Imperio Selxúcida

reino medieval musulmán sunnita
(Redirección desde «Imperio selxúcida»)

O Grande Imperio Selxúcida[1] (en turco Selçuklular ou Büyük Selçuklu İmparatorluğu; en árabe حکومت سلجوقیان) foi un reino medieval musulmán sunnita, rexido por xentes de orixe turca con bastante influencia persa[2][3][4][5][6] Foi establecido polos Qynyq, unha facción dos turcos Oghuz[7], que chegou a controlar un vasto territorio delimitado polas montañas do Hindu Kush, Anatolia, Asia Central e o Golfo Pérsico. Orixinarios das terras do mar de Aral, os selxúcidas avanzaron primeiro sobre o Gran Khorasan e deseguido sobre Persia e Iraq, chegando a Asia Menor no século IX. Causaron estragos nas provincias bizantinas e árabes en Oriente Medio, acabando co califato abbásida e debilitando considerablemente o Imperio Bizantino.

Modelo:Xeografía políticaImperio Selxúcida
دولت سلجوقیان (fa) Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aSeljuque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalNishapur (pt) Traducir
Hamadán
Merv (pt) Traducir
Isfahán
Rey (pt) Traducir
Nishapur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua persa
árabe
Proto-Oghuz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo e Islam Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie3.900.000 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1037 Editar o valor em Wikidata
Disolución1190 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata
MoedaDinar Editar o valor em Wikidata

Os turcos selxúcidas son considerados coma antepasados directos dos turcos suroccidentais, que actualmente ocupan Turquía, Acerbaixán e Turkmenistán. Desempeñaron un papel principal na historia medieval ao crear unha barreira fronte aos invasores mongois e ao defender o mundo musulmán fronte aos cruzados. Ademais a súa entrada en Anatolia despois de Manzikert supuxo un duro golpe para o Imperio Bizantino, marcando o seu destino.[8]

O Imperio Selxúcida foi fundado polo bey Toğrül (ou Tugrul) no 1037 seguindo os pasos do fundador da dinastía selxúcida: Seljuk (Seljuque ou Seljuq), de quen toman o nome o reino e a dinastía.

Estado selxúcida editar

A administración selxúcida baseábase na organización tribal propia duns conquistadores nómades, e asemellábase a unha "confederación de clans"[9] Nesta organización o líder da principal familia asignaba aos seus achegados porcións dos seus dominios, para que estes os administrasen autonomamente, aínda que mantendo unha vasalaxe nun réxime similar ao de infantado.[9].

Sendo un “estado” cunha grande influencia persa[2][3][5][10] no cultural [11][12][13] e no idioma[2][14][15][16][17], os selxúcidas xogaron un importante papel no desenvolvemento do que se chamaría tradición turco-persa[18].

Historia editar

Fundador da dinastía editar

O bey Seljuk, foi o fundador da dinastía. Seljuk serviu no exército dos khazar, mais en torno ao ano 950 mudouse coa súa xente á Corasmia (Khwarezmia ou Khwarezm), preto da cidade de Jend (tamén chamada Khujand e Khodjent), onde se converte ao islam[19].

Os beys Tugrul e Chagri editar

O bey Togrul era neto de Seljuk. Xunto co seu irmán Çagrı (Chagri) combateu ao Imperio Gaznavida, e así, tras duns reveses iniciais, conquistou Merv e Nishapur (1028-1029). Tanto Togrul coma os seus sucesores continuarían os seus ataques por todo Khorasan e Balkh chegando a saquear Ghazni no 1037. En 1039 na Batalla de Dandanaqan derrotaron definitivamente aos gaznavidas que deberon abandonar os seus dominios occidentais a favor dos selxúcidas. En 1055, Togrul tomou Bagdad, controlado até entón polos Abbásidas.

