José Vázquez Vigo

músico arxentino

José Vázquez Vigo, nado en Ferrol o 22 de abril de 1898 e finado en Buenos Aires o 26 de novembro de 1955, foi un músico e compositor galego.

José Vázquez Vigo
Nome completoJosé Vázquez Vigo
AlcumeRonald Colman e Gallego
Nacemento22 de abril de 1898
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento26 de novembro de 1955
Lugar de falecementoVilla Ballester
CausaIctus
NacionalidadeEspaña e Arxentina
Ocupaciónmúsico, compositor e director de orquestra
FillosCarmen Vázquez-Vigo
Na rede
IMDB: nm0904735 Musicbrainz: 633d4038-a1f2-4f9f-b0a3-d930226164b9 Discogs: 4180655 Find a Grave: 7700428 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1914 marchou a Buenos Aires onde se reuniu co seu irmán Julio que emigrara anteriormente. Foi director de orquestras porteñas como Iberia ou Los Murciélagos. Compuxo pasodobres, xotas, muiñeiras, rancheiras, tangos e valses, con títulos de éxito como Currito de la Cruz, Cara Morena, La coruñesa, La comadreja, Guitarra española, Mulatita mía, e Nena. Chegou a compoñer un tango, Maryflor, que gravou Carlos Gardel, de quen foi secretario persoal durante algún tempo. Tamén foi amigo do compositor Enrique Santos Discépolo, con quen colaborou como director musical en catro películas realizadas por Discépolo: El amanecer de una raza, Loco lindo, Melodías porteñas e Palermo.

Regresou a España en 1947 instalándose en Madrid, pero volveu a Arxentina uns anos despois.

Foi pai da escritora Carmen Vázquez-Vigo e avó da actriz española Verónica Forqué.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar