Roberto III de Flandres

Roberto III de Flandres, ou Roberto de Dampierre, tamén chamado Roberto de Béthune (feudo da súa nai), nado en 1247 e finado en Ypres o 17 de setembro de 1322, fillo de Guido de Dampierre e Mafalda de Béthune foi conde de Nevers con Violante de Borgoña (1272 - 1280) e conde de Flandres (1305 - 1322).

Infotaula de personaRoberto III de Flandres

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Robert de Béthune Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1249 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 1322 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Ieper Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de São Martinho (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoOitava Cruzada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Dampierre (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBlanche of Anjou (1265 (Gregoriano)–)
Iolanda de Borgonha
FillosLois de Nevers
 () Iolanda de Borgonha (pt) Traducir
Yolanda de Dampierre (en) Traducir
 () Iolanda de Borgonha (pt) Traducir
Charles de Flandre (en) Traducir
 () Blanche of Anjou (en) Traducir
Joanna of Flanders (en) Traducir
 () Iolanda de Borgonha (pt) Traducir
Robert, Count of Marle (en) Traducir
 () Iolanda de Borgonha (pt) Traducir
Matilda de Flandre (en) Traducir
 () Iolanda de Borgonha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGuido I de Flandres Editar o valor em Wikidata  e Matilda of Béthune (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBeatrice of Flanders (en) Traducir, Filippa van Vlaanderen (pt) Traducir, Margaret of Dampierre (en) Traducir, Beatrix of Flanders (en) Traducir, Isabelle of Flanders (en) Traducir, Margarida de Dampierre (pt) Traducir, Marie of Dampierre (en) Traducir, John I, Marquis of Namur (en) Traducir, Filippo de Dampierre, William of Dendermonde (en) Traducir, Henry, Count of Lodi (en) Traducir, Guy of Namur (en) Traducir e John of Flanders (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dampierre-45 Find a Grave: 6046 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
O conde Roberto III de Flandres (primeiro á esquerda) e a súa sucesión (Capela dos Condes de Courtrai)

En 1266, Roberto casou con Branca de Anjou, filla de Carlos I de Anjou, conde de Anjou e de Beatriz I, condesa da Provenza e Forcalquier.

Roberto de Béthune gañou certa reputación militar en Italia, onde loitou (1265-1268) xunto ao seu sogro, Carlos I de Anjou, contra Manfredo I de Sicilia a quen o papa Clemente IV viña de excomungar. Este último morreu na batalla de Benevento en 1266.

En 1270, Roberto participou co seu pai na oitava cruzada, dirixida por Lois IX de Francia. Ao seu regreso, continuou apoiando ao seu pai na súa loita contra a hexemonía de Filipe IV de Francia, que quería incorporar Flandres á coroa de Francia.

En 1272, Roberto casou con Violante de Borgoña, filla de Odón de Borgoña, conde de Nevers, Auxerre e Tonnerre e de Matilde II de Borbón. Oito anos máis tarde, en 1280, acusou a Violante de envelenar o seu fillo Carlos, nacido do seu primeiro matrimonio, e fixo que a esganasen[1].

O 20 de xaneiro de 1297, Guido de Dampierre rompe todos os lazos feudais co rei de Francia. O conde de Flandres tiña 71 anos, unha idade considerábel para a época, e de facto Roberto era o verdadeiro dirixente. En maio de 1300, mentres a resistencia contra Francia parecía desesperada, Roberto foi capturado co seu pai e irmán Guillerme de Crèvecoeur. Os tres foron presos no castelo de Chinon.

Filipe de Dampierre, outro irmán, tomou entón a rexencia de Flandres. Inicialmente derrotou a Filipe o Fermoso na Batalla das Esporas de ouro ou de Courtrai, o 11 de xullo de 1302. Pero o rei de Francia vingouse na batalla de Mons-en-Pévèle o 18 de agosto de 1304.

O 20 de agosto, Filipe o Vello avanzou cara a Lille, pasando por Seclin, que sufriu depredacións debido á súa lealdade ao conde. O asedio de Lille durou un mes, despois do cal a cidade capitulou. Flandres, pouco a pouco, volveu atoparse baixo o control real. As negociacións levaron, en xuño de 1305, ao tratado de Athis-sur-Orge. O tratado organizaba o transporte de Flandres, é dicir, a transferencia da soberanía da Flandres valoa (de fala románica) e impoñía un rescate esmagador.

En xullo, Guido de Dampierre morreu en catividade. Prometendo cumprir o tratado de Athis-sur-Orge, Roberto que renunciou ás estratéxicas castelanías de Lille, Douai e Orchies foi autorizado a regresar ao seu condado. Porén, en abril de 1310, co apoio dos seus súbditos e da súa familia, comezou a resistir aos franceses. Diplomática e militarmente, conseguiu pouco a pouco tomar posición contra o Rei de Francia.

Sospeitando que o seu segundo fillo, Lois de Nevers, procedente do seu segundo matrimonio, apoiaba ao rei de Francia e quería tentar un atentado contra a súa propia vida, Roberto fíxoo arrestar e encarcerar en Rupelmonde, así como a un monxe ao que acusou de complicidade[2]. Torturado, o monxe non admitiu nada e a acusación foi retirada. Pero, Roberto intentou desherdar a Lois en favor de Roberto de Cassel, o irmán seguinte. En Gante, os partidarios de Lois ameazaron con se rebelaren. Afortunadamente os maxistrados da cidade propuxeron a súa mediación. Lois foi liberado e refuxiouse con Filipe V de Francia, prometendo non entrar en Flandres antes da morte do seu pai.

En 1319 Roberto III intentou retomar Lille. Pero a milicia de Gante, que apoiaba a Lois de Nevers, protexido do rei de Francia, negouse a seguilo e cruzar o río Lys. Roberto abandonou a batalla e foi a París para restablecer os lazos feudais co rei francés. Pero aínda despois diso, continuou obstaculizando a execución do tratado de Athis-sur-Orge.

Roberto morreu o 17 de setembro de 1322. Desexando explicitamente ser enterrado en chan flamengo, foi enterrado inicialmente en Ypres, na catedral de Saint-Martin. Máis tarde, cando Lille e Douai se uniron de novo no condado de Flandres, o seu corpo foi trasladado ao lado da súa primeira esposa e do seu pai na abadía de Flines (preto de Lille).

O seu fillo Lois I de Nevers precedeuno na tumba dous meses, e foi o seu neto, Lois I, conde de Nevers e Rethel (como Lois II) quen o sucedeu.

Posteridade editar

Atrapado entre a revolta flamenga e a súa lealdade ao rei de Francia, Roberto non conseguiu manobrar con suficiente habilidade. Como bo señor feudal, definíase como un fiel vasalo, pero asumiu por si mesmo as obrigas financeiras e as vexacións contra os flamengos. Durante os períodos de paz (1309-1312 e despois 1317), Roberto, como os seus predecesores, favoreceu o comercio e protexeu os comerciantes.

Devanceiros editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Guillerme I de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
8. Guido II de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Ermengarda de Mouchy
 
 
 
 
 
 
 
4. Guillerme II de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Arquimbaldo de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
9. Matilde I de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Alix de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
2. Guido de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Balduíno V de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
10. Balduíno VI de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Margarida de Alsacia
 
 
 
 
 
 
 
5. Margarida de Constantinopla
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Henrique I de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
11. María de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. María de Francia
 
 
 
 
 
 
 
1. Roberto III de Flandres
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Roberto V de Béthune
 
 
 
 
 
 
 
12. Guillerme II de Béthune
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ida de Saint-Pol
 
 
 
 
 
 
 
6. Roberto VII de Béthune
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Gautier II de Dendermonde
 
 
 
 
 
 
 
13. Mafalda de Dendermonde
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Adelaida de Rosoy
 
 
 
 
 
 
 
3. Mafalda de Béthune
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Gottschalk III de Morialmes
 
 
 
 
 
 
 
14. Arnold de Morialmes
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Eduvidis de Ham
 
 
 
 
 
 
 
7. Isabel de Morialmes
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Balduíno II de Bailleul
 
 
 
 
 
 
 
15. Xoana de Bailleul
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Inés de Wavrin
 
 
 
 
 
 

Descendencia editar

 
Lápida de Robert na catedral de Sint-Maartenskerk en Ypres

Do seu primeiro matrimonio en 1266 con Branca de Anjou (1250 - 1269), filla de Carlos I de Anjou, rei de Sicilia, conde de Anjou e Maine, e de Beatriz I da Provenza:

  1. Carlos, morto novo.

Do seu segundo matrimonio en 1272 con Violante de Borgoña (finada en 1280), condesa de Nevers 1265-1280:

  1. Lois I (1272-1322), conde de Nevers e Rethel, pai de Lois I de Flandres.
  2. Roberto (finado en 1331), señor de Marle e Cassel, casou (1323) con Xoana da Bretaña (1294-1364), filla de Artur II, duque da Bretaña, e de Iolanda ou Violante, condesa de Montfort, dos que tivo a:
    • Xoán, señor de Cassel finado en 1332).
    • Iolanda (1331-1395), esposa de Henrique IV de Bar.
  3. Xoana (finada en 1333) casada (1288) con Enguerrando IV de Guînes, señor de Coucy (finado en 1311).
  4. Iolanda (finada en 1313) casada (1287) con Gautier II de Enghien (finado en 1310).
  5. Matilde, casada (1314) con Mateo de Lorraine (finado en 1330), señor de Florennes e Pesche, sen descendencia.

Notas editar

  1. Histoire des Français, pàgina 376
  2. Abrégé chronologique de l'histoire de Flandre, pàgina 183

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Histoire des Français, Volume 9, Par Jean-Charles-Léonard Simonde Sismondi, Amédée Renée, 1826
  • Abrégé chronologique de l'histoire de Flandre, Par André-Joseph Panckoucke, 1762