Alp Arslan editar

Alp Arslan era fillo do bey Chagri. Tras unhas campañas con éxito, estendeu bastante os dominios que herdou de Togrul, engadindo ao seu reino Armenia e Xeorxia. Firmou varias treguas cos bizantinos que lle permitiron centrarse no seu maior obxectivo naquel tempo: os xiítas fatímidas. Pero, o destino deu un xiro inesperado en 1071 cando Arslan conseguiu unha vitoria decisiva na Batalla de Manzikert sobre os bizantinos[20]. A partir de entón permitiu aos seus xenerais facerse con principados propios na que fora a Anatolia bizantina, exercendo coma atabeys (gobernadores) mantendo vasalaxe. Así, en poucos anos os turcománs expandiron o seu control por Asia Menor: os Saltuqis no noroeste de Anatolia, os Mengujeques no leste, os Artuqides (Ortúkides) no sueste, os Danismendidas no centro, o Sultanato do Rum no oeste (máis tarde na Anatolia Central) e o principado do bey Çaka en Esmirna).

Malik Shah I editar

Baixo o dominio do sucesor de Alp Arslan, Malik Shah I, e dos seus dous visires[21], Nizām al-Mulk e Tāj al-Mulk, os selxúcidas expandiron os seus dominios até a fronteira chinesa, moveron a súa capital de Rayy a Isfahán, fundaron a Universidade de Bagdad e no terreo da organización militar implantaron o iqta.

Este período coñécese coma a Idade de Ouro do Grande Imperio Selxúcida, e Malik foi recoñecido polos Abbásidas coma "Sultán de Oriente e Occidente" no 1087.

Neste período tamén cobrou forza a Orde dos Asasinos (Hashshashin) de Hassan-e Sabāh, que eliminou bastantes administradores do Imperio.

A I Cruzada editar

Os estados selxúcidas, máis preocupados por consolidarse nos seus propios territorio que por cooperaren entre si, non tiveron problema para se desfaceren da Cruzada Popular de Pedro o Eremita (1096), mais non puideron derrotar aos cruzados de Ademar de Monteil, que tomaron Nicea, Iconium, Cesareia Mazaca e Antioquía no seu avance cara a Xerusalén. Para cando os cruzados conquistaron Palestina (1099), esta xa non estaba nas mans dos turcos, senón que fora retomada polos Fatímidas.

A II Cruzada editar

Ahmed Sanjar foi quen de conter as numerosas revoltas que se produciron no Imperio: na Transoxiana, Afganistán, Kyrghyzstan etc; pero, non puido someter os Syr Darya, perdendo tras a Batalla de Qatwan (1141) as provincias orientais. Ao mesmo tempo, no oeste, os principados dos atabey gañaban cada vez máis autonomía, aliándose alternativamente entre si ou cos reinos cristiáns contra outros atabey.

Neste contexto Zengi chegou a ser atabey de Mosul, comenzado a consolidación dos principados de Siria. En 1144 Zengi capturou Edessa, cando o Condado de Edessa se aliou cos ortoquides contra el. Este suceso provocou o chamamento da II Cruzada. Nur ad-Din, un dos fillos de Zengi, e atabey de Alepo sería o encargado de crear a alianza rexional que se lle opuxo (1147).

División do Imperio editar

 
Torres de Kharāghān, construídas no 1053 en Irán, forman parte do monumento funerario dunha princesa selxúcida.

Á morte de Malik Shah I, en 1092, o imperio dividiuse entre os seus catro fillos e o seu irmán. En Anatolia, Kilij Arslan I fundou o Sultanato do Rum; en Siria, asentouse Tutush I (irmán de Malik Shah); en Persia, Mahmud I o Grande, quen tivo que se enfrontar ao resto dos irmáns Barkiyaruq de Iraq e Ahmed Sanjar do Grande Khorasan.

Á morte de Tutush I os seus fillos dividiron o seu reino: Radwan quedou con Alepo e Duqaq con Damasco, pero acabarían enfrontados e coas súas leas provocaron unha división aínda maior entre diversos emires de Siria.

En 1118, Ahmed Sanjar tomou o control do Imperio. O seu sobriño Mahmud II (fillo de Muhammad I) non o recoñeceu e estableceu o seu propio sultanato en Bagdad, até 1131 cando foi finalmente deposto por Ahmed Sanjar.

Noutro territorio, nominalmente do Imperio Selxúcida, tomaron forza outros principados: Artuqides (Ortúkides) en Siria, Mesopotamia e Xerusalén ata o 1098; os Danismendidas en Anatolia e o do bey Kerbogha (Corbaran) de Mosul.

Conquista por Khwarezm e os aiúbidas editar

No 1153 os Oghuz rebeláronse e capturaron a Sanjar, e, aínda que este puido fuxir aos tres días, acabou morrendo pouco despois. A pesar dos diversos intentos que fixeron os selxúcidas para reconstruír o Imperio xa non foi posible, e os diversos atabeys consolidaron a súa independencia:

  1. Selxúcidas Khorasani no Khorasan e Transoxiana. Capital: Merv.
  2. Selxúcidas Kermani.
  3. Sultanato de Rum. Capital: Nicea e despois Iconium.
  1. Atabeghlik (principado) de Salgur en Persia.
  2. Atabeghlik de Ildeniz en Iraq e Acerbaixán, con capital en Hamadan.
  3. Atabeghlik de Burid en Siria, con capital en Damasco.
  4. Atabeghlik de Zangi en Al Jazira, no norte de Mesopotamia, con capital en Mosul.
  5. Outros principados de turcománs en Anatolia eran os dos clans: Danismendidas, Artuqid (Ortúkides), Saltuqid e Mengujeg.
  6. Os Khwarezmshah[22] da Transoxiana (Khwarezm), con capital en Urganch.

Despois da II Cruzada, entre a fragmentación dos estados islámicos de Oriente Medio e a debilidade dos fatimidas de Exipto, xorde a figura de Saladino fundador da dinastía dos aiúbidas, que unificou as terras entre Exipto e Siria.

Na fronteiras de Cáucaso, o Reino de Xeorxia converteuse nunha potencia rexional e incrementaría o seu territorio á custa dos selxúcidas. Algo similar sucedeu cando León II de Armenia chegou ao poder no reino de Cilicia, que tomou moitas terras dos turcos en Anatolia. Pola súa parte, os Abbásidas, baixo o califato de An-Nasir recuperaron parte do seu poder, aliados cos Khwarezmshah, fronte aos selxúcidas.

Durante un breve período, Toghrül III conseguiría unificar a maior parte do imperio (excluída Anatolia), pero en 1194 foi derrotado por Takash, o Shah do Imperio Khwarezmida derrubándose finalmente o Imperio Selxúcida. Do Imperio orixinario só permanecerá o Sultanato do Rum, que andando o tempo (século XIII) sería invadido polos mongois, que en 1260 dividirían o seu territorio en pequenos emiratos (beyliks). Un destes emiratos acabaría primando sobre os demais, e del nacería o Imperio Otomán.

Legado editar

Os selxúcidas, inicialmente escravos ou mercenarios nas cortes musulmás, acabaron por dominar aos persas e árabes, traendo con eles un renovado "espírito de loita e agresión fanática"[23].

Pero, os selxúcidas non destacaron só nas armas. Foron mecenas da arte e a literatura, e fundaron varias universidades[24]. Entre os sabios do seu tempo destacaron o astrónomo Omar Khayyam e o filósofo al-Ghazali.

Listados de gobernantes selxúcidas editar

Líderes tribais editar

  • Seljuk (Seljuque) († 1007).
  • Arslan Isra'il Jabgu († 1032).
  • Musa Jabgu († 1056).
  • Bey Çagrı († 1060).

Grandes Selxúcidas editar

Soberanos Selxúcidas de Kerman editar

Soberanos do Sultanato do Rum editar

  • Kutalmish 1060-1077.
  • Sulajman I ibn Kutlumisz 1077-1086.
  • Dawud Kilij Arslan I 1092-1107.
  • Malik Shah do Rum 1107-1116.
  • Rukn ad-Din Mas'ud I 1116-1156.
  • Izz al-DinKilij Arslan II 1156-1192.
  • Ghiyath ad-Din Kaj Khusrau I 1192-1196.
  • Sulajman II 1196-1204.
  • Kilij Arslan III 1204-1205.
  • Ghiyath ad-Din Kaj Khusrau I (Segundo reinado) 1205-1211.
  • Izz ad-Din Kay Ka’us I I 1211-1220.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh I 1220-1237.
  • Ghiyath ad-Din Kaj Chusrau II 1237-1246.
  • Izz ad-Din Kay Ka’us I II 1246-1260.
  • Rukn ad-Din Kilidż Arslan IV 1248-1265.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh II 1249-1257.
  • Ghiyath ad-Din Kaj Chusrau III 1265-1282.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud II 1282-1284.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh III 1284.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud II (Segundo reinado) 1284-1293.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh III (Segundo reinado) 1293-1294.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud II (Terceiro reinado) 1294-1301.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh III (Terceiro reinado) 1301-1303.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud II (Cuarto reinado) 1303-1307.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud III 1307.

