Pedro I de Courtenay
Pedro de Francia[1], nado c. 1125 e finado c. 1183, foi o menor dos fillos do rei Lois VI de Francia e da súa segunda esposa, Adela de Savoia. Foi señor de Courtenay, Montargis, Château-Renard, Champignelles, Tanlay, Charny e Chantecoq.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | setembro de 1126 (Gregoriano) Reims |
Morte | 10 de abril de 1183 (Gregoriano) (56 anos) Acre |
Lugar de sepultura | Exeter Cathedral (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Familia | Casa de Capeto (pt) e Casa de Courtenay |
Cónxuxe | Elisabeth de Courtenay (1150 (Gregoriano)–) |
Fillos | Pedro II de Courtenay, valor descoñecido, Clémence of Courtenay (en) , Philippe de Courtenay (en) , Constance de Courtenay, Dame de Châteaufort (en) , Jean de Courtenay, Seigneur de Yerre (en) , Eustachie de Courtenay (en) , William de Courtenay, Seigneur de Tanlai (en) , Alice de Courtenay (pt) , Robert Ier de Courtenay-Champignelles (pt) , Isabelle de Courtenay (en) |
Pais | Lois VI de Francia e Adela de Saboia |
Irmáns | Constanza de Francia, condesa de Tolosa, Lois VII de Francia, Roberto I de Dreux, Filipe de Francia, Arquidiácono de París, Filipe de Francia e Enrique de Francia, Arcebispo de Reims |
Notes |
Traxectoria editar
O seu pai deulle a dignidade de abade laico da colexiata de Nantes.
Acompañou en 1147 aos seus irmáns Lois VII de Francia et Roberto I de Dreux á Segunda Cruzada, tomando parte en todos os combates, entre eles o de Laodicea e no sitio de Damasco. Entre os cruzados estaba igualmente Renaud de Courtenay, pai da súa futura muller.
Cando os seus irmáns Henrique e Roberto se rebelaron contra a autoridade do rei, o seu irmán Lois, foi o único que permaneceu fiel, en 1149-50.
Tomou a cruz unha segunda vez en 1179 co conde Henrique I de Champaña e con Filipe de Dreux, bispo de Beauvais, o seu sobriño, e pasou a Terra Santa[2].
Morreu entre 1180 e 1183.
Matrimonio e descendencia editar
Contraeu nupcias con Isabel de Courtenay, filla de Reinaldo de Courtenay e Hawise de Donjon, e foron pais de 10 fillos, entre eles o futuro Emperador Latino de Constantinopla[3]:
- Filipe de Courtenay (1153 - 1186).
- Pedro II de Courtenay (1155-1219, Emperador Latino de Constantinopla).
- Alicia de Courtenay (1160-1218), condesa de Angulema polo seu matrimonio con Aymer de Talliefer. Xuntos foron pais da Raíña de Inglaterra Isabel de Angulema.
- Eustacia de Courtenay (1162-1235), casada con Guillerme de Brienne.
- Clemencia de Courtenay (1164-?).
- Roberto de Courtenay, Señor de Champignelles (1166-1239).
- Guillerme de Courtenay, Señor de Tanlay (1168-1248).
- Isabel de Courtenay (1169-?).
- Constanza de Courtenay (1170-1231).
Notas editar
- ↑ A súa xenealoxía na páxina Medieval Lands
- ↑ Reto R. Bezzola, Les Origines et la formation de la littérature courtoise en occident (500-1200), volume 3, H. Champion, 1966, p. 374
- ↑ "Dynastie de Courtenay". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2018.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Pedro I de Courtenay.