Herat
Coordenadas: 34°22′26″N 62°10′45″L / 34.37385, 62.179180555556
Herat é unha cidade de Afganistán duns 477.500 habitantes (2015), situada no oeste do país, no val do río Hari. Capital da provincia homónima, está nunha zona fértil coñecida dende hai séculos polo viño. A poboación é principalmente de etnia farsi, pastún, hazara ou uzbeka, de relixión musulmá e lingua persa.
Herat | |
---|---|
هرات | |
Varias imaxes de Herat | |
Localización | |
País | ![]() |
Provincia | Provincia de Herat |
Xeografía | |
Altitude | 920 msnm |
Demografía | |
Poboación | 477.500 hab. (2015) |
Historia Editar
A historia da cidade remóntase a máis de 2500 anos. Nos tempos do imperio aqueménida era coñecida como Aria. Heródoto chamouna o graneiro de Asia Central. No 330 a.C foi conquistada por Alexandre Magno ó seu paso polo leste das terras persas. Despois diso reconstruíuna engadindo a cidadela. Pasou polas mans do imperio seléucida, do imperio parto e do imperio sasánida, sufriu os ataques do hunos, converteuse ó islam no século VII, e pasou ó califato Abbasí. Despois de ser capturada polos mongois en 1221, foi destruída por Xenxis Kan. Foi novamente destruída por Tamerlán en 1381. No século XIX estivo no centro dos conflitos entre os británicos e os rusos. O bombardeo soviético de 1979 destruíu a cidade. En 1995 foi capturada polos talibáns e caeu despois nas mans da Alianza do Norte.
Na actualidade acolle as forzas pacificadoras da OTAN, cun destacamento do exército español.