Iolanda de Flandres
Iolanda de Flandres, nada en 1175 e finada en 1219, foi unha nobre que gobernou o Imperio Latino en Constantinopla en nome do seu esposo Pedro II de Courtenay desde 1217 a 1219. Foi filla de Balduíno V de Hainaut e de Margarida I de Flandres.
Iolanda de Flandres | |
---|---|
Nacemento | 1175 |
Falecemento | 1219 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Ocupación | política |
Pai | Balduíno V de Hainaut |
Nai | Margarida I de Flandres |
Cónxuxe | Pedro II de Courtenay |
Fillos | Philip II, Marquis of Namur, Roberto I de Constantinopla, Henry II of Namur, Balduíno II de Constantinopla, Margarida de Namur, Elisabeth of Courtenay, Iolanda de Courtenay, María de Courtenay, Inés de Courtenay (princesa de Acaia) e Eleonor of Courtenay |
Irmáns | Isabel de Hainaut, Filipe I de Namur, Balduíno I de Constantinopla e Henrique de Flandres |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Era a terceira filla de Balduíno V, conde de Hainaut e marqués de Namur, e de Margarida de Alsacia, condesa de Flandres. Dous dos seus irmáns, Balduíno e Henrique, foron emperadores en Constantinopla. Tras a morte do último en 1216, entrouse nun breve período de tempo sen emperador antes de que Pedro resultase elixido. Pedro enviou a Iolanda a Constantinopla mentres loitaba contra o Despotado de Epiro, loita na que Pedro foi capturado.
Ao descoñecer que pasara co seu esposo, probabelmente morto, Iolanda gobernou como rexente. Aliouse cos búlgaros contra diversos estados bizantinos e foi capaz de establecer a paz con Teodoro I Láscaris do Imperio de Nicea, que casou coa súa filla. Con todo, Iolanda morreu en 1219.
Sucedeuna no trono o seu segundo fillo, Roberto de Courtenay, xa que o seu fillo máis vello non desexaba o trono. Ao atoparse Roberto en Francia nese momento, tecnicamente non houbo emperador até a súa chegada en 1221.
Descendencia editar
Do seu matrimonio con Pedro II de Courtenay naceron 12 fillos:
- Margarida, marquesa de Namur.
- Filipe, marqués de Namur, que declinou o trono do Imperio Latino.
- Sibila, monxa.
- Isabel, casada primeiro con Walter, conde de Bar e logo con Odón de Borgoña, señor de Montaigu.
- Iolanda, casada con André II, rei de Hungría.
- Roberto de Courtenay, emperador latino de Constantinopla.
- Inés, casada con Godofredo II de Villehardouin, príncipe de Acaia.
- María, casada con Teodoro I Láscaris, emperador de Nicea.
- Henrique, marqués de Namur, tamén declinou a coroa do Imperio Latino.
- Leonor, casada con Filipe de Montfort, señor de Castres, da Ferté-Alais e de Bréthencourt.
- Constanza, monxa.
- Balduíno, último emperador latino de Constantinopla.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Donald M. Nicol, The Last Centuries of Byzantium, 1261-1453, (Cambridge University Press, 2002), 12.