Soberanos Selxúcidas de Siria editar

  • Aziz ibn Abaaq al-Khwarazmi (en Damasco) 10761079.
  • Abu Sa'id Taj al-Dawla Tutush I (en Damasco) 10791085.
  • Abu Sa'id Taj al-Dawla Tutush I 10851086.
  • Jalal al-Dawlah Malik Shah I os Grandes Selxúcidas 1086-1087.
  • Qasim al-Dawla Abu Said Aq Sunqur al-Hajib 1087-1094.
  • Abu Sa'id Taj al-Dawla Tutush I 10941095 (Segundo reinado).
  • Fakhr al-Mulk Radwan (Ridwan) (en Alepo) 10951113.
  • Abu Nasr Shams al-Muluk Duqaq (en Damasco) 10951104.
  • Tutush II (en Damasco) 1104.
  • Muhi al-Din Baqtash (en Damasco) 1104.
  • Tadj al-Dawla Alp Arslan al-Akhras (en Alepo) 11131114.
  • Sultan Shah „Lulu” (en Alepo) 11141117.
  • Shams al-Havas Yariqtash 1117.
  • Imad al-Din Zengi 1128-1146.

Soberanos selxúcidas de Iraq editar

Notas editar

  1. Entrada selxúcida en Digalego.
  2. 2,0 2,1 2,2 M.A. Amir-Moezzi, "Shahrbanu", Encyclopaedia Iranica, Edición na rede, (LINK Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine.): "... here one might bear in mind that non-Persian dynasties such as the Ghaznavids, Saljuqs and Ilkhanids were rapidly to adopt the Persian language and have their origins traced back to the ancient kings of Persia rather than to Turkish heroes or Muslim saints ..."
  3. 3,0 3,1 Josef W. Meri, "Medieval Islamic Civilization: An Encyclopedia", Routledge, 2005, p. 399
  4. Michael Mandelbaum, "Central Asia and the World", Council on Foreign Relations (May 1994), páx. 79
  5. 5,0 5,1 Jonathan Dewald, "Europe 1450 to 1789: Encyclopedia of the Early Modern World", Charles Scribner's Sons, 2004, páx. 24: "Turcoman armies coming from the East had driven the Byzantines out of much of Asia Minor and established the Persianized sultanate of the Seljuks."
  6. Possessors and possessed: museums, archaeology, and the visualization of history in the late Ottoman Empire; By Wendy M. K. Shaw; Published by University of California Press, 2003, ISBN 0-520-23335-2, 9780520233355; páx. 5.
    • Jackson, P. (2002). Artigo: The History of the Seljuq Turks: The History of the Seljuq Turks.Journal of Islamic Studies 2002 13(1):75-76; doi:10.1093/jis/13.1.75.Oxford Centre for Islamic Studies.
    • Bosworth, C. E. (2001). Notes on Some Turkish Names in Abu 'l-Fadl Bayhaqi's Tarikh-i Mas'udi. Oriens, Vol. 36, 2001 (2001), páx. 299-313.
    • Dani, A. H., Masson, V. M. (Eds), Asimova, M. S. (Eds), Litvinsky, B. A. (Eds), Boaworth, C. E. (Eds). (1999). History of Civilizations of Central Asia. Motilal Banarsidass Publishers (Pvt. Ltd).
    • Hancock, I. (2006). ON ROMANI ORIGINS AND IDENTITY. Centro de Documentación de Arquivos Romanos. Universidade de Austin, Texas.
    • Asimov, M. S., Bosworth, C. E. (eds.). (1998). History of Civilizations of Central Asia, Vol. IV: The Age of Achievement: AD 750 to the End of the Fifteenth Century, Part One: The Historical, Social and Economic Setting. Multiple History Series. Paris: UNESCO Publishing.
    • Dani, A. H., Masson, V. M. (Eds), Asimova, M. S. (Eds), Litvinsky, B. A. (Eds), Boaworth, C. E. (Eds). (1999). History of Civilizations of Central Asia. Motilal Banarsidass Publishers (Pvt. Ltd).
  7. Norwich, John Julius (1997). Vintage Books, ed. A Short History of Byzantium. New York. pp. 241. ISBN 679772693. 
  8. 9,0 9,1 Wink, Andre, Al Hind the Making of the Indo Islamic World, Brill Academic Publishers, Jan 1, 1996, ISBN 90-04-09249-8 páx: 9-10
  9. Michael Mandelbaum, "Central Asia and the World", Council on Foreign Relations (May 1994), p. 79
