Alberte III de Namur

Alberte III de Namur, nado cara a 1027, finado no ano 1102, foi conde de Namur dende 1063 até a súa morte. Era fillo de Alberte II, conde de Namur, e de Rexelinda de Verdún (ou de Lotarinxia).

Infotaula de personaAlberte III de Namur
Biografía
Nacemento1027
Morte22 de xuño do 1102
Actividade
OcupaciónSoberano
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Namur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIda de Saxonia
FillosGodofredo de Namur

Federico de Namur

Alberte de Namur
PaisAlberte II de Namur Editar o valor em Wikidata  e Regelindis of Lower-Lorraine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Namur-5

Biografía editar

Entre o 1071 e 1072, Alberte III apoiou a Richilde do Henao, condesa de Flandres e do Henao, na súa pugna contra Roberto I de Flandres, pero esta foi derrotada e tivo que renunciar aos seus dereitos sobre Flandres. No 1076, apoiado por Matilde de Toscana, Alberte III reivindicou o ducado de Bouillón, ao que consideraba ter dereitos en razón da súa ascendencia materna, e combate a Godofredo de Bouillon para facer valer as súas pretensións.[1] Durante unha batalla preto de Dalhem, o 20 de setembro de 1085, Alberte III matou o conde palatino Hermann II de Lotarinxia, o que lle fixo caer en desgraza ante o emperador xermánico. Finalmente, mediante a Tregua de Deus de 1086, o bispo de Liexa conseguiu que os contendentes alcanzasen a paz, en proveito dos intereses de Godofredo.

No 1099, o bispo Otberto de Liexa concedeulle o condado de Brunenferuz. Este aparece nun documento de 1101 asociado ao fillo de Alberte III, Godofredo.

Matrimonio e descendencia editar

Alberte III casou cara a 1065 con Ida de Saxonia[2] (finada en 1102), viúva de Federico de Luxemburgo, duque da Baixa Lotarinxia. Ida parece ser filla de Bernardo II, duque de Saxonia. Tiveron cinco fillos:

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The Boydell Press, ed. (2005). Chronicle of Hainaut. 

Ligazóns externas editar

Predecesor:



Alberte II
 



Conde de Namur




1063-1102
Sucesor:



Godofredo I