Califato fatimí
O califato fatimí (tamén califato de Exipto[1] ou Imperio fatimí; árabe: الفاطميون al-Fāṭimiyyūn)[2] foi o cuarto califato islámico, o único xiíta de toda a historia —ismailita, concretamente—.[1] Dominou o norte de África desde o ano 909 ao 1171. Inicialmente establecida en Tunes, a dinastía controlou a costa mediterránea de África e converteu Exipto no centro do seu califato na segunda metade do século x. No seu apoxeo, o califato incluía, ademais de Exipto, parte do Magreb, o Sudán, Sicilia, o Levante mediterráneo e a rexión de Hiyaz.
Epónimo | Fátima | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | Mahdia (909–948) Al-Mansuriya (pt) (948–973) O Cairo (973–1171) | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | |||
Relixión | Islam | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 9.100.000 km² | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | Abbásida, Emirado Aglábida (pt) , Reino Rustamida (pt) , Califado Idríssida (pt) e Reino Iquíxida (pt) | |||
Fundador | Ubayd Allah al-Mahdi (pt) | |||
Creación | 909 | |||
Disolución | 1171 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Império Aiúbida (pt) , Ziríes, Zengidas (pt) , Emirato de Sicilia, Reino de Xerusalén, Principado de Antioquía, Condado de Edesa, Condado de Trípoli e Hamaditas (pt) | |||
Moeda | Dinar | |||
Historia
editarOrixes: a rebelión dos fatimís
editarA ideoloxía relixiosa do califato fatimí tivo a súa orixe nun movemento xiíta ismailita.[3] O xurdimento da dinastía debeuse ao éxito da prédica dun proselitista xiíta a finais do século IX, Abu Abd Allah, que se estableceu entre os bérberes kutama no ano 893, a algúns dos cales coñecera na Meca.[4][3] Os kutama, monteñeses da Pequena Cabilia,[3] foron o núcleo das primeiras forzas militares fatimís, e o sostén da dinastía ata a súa desaparición.[5][6]
Os fatimís afirmaban descender da filla do profeta Mahoma, Fátima e do seu primo, xenro e cuarto califa do islam, Alí.[7] Tanto pola súa ascendencia como por graza divina, proclamaban ser imáns, gobernantes infalibles guiados por Alá.[7] Como tales, pretendían acabar coa dinastía abbásida,[8] á que tachaban de impostora e de querer impoñer a súa autoridade ao mundo enteiro.[7] Eran tamén inimigos dos omeias, que reinaban aínda na Península Ibérica.[9]
Alxeria produciu a dinastía nativa dos fatimís, entre a tribo dos kutama, no 899 Abdullah al-Mahdi Billah, o décimo primeiro imán, converteuse no caudillo do movemento. Os seus partidarios, comezaron por debilitar o decadente emirato aglabí no 893.[7] Ese ano o propagandista xiíta Abu Abd Allah asentouse entre os kutamas na vila de Ikchan, onde apenas se recoñecía xa a autoridade dos aglabíes.[3] Al-Mahdi obtivo o apoio de Abu Abdallah al-Chií.[4] Os kutamas se xactaban do seu país, situado no oeste de Ifriqiya (hoxe parte de Alxeria), da súa hostilidade cara aos abbásidas e da súa total independencia dos emires aglabíes. Os campesiños bérberes, que foran oprimidos durante décadas polo corrupto goberno aglabí, mostraron ser unha base perfecta para a sedición.[4] Al-Chií alzou a Pequena Cabilia contra os aglabíes aos poucos anos de comezar a súa prédica.[3] Enseguida, comezou a conquista de cidades da rexión, ao derrotar ás forzas aglabíes: primeiro Mila, a continuación, Sétif, Kairuán (marzo do 909), e finalmente Raqqada, a capital aglabí.[4][7][3] As antigas fortalezas bizantinas de Tobna, Belezna, Bagay e Tebessa, que debían protexer a Ifriqiya do avance fatimí, non puideron impedir a conquista.[3]
Abu Abd Allah chamou a Ubaid Allah tras as primeiras vitorias sobre os aglabíes.[8] Este abandonou o Oriente Próximo e cruzou Exipto, Libia e Ifriqiya e no canto de reunirse con Abu Abd Allah, foi a Siyilmasa, capital do señorío midrarí dos oasis de Tafilete.[8] Comezou a facer proselitismo co pretexto de ser un comerciante, pero foi encarcerado o emir, que o considerou subversivo.[8] Ubaid Allah e o seu fillo fixeran o seu camiño a Siyilmasa, fuxindo da persecución dos abasis, que atoparon as súas crenzas ismailíes non só pouco ortodoxas, senón tamén unha ameaza para a situación do seu califato. Segundo a lenda, Ubaid Allah e o seu fillo estaban a cumprir unha profecía de que o Mahdi viría de Mesopotamia a Siyilmasa.
Al-Chií enviou un exército cara ao oeste, apoderouse da capital rustumí de Tiaret e logo de Siyilmasa, onde se achaba cativo Ubayd Allah.[4][8] O señor midrarí de Siyilmasa foi vencido diante das murallas da súa cidade.[8] Despois de obter a liberdade, Ubaid Allah converteuse no caudillo do novo Estado e asumiu o cargo de imán e califa en Kairuán o 5[nota 1] de xaneiro do 910 e proclamouse mahdi.[4][10][nota 2] Mentres, a poboación de Siyilmasa asasinou á gornición kutama que quedara para gardar a cidade e devolveu o poder aos midraríes.[8]
Notas
editar- ↑ Segundo Lev, en Raqqada o 15 de xaneiro do 910.[7] Segundo Lévi Provençal, a proclamación como califa e mahdi fíxose no mesmo campo de batalla ás portas de Siyilmasa, tras a liberación do imán.[8]
- ↑ O mahdi é unha especie de mesías musulmán, un enviado divino que, o final dos tempos, restablecera a xustiza.[7]
- ↑ 1,0 1,1 Esparza, José Javier (2015). "La fragmentación del califato". Historia de la yihad (La esfera de los libros): 181–182. ISBN 978-84-9060-364-2.
- ↑ Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid - España: Akal. p. 80. ISBN 978-84-460-0924-5.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Lévi Provençal 1957, p. 305.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Vallvé Bermejo 2003, p. 226.
- ↑ Lev 1987, p. 337.
- ↑ Lev 1984, pp. 248-249.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Lev 1984, p. 228.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 Lévi Provençal 1957, p. 306.
- ↑ Lévi Provençal 1957, p. 307.
- ↑ Lev 1988, p. 187.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Califato fatimí |
Bibliografía
editar- Beshir, Beshir Ibrahim (1975). "New Light on Nubian Fāṭimid Relations". Arabica 22 (1): 15–24.
- Fierro, Maribel (2011). Abderramán III y el califato omeya de Córdoba. Nerea. p. 292. ISBN 9788496431850.
- Fletcher, Richard (1999). La España mora. Nerea. p. 213. ISBN 9788489569409.
- Lev, Yaacov (1988). "The Fāṭimids and Egypt 301-358/914-969". Arabica 35 (2): 186–196.
- Lev (1988). "The Fāṭimid Imposition of Ismā'īlism on Egypt (358-386/969-996)". Zeitschrift der Deutschen Morgenländischen Gesellschaft 138 (2): 313–325.
- Lev, Yaacov (1987). "Army, Regime, and Society in Fatimid Egypt, 358-487/968-1094". International Journal of Middle East Studies 19 (3): 337–365.
- Lev, Yaacov (1984). "The Fatimid navy, Byzantium and the Mediterranean sea 909-1036 C.E./297-427 A.H.". Byzantion 54 (1): 220–252.
- Lev, Yaacov (1982). "The Fāṭimids and the Aḥdāth of Damascus 386/996–411/1021". Die Welt des Orients 13: 97–106.
- Lévi Provençal, Évariste (1957). Historia de España: España musulmana hasta la caída del califato de Córdoba: 711-1031 de J.C. Tomo IV. Espasa-Calpe. Edición de Ramón Menéndez Pidal & Leopoldo Torres-Balbás. Traducción de Emilio García Gómez. ISBN 9788423948000.
- Vallvé Bermejo, Joaquín (2003). Abderramán III: califa de España y Occidente. Ariel. ISBN 84-344-6682-1.