  10. C.E. Bosworth, "Turkish Expansion towards the west" no Volume IV: "From the Seventh to the Sixteenth Century" da UNESCO HISTORY OF HUMANITY,, UNESCO Publishing / Routledge, páx. 391: "While the Arabic language retained its primacy in such spheres as law, theology and science, the culture of the Seljuk court and secular literature within the sultanate became largely Persianized; this is seen in the early adoption of Persian epic names by the Seljuk rulers (Qubād, Kay Khusraw and so on) and in the use of Persian as a literary language (Turkish must have been essentially a vehicle for everyday speech at this time). The process of Persianization accelerated in the thirteenth century with the presence in Konya of two of the most distinguished refugees fleeing before the Mongols, Bahā' al-Dīn Walad and his son Mawlānā Jalāl al-Dīn Rūmī, whose Mathnawī, composed in Konya, constitutes one of the crowning glories of classical Persian literature."
  11. Mehmed Fuad Koprulu's, "Early Mystics in Turkish Literature", Traducido ao inglés por by Gary Leiser e Robert Dankoff , Routledge, 2006, páx. 149: "If we wish to sketch, in broad outline, the civilization created by the Seljuks of Anatolia, we must recognize that the local, i.e. non-Muslim, element was fairly insignificant compared to the Turkish and Arab-Persian elements, and that the Persian element was paramount. The Seljuk rulers, to be sure, who were in contact with not only Muslim Persian civilization, but also with the Arab civiliza­tions in al-jazlra and Syria - indeed, with all Muslim peoples as far as India — also had connections with {various} Byzantine courts. Some of these rulers, like the great 'Ala' al-Dln Kai-Qubad I himself, who married Byzantine princesses and thus strengthened relations with their neighbors to the west, lived for many years in Byzantium and became very familiar with the customs and ceremonial at the Byzantine court. Still, this close contact with the ancient Greco-Roman and Christian traditions only resulted in their adoption of a policy of tolerance toward art, aesthetic life, painting, music, independent thought - in short, toward those things that were frowned upon by the narrow and piously ascetic views {of their subjects}. The contact of the common people with the Greeks and Armenians had basically the same result. {Before coming to Anatolia,} the Turks had been in contact with many nations and had long shown their ability to synthesize the artistic elements that thev had adopted from these nations. When they settled in Anatolia, they encountered peoples with whom they had not yet been in contact and immediately established relations with them as well. Ala al-Din Kai-Qubad I established ties with the Genoese and, especially, the Venetians at the ports of Sinop and Antalya, which belonged to him, and granted them commercial and legal concessions. Mean­while, the Mongol invasion, which caused a great number of scholars and artisans to flee from Turkistan, Iran, and Khwarazm and settle within the Empire of the Seljuks of Anatolia, resulted in a reinforcing of Persian influence on the Anatolian Turks. Indeed, despite all claims to the contrary, there is no question that Persian influence was paramount among the Seljuks of Anatolia. This is clearly revealed by the fact that the sultans who ascended the throne after Ghiyath al-Din Kai-Khusraw I assumed titles taken from ancient Persian mythology, like Kai-Khusraw, Kai-Ka us, and Kai-Qubad; and that. Ala' al-Din Kai-Qubad I had some passages from the Shahname inscribed on the walls of Konya and Sivas. When we take into consideration domestic life in the Konya courts and the sincerity of the favor and attachment of the rulers to Persian poets and Persian literature, then this fact {i.e. the importance of Persian influence} is undeniable. With- regard to the private lives of the rulers, their amusements, and palace ceremonial, the most definite influence was also that of Iran, mixed with the early Turkish traditions, and not that of Byzantium."
  12. Stephen P. Blake, "Shahjahanabad: The Sovereign City in Mughal India, 1639-1739". Cambridge University Press, 1991. páx. 123: "For the Seljuks and Il-Khanids in Iran it was the rulers rather than the conquered who were "Pesianized and Islamicized"
  13. O.Özgündenli, "Persian Manuscripts in Ottoman and Modern Turkish Libraries", Encyclopaedia Iranica, Edición na rede, (LINK Arquivado 22 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.)
  14. Encyclopaedia Britannica, "Seljuq", Edición na rede, (LINK): "... Because the Turkish Seljuqs had no Islamic tradition or strong literary heritage of their own, they adopted the cultural language of their Persian instructors in Islam. Literary Persian thus spread to the whole of Iran, and the Arabic language disappeared in that country except in works of religious scholarship ..."
  15. M. Ravandi, "The Seljuq court at Konya and the Persianisation of Anatolian Cities", in Mesogeios (Mediterranean Studies), vol. 25-6 (2005), pp. 157-69
  16. F. Daftary, Sectarian and National Movements in Iran, Khorasan, and Trasoxania during Umayyad and Early Abbasid Times, na History of Civilizations of Central Asia, Vol 4, pt. 1; editado por M.S. Asimov e C.E. Bosworth; UNESCO Publishing, Institute of Ismaili Studies: "... Not only did the inhabitants of Khurasan not succumb to the language of the nomadic invaders, but they imposed their own tongue on them. The region could even assimilate the Turkic Ghaznavids and Seljuks (eleventh and twelfth centuries), the Timurids (fourteenth–fifteenth centuries), and the Qajars (nineteenth–twentieth centuries) ..."
  17. A tradición “Turco-Persa” "feitos culturais persas promovidos polos soberanos turcos". Ver Daniel Pipes: "The Event of Our Era: Former Soviet Muslim Republics Change the Middle East" no libro de Michael Mandelbaum,"Central Asia and the World: Kazakhstan, Uzbekistan, Tajikistan, Kyrgyzstan, Turkemenistan and the World", Consello de Relacións Exteriores, páx. 79. Cita exacta: "In Short, the Turko-Persian tradition featured Persian culture patronized by Turcophone rulers."
  18. Wink, Andre, Al Hind the Making of the Indo Islamic World, Brill Academic Publishers, Jan 1, 1996, ISBN 90-04-09249-8 pg.9
  19. Princeton University (ed.). "Dhu'l Qa'da 463/ August 1071 The Battle of Malazkirt (Manzikert)". The Seljuqs and Byzantium. ISBN. This battle was a turning point in both Byzantine and Seljuk history as it diminished the Byzantine military might, and opened up Asia minor to the Seljuq conquest. 
  20. Encyclopaedia Britannica, "Nizam al-Mulk", Edición na rede, (LINK)
  21. Grousset, Rene, The Empire of the Steppes, (New Brunswick:Rutgers University Press, 1988),159,161.
  22. Previte-Orton (1971), vol.1, pg. 278-9
  23. Dous exemplos son: as Universidades Nizamiyah de Bagdad e Nishapur.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • G. E. Tetley The Ghaznavid and Seljuk Turks: Poetry as a Source for Iranian History, Abingdon 2008, ISBN 978-0-415-43119-4
  • Previte-Orton, C. W (1971). The Shorter Cambridge Medieval History. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-20962-5
  • Fazli Konus, "Selcuklular Bibliyografyası", Konya, 2006, p. 410. ISBN 975-8867-88-1
  • Anne e Henry Stierline, Chris Miller. (2002). Turquía, de los Selyucidas a los Otomanos. TASCHEN. ISBN 3-8228-1803-8. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar