Dinastía aiúbida

dinastía musulmá de orixe kurda, fundada por Saladino e centrada en Exipto

A dinastía aiúbida[1] (en árabe: الأيوبيون al-Ayyūbīyūn; en kurdo: خانەدانی ئەیووبیان Xanedana Eyûbîyan) foi unha dinastía musulmá de orixe kurda[2][3][4] fundada por Saladino e centrada no Exipto. A dinastía gobernou grandes partes do Oriente Medio durante os séculos XII e XIII. Saladino converteuse en visir do Exipto fatimita en 1169, antes de abolir os fatimitas en 1171. Tres anos despois, proclamouse sultán após a morte do seu mestre, o gobernante zenguita Nur ad-Din.[5] Durante a seguinte década, os aiúbidas lanzaron conquistas ó longo da rexión e en 1183, os seus dominios abranguían o Exipto, a Siria, a alta Mesopotamia, o Hejaz, o Iemen e a costa do norte da África até a fronteira da actual Tunisia. A maioría dos estados cruzados, caeron baixo o poder de Saladino despois da súa vitoria na batalla de Hattin, en 1187, inclusive o Reino de Xerusalén. Porén, os cruzados recuperaron o control da liña costeira da Palestinea na década de 1190.

Dinastía aiúbida
الأيوبيون
ئەیووبی
1171–1260

Bandeira

Sultanato aiúbida (en rosa) durante a morte de Saladino en 1193.
Capital O Cairo (1171–1174)
Damasco (1174–1218)
O Cairo (1218–1250)
Alepo (1250–1260)
Lingua Árabe, kurdo e arameo
Relixión islam sunnita
Goberno Sultanato (confederación principesca)
Historia
 • Establecido 1171
 • Disolución 1260
Moeda Dinar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar