Roberto de Évreux

ecebispo de Rouen

Roberto de Évreux, tamén coñecido como Roberto o Danés, finado en 1037, foi un nobre e prelado poderoso, parente e partidario de cinco duques de Normandía, que foi arcebispo de Rouen (989-1037) e, segundo algúns autores, o primeiro conde de Évreux.[2]

Roberto de Évreux
Arcebispo católico de Rouen
Miniatura de Roberto o Danés
nunha xenealoxía real do século XIV

Reinado989 - 1037 (como arcebispo)
Outros títulosConde de Évreux [1]
NacementoSéculo X
Ducado de Normandía
Falecemento1037
?
PredecesorHugo de Cavalcamp
(no arcebispado)
SucesorMauger de Rouen (no arcebispado)
ConsorteHerleva
Descendencia
Casa realCasa de Normandía
ProxenitoresRicardo I de Normandía
Gunnora de Crepon

Na rede
WikiTree: Normandie-61

Traxectoria editar

Roberto era fillo de Ricardo I de Normandía, duque de Normandía, e da súa segunda esposa, Gunnora de Crepon.

Seu pai designo arcebispo de Rouen en 989 e, na mesma época, recibiría o condado de Évreux.[2] Roberto sabía que estaba destinado á carreira eclesiástica e, ao parecer, aceptou de boa gana o seu papel de arcebispo, tanto como o de conde. Sempre estivo involucrado na política normanda, e foi un importante aliado eclesiástico de seu pai, así como de seu irmán Ricardo II e, á morte deste convertese no decano da familia ducal.

Porén, o goberno do seu sobriño Ricardo III foi turbulento e breve (durou pouco máis dun ano). Seu irmán Roberto I substituíno e o prelado tivo grandes problemas para poñer freo ao novo duque. En 1028, o seu sobriño sitiouno e desterrouno, e despois foi a asediar a Hugo de Ivry, bispo de Bayeux que, xunto co arcebispo, cuestionara a autoridade do novo duque. Desde o seu exilio en Francia, o arcebispo Roberto excomungou ao seu sobriño e puxo a Normandía baixo interdicto.

Por fin ambos os dous entraron en negociacións, que facilitaron o levantamento do interdicto e máis da excomuñón, ao tempo que o duque Roberto restauraba ao arcebispo na súa sede, e no condado de Évreux, e lle devolvía todas as súas propiedades. Para demostrar mellor o seu cambio de actitude cara á Igrexa, o duque devolveu as propiedades que el e os seus vasalos confiscaran, e en 1034 devolveu á Igrexa incluso as propiedades tomadas á abadía de Fécamp.

En 1033, o duque Roberto levou a cabo unha campaña contra o seu curmán Alan III da Bretaña. Houbo varias incursións dun lado e doutro, pero finalmente o arcebispo Roberto, que era tío de ambos os dous, negociou unha paz entre eles.

Nos seus últimos anos o duque arrepentiuse dos seus erros pasados, axudou xenerosamente aos pobres e emprendeu a reconstrución da catedral de Rouen. En 1035 decidira facer peregrinación a Xerusalén. Despois de nomear herdeiro ao seu fillo ilexítimo –o futuro Guillerme o Conquistador- e poñelo baixo a custodia e protección do arcebispo, emprendeu a súa viaxe para nunca máis regresar, supoñéndose que morreu en Nicea en xullo dese ano.

O arcebispo Roberto cumpriu a súa promesa e gobernou eficazmente o ducado como rexente de Guillerme, até que morreu no inverno de 1037, feito que case de inmediato deixou a Normandía na anarquía (1037-1047).

Descendencia editar

Roberto, despois de converterse en conde, elixira como esposa a unha muller chamada Herleva, de ascendencia descoñecida,[3] que lle deu tres fillos:[4]

Notas editar

  1. Segundo algúns autores.
  2. 2,0 2,1 Orderico Vital (Ordericus Vitalis): Historia Ecclesiastica, Vol. II, Liber III, Cap. I, páx. 10.
  3. Helise de Nevers en Medieval Lands.
  4. Orderico Vital (Ordericus Vitalis): Historia Ecclesiastica, Vol. II, Liber V, páx. 365.