Zawi ben Ziri

soberano da taifa de Granada

Zawi ben Ziri as-Sinhayi ou (en árabe: المنصور بن زيري بن الزاوي مانادو) Al-Mansur Zawi Ibn Ziri Ibn as-Manade Sanhaji, nado en Achir, foi un xefe bérber da dinastía Zirí. Fundou a Taifa de Granada e iniciou a dinastía zirida sendo o seu primeiro rei ou emir, reinando entre os anos 1013 e 1019.

Estatua de Zawi ben Ziri.

Traxectoria editar

Fillo do xeneral do califato fatimí Ziri ben Manade, naceu na antiga capital do reinado zirida de onde foi señor tras o seu pai, Ziri ben Manade, e o seu irmán, Buluggin ben Ziri. Logo serviu como xeneral mercenario ás ordes de Almanzor, o Hayib do Califa de Córdoba cuxa morte, o 12 de agosto de 1002 (25 de ramadán de 392) desatou unha guerra civil en Al-Ándalus na que participou Zawi arrasando Medina Azahara en 1011. Tras facerse en 1013 coa Cora de Elvira, cuxa capital era a cidade homónima Medina Elvira, fundou a taifa de Granada da que foi o seu primeiro Emir (rei).

A cidade de Elvira atopábase nunha localización de complicada defensa polo que Zawi ben Ziri decidiu trasladar a capital do reino taifa a Medina Garnata, a actual Granada. En 1019, Zawi deixou Granada coa intención de facerse co goberno da rexión norteafricana de Ifriquiya da que era oriúndo, xa que o seu rei falecera e o herdeiro era menor de idade. Esta decisión supúxolle a perda do trono granadino a mans do seu sobriño Habús ben Maksan e a morte, xa que foi envelenado en Alxer polo seu rei, o tamén zirí Mahdia.

Os ziríes foron gobernantes de reinos en Ifriquiya (Magreb), Granada e Málaga.