Urganch

Urgench (en uzbeko: Urganch / Урганч), é unha cidade de Uzbekistán, capital da provincia de Corasmia (Xorazm Viloyati), situada, en orixe, preto da desembocadura do Amu Daria, no sur do Mar de Aral. A actual cidade xorde tras o abandono da vella Urgench (Kunya-Urgench, en persa Gurgandj, en árabe Jurjániya), a que foi a capital de Corasmia.

En 1220 foi devastada polos mongois de Xenxis Kan. Despois foi abandonada tras o cambio producido no curso do Amu Daria. Estaba localizada no actual Turkmenistán, a uns 150 quilómetros da súa posición actual.

O célebre médico Ibn Sînâ (Avicena) e o sabio enciclopedista al Biruni viviron nesta cidade a finais do século X.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.