Ricardo de Évreux

nobre normando, conde de Évreux

Ricardo de Évreux, nado contra 1011 e finado o 13 de decembro de 1067, foi un nobre normando que foi o primeiro conde de Évreux,[1][2] onde gobernou desde 1037 a 1067, durante o reinado de Guillerme o Conquistador, duque de Normandía.

Ricardo de Évreux
Conde de Évreux

Reinado1037 - 1067
Nacementoc. 1011
Normandía
Falecemento13 de decembro de 1067
?
SepulturaAbadía de Saint-Wandrille de Fontenelle
PredecesorNingún
SucesorGuillerme de Évreux
Casa realCondado de Évreux
ProxenitoresRoberto de Évreux
Herleva de Rouen

Escudo de Ricardo de Évreux
Escudo do condado de Évreux
Na rede
WikiTree: Evreux-32

TraxectoriaEditar

Ricardo era fillo de Roberto de Évreux, chamado o Danés, arcebispo de Rouen,[2] e de Herleva de Rouen.[3]

Aparece na bibliografía en 1026, despois que seu pai lle doara o dominio de Douvrend, separado impropiamente dos bens da arquidiocese de Rouen.

O duque de Normandia Roberto I de Normandía morrera pouco antes, e a súa desaparición provocou unha polémica neste ducado a causa da súa sucesión, xa que algúns señores rexeitaron recoñcer a Guillerme o Bastardo (máis tarde o Conquistador), fillo ilexítimo do duque Robrto e da súa concubina Arlette de Falaise como duque.

En 1040, Raúl de Gacé, irmán de Ricardo, foi o instigador da morte de seu primo, Xilberto de Brionne, titor do xove duque, e tomou o seu lugar como titor. Os dous irmáns aproveitaron a súa posición dominante co duque para incrementar os seus bens, desfacerse da casa Tosny e repartir os despoxos dos seus inimigos vencidos. Ricardo casou coa viúva de Roxerio I de Tosny.

Cando o duque Guillerme asumiu os destinos do ducado, Ricardo, que parecía ter un papel modesto nas lotias polo poder, conservou os favores do duque. Fundou a continuación a abadía de San Salvador de Évreux, e foi presentado á asemblea de baróns normandos que decidiron a conquista de Inglaterra.

Xa moi maior, non participou na expedición para a conquista, pero financiou unha parte, e enviou oitenta navíos, así como ao seu fillo Guillerme, que participou na batalla de Hastings.

Ricardo morreu o 13 de decembro de 1067 e foi enterrado na Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle.


Predecesor:
Novo título
 
Conde de Évreux

1037 - 1067
Sucesor:
Guillerme de Évreux

NotasEditar

  1. Algúns autores afirman que o primerio conde foi seu pai, pero o prmeiro que se menciona con este título foi el.
  2. 2,0 2,1 Orderico Vital (Ordericus Vitalis): Historia Ecclesiastica, Vol. II, Liber III, Cap. I, páx. 10.
  3. Herleva de Rouen en Geneanet.