Xudite de Évreux

filla de Guillerme de Évreux

Xudite de Évreux, nada en Évreux en 1050 e finada en Palermo en 1080, foi a primeira condesa de Sicilia polo seu matrimonio con Roxerio I de Sicilia.[2]

Xudite de Évreux
Condesa de Sicilia
Roger I of Sicily and Judith d'Evreux.jpg
Matrimonio de Xudite de Évreux e Roxerio I de Sicilia
Tapiz de Château de Pirou, Normandía

Reinado1072 - 1080
Nacemento1050
Évreux
Falecemento1080
Palermo
PredecesorNingunha
SucesorEremburga de Mortain
ConsorteRoxerio I de Sicilia
Casa realCasa de Altavilla (por matrimonio)
ProxenitoresGuillerme de Évreux
Heloise de Nevers [1]

TraxectoriaEditar

Xudite era filla de Guillerme de Évreux e Heloise de Nevers.[3] A lenda di que o nobre normando Roxerio de Hauteville, o futuro primeiro conde de Sicilia Roxerio I, namorouse dela cando a viu na Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle, do mosteiro beneditino a onde fora enviada canda a súa irmá Emma.

A voda tivo lugar en San Martino di Taurianova en 1061.

Hai pouca información acerca da primeira condesa de Sicilia, un país atormentado polas invasións musulmás. A miúdo aparece xunto ao seu marido, destacando pola súa valentía.

En 1080, pouco despois de que Roxerio zarpara de Sicilia para axudar ao seu irmán Roberto Guiscardo, Xudite morreu.

DescendenciaEditar

Do seu matrimonio co conde Roxerio de Sicilia naceron catro fillas:

  • Flandina (morta c. 1094), que casou dúas veces: primeiro con Hugo de Circea, primeiro conde de Paternò, e despois con Henrique del Vasto, fillo de Manfredo del Vasto, e irmán de Adelaida del Vasto.
  • Matilde (c. 1062 - 1094), casou en 1080 con Raimundo IV de Tolosa.
  • Adelisa (morta c. 1096), casou en 1083 con Henrique, conde de Monte Sant'Angelo.
  • Emma (c. 1070 - 1120), pedida en matrimonio por Filipe I de Francia, casou primeiro con Guillerme (ou Roberto), conde de Clermont e, en segundas nupcias con Rodolfo Macabeo, conde de Montescaglioso.


Predecesor:
Ningunha
 
Condesa de Sicilia

1072 - 1080
Sucesor:
Eremburga de Mortain


NotasEditar

  1. Family: Comte Guillaume d' Évreux / Heloise de Nevers en Geneagraphie - Families all over the world.
  2. Detlev Schwennicke, Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, V. II (Marburgo, Alemañea: J. A. Stargardt, 1984, Tafel 79.
  3. Heloise of Nevers (1056-c. 1103) en Familypedia (en inglés).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Malaterra, Goffredo (2005): The deeds of count Roger of Calabria and Sicily and of his brother duke Robert Guiscard. Ann Arbor, Míchigan, USA: The University of Michigan Press. ISBN 0-4721-1459-X.
  • Norwich, John Julius (2004): The Normans in Sicily. The Normans in the South 1016-1130 and the Kingdom in the Sun 1130-1194. Londres, RU: Penguin Books. ISBN 978-0-1401-5212-8.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar