Estevo II de Blois
Estevo II de Blois, ou polo seu nome completo, Estevo II Henrique, nado c. 1048 e finado o 19 de maio de 1102, foi conde de Blois e Chartres.
Estevo II de Blois | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1045 |
Falecemento | 19 de maio de 1102 |
Lugar de falecemento | Ramla |
Causa | morto en combate |
Soterrado | Ramla |
Nacionalidade | Condado de Blois |
Ocupación | militar |
Pai | Teobaldo III de Blois |
Nai | Gersende de Maine |
Cónxuxe | Adela da Normandia |
Fillos | William, Count of Sully, Teobaldo II de Champaña, Estevo I de Inglaterra, Mathilde of Blois, Adela de Blois, Henrique de Blois, Leonor de Blois, Agnès de Blois, Emma de Blois, Humbert de Blois, Comte de Virtus, Odo de Blois, Philip of Champagne e Alice de Blois |
Irmáns | Hugo V, Odo III, Count of Champagne, Hugues de Champagne e Fulco I, Margrave of Milan |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Orixes familiaresEditar
Era fillo de Teobaldo III de Blois, tamén conde de Blois.
Matrimonio e descendenciaEditar
Casou con Adela de Normandía, unha das fillas de Guillerme I de Inglaterra, ao redor de 1080 en Chartres.
- Guillerme de Sully (m. 1150), casado con Inés de Sully.
- Teobaldo II de Champaña.
- Otón, que morreu novo.
- Estevo de Inglaterra, rei de Inglaterra.
- Lucía-Mahaut.
- Inés.
- Leonor de Blois, casada con Raúl I de Vermandois.
- Alix.
- Lithuise de Blois.
- Henrique de Blois, bispo de Winchester.
- Humberto, que morreu novo.
Primeira CruzadaEditar
Estevo II foi un dos líderes da Primeira Cruzada e é coñecido por ter escritas cartas de carácter moi entusiasta á súa muller Adela, nas que se refería ao progreso da cruzada. Foi un dos comandantes da vangarda cruzada durante a batalla de Dorilea o 1 de xullo de 1097[1]. Regresou a casa en 1098, durante o longo cerco de Antioquía e sen ter cumprido o seu voto para chegar a Xerusalén. Foi presionado por Adela para realizar unha segunda peregrinación, para o que se incorporou á Cruzada do 1101, de entidade menor que a anterior, xunto con outros que tamén volveran a casa antes do final da primeira. En 1102, Estevo morreu en combate durante a batalla de Ramla, aos cincuenta e sete anos.
NotasEditar
- ↑ The First Crusade 1096-99: Conquest of the Holy Land (en inglés). Osprey Publishing. 2003. ISBN 9781841765150.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Brundage, James A. (1960). "An Errant Crusader: Stephen of Blois". Traditio 16: 380–395. doi:10.1017/S0362152900006139.
- Evergates, Theodore, ed. (1999). Aristocratic Women in Medieval France. University of Pennsylvania Press.
- Evergates, Theodore (2007). The Aristocracy in the County of Champagne, 1100-1300. University of Pennsylvania Press.
- Evergates, Theodore (2016). Henry the Liberal: Count of Champagne, 1127-1181. University of Pennsylvania Press.
- Tyerman, Christopher (2006). God's war: a new history of the Crusades. Harvard University Press.