Max Perutz

químico británico de orixe austríaca
(Redirección desde «Max Ferdinand Perutz»)

Max Ferdinand Perutz, OM nado o 19 de maio de 1914 en Viena (Imperio Austrohúngaro) e finado o 6 de febreiro de 2002 en Cambridge (Inglaterra), foi un químico británico, de orixe austríaca, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1962.

Infotaula de personaMax Ferdinand Perutz
Nome orixinal(de) Max Ferdinand Perutz Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1914
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 2002 (87 anos)
Cambridge Inglaterra Inglaterra
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaInglaterra Inglaterra
País de nacionalidadeReino Unido (1941–)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Austria Editar o valor em Wikidata
Relixiónxudeu
Educación
  • Universidade de Viena
  • facultade Peterhouse, Cambridge da Universidade de Cambridge
  • Director de teseJohn Desmond Bernal (pt) Traducir e William Lawrence Bragg Editar o valor em Wikidata
    Coñecido por
  • Estudo da estrutura das proteínas da hemoglobina
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Bioloxía molecular
  • Cristalografía
  • Ocupaciónbiólogo , cristalógrafo , biofísico , profesor universitario , biólogo molecular , químico , bioquímico Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade de Cambridge
    Universidade de York Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    ProfesoresJohn Desmond Bernal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    AlumnosFrancis Crick e John Cowdery Kendrew Editar o valor em Wikidata
    LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
    Obra
    Obras destacables
    Doutorando
  • James Watson
  • Francis Crick
  • Familia
    Cónxuxe
  • Gisela Peiser (1942)
  • FillosRobin Perutz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Premios
  • Premio Nobel de Química (1962)
  • Orde ao Mérito do Reino Unido (OM)
  • Medalla Royal (1971)

  • WikiTree: Perutz-65 Find a Grave: 96738791 Editar o valor em Wikidata

    Traxectoria editar

    Naceu na cidade de Viena, naqueles momentos situada no Imperio Austrohúngaro, pero que hoxe en día é a capital de Austria. Estudou química na Universidade de Viena, onde se licenciou en 1935. Ao ano seguinte ingresou no Laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge en Inglaterra como estudante de investigación baixo a dirección de John Desmond Bernal. Durante a segunda guerra mundial (1939-1945) foi arrestado acusado de ser inimigo do goberno británico e pasou dous anos (1941-1943) en campos de prisioneiros. En 1943 foi liberado e en 1945 permitíuselle renovar o seu traballo en Inglaterra.

    En 1962 converteuse en presidente do Laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge, cargo que ocupou ata 1979.

    Investigacións científicas editar

    Nos Laboratorios Cavendish iniciou a súa investigación acerca da hemoglobina. No laboratorio de bioloxía molecular do Britain's Medical Research Council, e en colaboración con John Cowdery Kendrew, continuou estudando a estrutura das proteínas da hemoglobina, en particular a hemoglobina da sangue de cabalo, mediante a utilización da difracción de raios X.

    A principios da década de 1950 Perutz converteuse en mentor de James Watson, momento no cal Watson determinou, xunto a Francis Crick, a estrutura do ácido desoxirribonucleico (ADN).

    En 1953 descubriu que, incorporando un átomo pesado (ouro ou mercurio) a cada unha das moléculas da rede cristalina da hemoglobina, producíanse pequenas modificacións na súa correspondente posición, a interpretación do cal permitiulle dar a coñecer en 1960 o primeiro modelo tridimensional da molécula da hemoglobina. En 1959 conseguiu determinar a estrutura molecular da mioglobina, pola cal Perutz e Kendrew foron galardoados co Premio Nobel de Química de 1962.

    Véxase tamén editar

    Outros artigos editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Melvin Calvin
    Premio Nobel de Química
     

    1962
    con
    John Cowdery Kendrew
    Sucesor:
    Karl Ziegler
    e
    Giulio Natta