias negociacións para que volvera, e nas que Leonor refería que en Navarra sufrira malos tratos, Carlos III conseguiu a entrega da súa filla máis vella, Xoana, para que fose educada e xurada como herdeira. Finalmente, Leonor fixou a súa residencia en Valladolid.[1]

No mesmo ano 1390, á morte do seu irmán Xoán I de Trastámara, Leonor participou de forma activa nas intrigas en Castela cando o seu neto Henrique de Trastámara era menor de idade. E cando Henrique, en 1393, chegou á maioría de idade, e dado que os enfrontamentos eran máis intensos, Leonor continuou intrigando e aliouse co seu medio irmán Federico Enríquez, duque de Benavente, e co seu primo Pedro Fadríquez, conde de Trastámara, aliñándose contra o seu neto. Entón o neto, contra a metade de 1394, asediuona no castelo de Roa, onde estaba reunida cos seus seguidores, obrigándoa a renderse.[1]

Finalmente, en febreiro de 1395, Henrique III obrigouna a volver a Navarra co seu marido. A partir de entón a relación dos esposos foi, pouco a pouco, mellorando, sendo coroada como raíña en 1403 en Pamplona, participando no goberno, como Lugartenente xeral do Reino, nas ausencias do seu esposo, e colaborando no entendemento entre o Reino de Navarra e a Coroa de Castela.

Leonor morreu en Navarra, segundo as principais fontes, o 27 de febreiro de 1415 en Olite, aínda que segundo outras, o 5 de marzo de 1416 en Pamplona.[1]

Foi sepultada na catedral de Pamplona,[1] onde foi despois acompañada polo seu marido Carlos III o Nobre, des anos máis tarde.

Matrimonio e descendencia editar

Froito do seu matrimonio co rei Carlos III de Navarra naceron os seguintes fillos:

Antepasados de Leonor de Trastámara editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Sancho IV de Castela
 
 
 
 
 
 
 
8. Fenando IV de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María de Molina
 
 
 
 
 
 
 
4. Afonso XI de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Dinís de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
9. Constanza de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Isabel de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
2. Henrique II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Álvaro Perez de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro Núñez de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. María Girón
 
 
 
 
 
 
 
5. Leonor de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Fernán Pérez Ponce de León, señor de Cangas e La Puebla
 
 
 
 
 
 
 
11. Beatriz Ponce de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Urraca Gutiérrez de Meneses
 
 
 
 
 
 
 
1. Leonor de Trastámara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Fernando III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Manuel de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Beatriz de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
6. Juan Manuel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Amedeo IV de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
13. Beatriz de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Cecilia de Baux
 
 
 
 
 
 
 
3. Xoana Manuel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Fernando de la Cerda
 
 
 
 
 
 
 
14. Fernando de la Cerda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Branca de Francia
 
 
 
 
 
 
 
7. Branca de la Cerda e Lara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xoán Núñez I de Lara
 
 
 
 
 
 
 
15. Xoana Núñez de Lara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Teresa de Haro
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Xoana de Valois
 
Raíña consorte de Navarra

1387-1415
Sucesor:
Xermana de Foix
(en 1512)[14][15]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Reis de Castela en Medieval Lands (en inglés).
  2. Casa de Ivrea - genealogy (en inglés).
  3. Henrique II de Trastamara en PEDIGREE] (en inglés)
  4. Henrique II de Castela - genealogie Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán)
  5. Olivera Serrano 2005, p. 53-55.
  6. Teresa Pacheco: "Tratado de Alcoutim", en História de Portugal.
  7. Reis de Portugal en Medieval Lands (en inglés).
  8. Olivera Serrano 2005, p. 55.
  9. "Convenção de Tui", en José Adelino Maltez (2008): "Crónica do Pensamento Político". Dili, Timor Oriental.
  10. VV.AA. (1988): Gran Enciclopedia Larousse. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-7370-9.
  11. Herreros Lopetegui, Susana (1993): "Navarra en la órbita francesa". En: Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5.
  12. En xaneiro de 1406, a raíña Leonor ordenou o pago "ao convento de frailes menores de Olite en almosna por el servicio que ficieron…sobre el cuerpo de la infanta Doña María".
  13. Yanguas y Miranda 1843, p. 308.
  14. Descartando aos reis (varóns) jure uxoris, que non poden seren considerados monarcas consortes.
  15. Descartando de igual maneira a Inés de Cléveris e Margarida de Angulema, consortes dos reis titulares de Navarra Carlos IV de Viana (de 1441 a 1461) e Henrique II de Albret (de 1517 a 1530), respectivamente. Henrique II reinaría máis tarde de feito como rei de Navarra en Ultraportos (1530-1555), en aberta disputa con Carlos I de España, rei de Navarra na Alta Navarra.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar