Os zíridas[2] foron unha dinastía bérber orixinaria da Cabilia, unha rexión montañosa de Alxeria, que desde o século X gobernaron a rexión de Ifriquiya, primeiro como vasalos dos fatimís e, a partir de 1048 e até 1163, como emires independentes.

Mapa dos territorios dominados pola dinastía zíridas cara ao ano 1000.[1]
O Albaizín en Granada.

Clientes fatimís editar

Cando os fatimís trasladaron a capital a O Cairo (Exipto) no 969, deixaron Ifriqiya a cargo dos zíridas, pertencentes á confederación bérber sinhaya, e nomearon como lugartenente (emir), de toda a parte occidental do Magreb, a Buluḳḳīn ibn Zīrī, co cal por primeira vez accede ao poder unha dinastía de orixe bérber.[3]

Nunha serie de campañas, trataron de facerse co control do Magreb central (Alxeria), ao que se opuxeron en xeral os bérberes da outra confederación principal, a zanata, que contaban co apoio do Goberno omeia cordobés.[4] Os zíridas tiveron dúas pólas que gobernaron, por unha banda, Ifriquiya e o Magreb e, por outra, Granada e Málaga.[5] Foron, ademais, hábiles guerreiros ao servizo dos califas fatimís e cordobeses.

Ao morrer Al-Mansur ibn Bulugguín no 996, dous dos tíos do novo emir Nàssir-ad-Dawla Badis ibn al-Mansur rebeláronse en Tremecén e sometéronse aos omeias cordobeses. Derrotados, pasaron á Península Ibérica cos seus seguidores.

No 1048, negáronse a continuar como vasalos dos fatimís, apoiando aos abbásidas e retornando ao dogma suní.[6] Os fatimís de Al-Mustansir non se puido opor militarmente por ter outros problemas pero mandou nómades árabes do Alto Exipto, os Banu Hilal e os Banu Suleimán, que devastaron todo o Magreb, o que provou a decadencia de toda a rexión.[6]

Capitais editar

 
Mapa de Kabilia
 
Territorio zírida no Magreb e en Al-Andalus

Reis zíridas en Al-Andalus editar

Unha rama dos zíridas, fundada por Ziri Manade e encabezada polo seu principal descendente, Zawi ben Ziri, trasladouse a Al-Andalus para servir como mercenarios ás ordes do califa de Córdoba, Hisham II e do seu hayib Almanzor. Á morte deste, en Medinaceli, o 12 agosto de 1002 (25 de Ramadán de 392), desátase unha guerra civil en Al Andalus. Zawi toma parte nela como cabeza militar dun dos bandos e no 1011 arrasa Medina Azahara e en marzo de 1013 toma Córdoba e funda a Taifa de Granada, un reino independente musulmán que xurdiu no Al-Andalus por mor da desintegración do Califato de Córdoba, e da que foi o seu primeiro emir (príncipe ou caudillo militar).[13][14] Trasladou a súa capital desde Medina Elvira á actual cidade de Granada. Morreu envelenado en Alxer en 1019 por orde do seu rei, o tamén zírida, Mahdia.

En 1057 anexionáronse a Taifa de Málaga ao conquistala aos reis da dinastía hammudí que a gobernaban desde 1026. Con todo, en 1073, a taifa malagueña volvería independizarse da man do tamén zírida Tamim, irmán do rei granadino Abd’Allah ben Buluggin polo que até a caída destes reinos a mans dos Almorábides en 1090, no Al-Andalus coexistiron dous reinos taifas gobernados por membros da dinastía zírida.

Por extensión, o termo zírida aplícase tamén á arte e ás construcións civís realizadas en época desta dinastía nas zonas de Al-Andalus que dominaron (Granada e Málaga). Entre elas destacan a alcazaba Cadima no Albaicín, parte da antiga muralla de Granada e a Alcazaba de Málaga.

Taifa de Granada editar

Nº de orde Nome Anos no poder
1 Zawi ben Ziri as-Sinhayi 1013-1019 
2 Buluguin ben Zawi 1019 
3 Habús ben Maksan ben Ziri as-Sinhayi al-Muzaffar 1019-1038 
4 Badis ben Habús al-Mansur 1038-1073 
5 Buluguin ben Badis 1073 
6 Abd’Allah ben Buluggin ben Badis, Sayf ad-Dawla 1073-1090

Taifa de Málaga editar

  • Tamin ben Buluggin ben Badis (1073-1090)

Notas  editar

  1. http://www.euratlas.net/history/europe/1000/entity_2146.html
  2. Zírida no DIGALEGO
  3. Hrbek (1990), p. 356
  4. Hrbek (1990), p. 350
  5. 5,0 5,1 5,2 Zeidan, Adam. "Zīrid dynasty". britannica.com (en inglés). Consultado o 2-6-2019.
  6. 6,0 6,1 Mazot (2001), p. 142
  7. Larej (2000), p. 21
  8. Achir (en inglés)
  9. Hrbek (1990). p. 358
  10. 10,0 10,1 Idris (1968), p. 358
  11. Mahdia (en inglés)
  12. Idris (1968), p. 364
  13. "emir". digalego.xunta.gal. Consultado o 2-6-2019. 
  14. "emir". academia.gal. Consultado o 2-6-2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar