Karl Ziegler
Karl Waldemar Ziegler, nado o 26 de novembro de 1898 en Helsa (preto de Kassel) e finado o 11 de agosto de 1973 en Mülheim an der Ruhr, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.
Karl Waldemar Ziegler | |
---|---|
![]() Karl Ziegler | |
Datos persoais | |
Nacemento | 26 de novembro de 1898 |
Lugar | Helsa preto de Kassel ![]() |
Falecemento | 11 de agosto de 1973 |
Lugar | Mülheim an der Ruhr ![]() |
Soterrado | Hauptfriedhof Mülheim an der Ruhr |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | alemán |
Cónxuxe | |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | |
Director de tese | |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou química e doctorouse en 1923 na Universidade de Marburg. Traballou como profesor universitario en Frankfurt e en Heidelberg, ata que en 1943 foi nomeado director de Investigacións sobre o carbono no prestixioso Instituto Max Planck, situado na cidade de Mülheim.
Tamén foi profesor no instituto RWTH de Aachen.
Investigacións científicasEditar
Iniciou as súas investigacións estudando as reaccións entre os compostos organometálicos, especialmente do litio, e o butadieno, e máis tarde descubriu que os compostos de aluminio comportábanse de xeito análogo co etileno. O resultado desta investigación previa foi a fabricación en 1953 de polietileno mediante un procedemento de baixa presión, segundo o cal o etileno forma longas cadeas de adición co catalizador de aluminio.
Ziegler gañou o premio Nobel de química en 1963 compartíndoo co italiano Giulio Natta, polos seus traballos na tecnoloxía dos polímeros de alta masa molecular.
Tamén traballou na química dos radicais químicos con carbono trivalente e na síntese de compostos policíclicos como a cantaridina.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karl Ziegler |
Ligazóns externasEditar
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1963 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1963 (en inglés)
Predecesor: John Cowdery Kendrew e Max Ferdinand Perutz |
Premio Nobel de Química 1963 compartido con Giulio Natta |
Sucesor: Dorothy Crowfoot |